Guía de procedementos e servizos

MT201N

Comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Sobre o procedemento

Regular o proceso de solicitude de exclusión para o período 2020-2030, a asignación gratuíta de dereitos de emisión (2013-2020 e 2021-2030) así como para a notificación de cambios en relación coa asignación de dereitos de emisión:

Están comprendidas no ámbito de aplicación deste procedemento todas as instalacións que, operando no espazo territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, desenvolvan algunha das actividades incluídas no anexo I da  Lei 1/2005, do 9 de marzo, pola que se regula o réxime do comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro.

Este procedemento empregarase:

– Polas instalacións fixas con dereito a asignación gratuíta incluídas no ámbito de aplicación do réxime de comercio de dereitos de emisión, non excluídas pola disposición adicional cuarta da Lei 1/2005, para os procedementos de asignación gratuíta de dereitos de emisión e de notificación de cambios en relación coa asignación de dereitos de emisión.

– Polos/as titulares das instalacións que están dentro do ámbito de aplicación da Lei 1/2005, do 9 de marzo, que cumpran cos requisitos indicados na súa disposición adicional cuarta, para a solicitude de exclusión para o período 2021-2030.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático

Subdirección Xeral de Cambio Climático e de Ordenación do Litoral

San Lázaro

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999656/ 881999658

Email: cambio.climatico@xunta.es

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte (20) días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Presentación de solicitudes

Nos procedementos regulados nesta orde que se detallan a seguir, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

- De conformidade co disposto no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, a presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria e os traballadores autónomos e as traballadoras autónomas para os trámites e as actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, así como as persoas representantes dunha das anteriores.

- Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

- Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación

A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XIV; isto é:

• Na exclusión para o período 2021-2030:

◦ Formulario para solicitar a exclusión, conforme o formato dispoñible na páxina web do ministerio competente en materia de ambiente.

◦ Documento xustificativo de medidas de mitigación equivalentes para redución de emisións;

◦ Documentación xustificativa de que se implantará un sistema de seguimento e notificación da información sobre emisións.

• Na asignación gratuíta de dereitos de emisión:

◦ Período 2013-2020:

▪ Formulario para a recolla de datos, conforme o formato dispoñible na páxina web do ministerio competente en materia de ambiente.

▪ Informe metodolóxico, conforme o formato dispoñible na páxina web do ministerio competente en materia de ambiente.

▪ Informe de verificación da solicitude de asignación.

◦ Período 2021-2030:

▪ Formulario de solicitude de asignación de dereitos de emisión.

▪ Informe sobre os datos de referencia.

▪ Plan metodolóxico de seguimento.

▪ Informe de verificación.

▪ Acreditación da titularidade da instalación no caso de persoas xurídicas e sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.

Todos eles conforme o formato dispoñible na páxina web do ministerio competente en materia de ambiente.

• Na notificación de cambios en relación coa asignación gratuíta de dereitos de emisión:

◦ Cambios que non afectan a asignación:

▪ Formulario simplificado, conforme o formato dispoñible na páxina web do ministerio competente en materia de ambiente.

◦ Cambios que afectan a asignación:

▪ Formulario para a recolla de datos, conforme o formato dispoñible na páxina web do ministerio competente en materia de ambiente.

▪ Modelo de informe metodolóxico, conforme o formato dispoñible na páxina web do ministerio competente en materia de ambiente.

▪ Informe de verificación da notificación de cambios, cando corresponda, de acordo co Real decreto 1722/2012, do 28 de decembro, polo que se desenvolven aspectos relativos á asignación de dereitos de emisión no marco da Lei 1/2005, do 9 de marzo, pola que se regula o réxime do comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro.

- Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

- A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica da documentación complementaria será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Nos procedementos regulados nesta orde con presentación electrónica e presencial, a documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

- No caso de que algún dos documentos que vai presentar a persoa solicitante ou representante, de forma electrónica, supere os tamaños límite establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para isto, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación dos procedementos previstos na presente orde, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa física solicitante ou comunicante.

b) NIF da persoa xurídica solicitante ou comunicante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

d) NIF da entidade representante.

e) Autorización de emisión de gases de efecto invernadoiro.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 7 de xullo de 2020 pola que se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto do órgano competente en materia de Calidade Ambiental e Cambio Climático desta consellería e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia (DOG nº 198 do 30 de setembro de 2020).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 1/2005, do 9 do marzo, pola que se regula o réxime do comercio do dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro (BOE núm. 59 de 10 de marzo de 2005)

    • Real decreto 1722/2012, do 28 do decembro, polo que se desenvolven aspectos relativos á asignación de dereitos de emisión no marco da Lei 1/2005, do 9 de marzo, pola que se regula o réxime do comercio de dereitos de emisión de gases do efecto invernadoiro (BOE núm. 313, de 29 de diciembre de 2012)

    • Real decreto 18/2019, do 25 do xaneiro, polo que se desenvolven aspectos relativos á aplicación do réxime de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro no período 2021-2030 (BOE núm. 23, de 26 de xaneiro de 2019)

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano