Guía de procedementos e servizos

MT201H

Produción de subproduto. Comunidade autónoma de Galicia.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Sobre o procedemento

Para aqueles residuos de produción que cumpran os requisitos e condicionantes para os usos específicos que se establezan na Orde Ministerial, procede comunicar de forma particular a intención de empregar o correspondente residuo de produción como subproduto á Comunidade Autónoma onde se xere, así como á/s Comunidade/s Autónoma/s de destino.

O obxecto desta comunicación será, por tanto, comunicar a produción de subprodutos en instalacións situadas dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

Deberase realizar unha notificación independente por cada un dos centros produtores de subproduto.

Empresas produtoras de subprodutos.

Neste procedemento a persoa solicitante deberá declarar, ademais de que todos os datos contidos na comunicación e nos documentos que se achegan son certos, o seguinte:

a) Que cumpre cos requisitos establecidos na orde ministerial correspondente á declaración do residuo de produción como subproduto para o uso específico, que dispón da documentación que así o acredita e que se compromete a manter o seu cumprimento durante o tempo inherente ao dito recoñecemento (en canto que non se produzan cambios nos procesos de produción e de utilización do material, no propio subproduto e os destinos concretos en que se utiliza, etc.).

b) Que manifesta que coñece, acepta e se compromete a cumprir os requirimentos establecidos na orde ministerial correspondente. Así mesmo, declara que:

• A empresa produtora enviará unha copia da presente comunicación, de ser o caso, á/ás comunidade/s autónoma/s receptora/s do subproduto.

• A empresa produtora comprométese a levar un rexistro cronolóxico das cantidades producidas e xestionadas como subproduto, que estará ao dispor da autoridade competente durante cinco (5) anos.

• Cumpre as disposicións da orde ministerial correspondente e, en xeral, todas as normas que sexan de aplicación ás materias primas que substitúe.

• Coñece que o resultado da valoración da comunicación poderá ser suspendida temporal ou definitivamente pola Administración por razóns de seguridade, salubridade ou outros motivos xustificados, no caso de que esta considere que non se cumpren os requirimentos definitivos na orde ministerial para o uso seguro do subproduto ou descubra a existencia de cambios significativos no subproduto ou no proceso de produción que o xere.

• Comercializa o subproduto dispoñendo de cantas autorizacións poden ser necesarias doutras administracións, de cuxa obtención non queda eximido o declarante.

• Non comercializará o subproduto para usos distintos aos especificados na orde ministerial correspondente e na presente comunicación.

• Facilitará ás empresas receptoras do subproduto toda aquela información que permita garantir a protección ao ambiente e á saúde humana, relacionados con aspectos relativos ao transporte, manipulación e uso do subproduto.

• Informará as empresas receptoras do subproduto de que deberán levar un rexistro cronolóxico das cantidades de subprodutos utilizados, que estará ao dispor da autoridade competente durante tres (3) anos.

c) Que coñece que a inexactitude, falsidade ou omisión de datos esenciais nesta comunicación, ou o incumprimento dos requisitos exixibles segundo a lexislación vixente para a actividade a que se refire, determinará a imposibilidade de continuar xestionando o residuo de produción como un subproduto.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

Subdirección Xeral de Residuos e Economía Circular

Servizo de Residuos

Edificio Administrativo San Lázaro s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541056

Email: buzon.residuos@xunta.gal

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte (20) días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

  • Declaración de subproduto ( 32.52.22)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Presentación de solicitudes

Nos procedementos regulados nesta orde que se detallan a seguir, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

- De conformidade co disposto no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, a presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria e os traballadores autónomos e as traballadoras autónomas para os trámites e as actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, así como as persoas representantes dunha das anteriores.

- Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

- Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR

  • Formulario de comunicación (anexo VIII).

  • Descrición das condiciones de almacenamento dos residuos (Anexo VIII bis), no caso de que a empresa teña previstas máis de catro empresas receptoras do subproduto.

  • Información sobre o cumprimento de requisitos da Orde ministerial correspondente. (Anexo VIII ter).

  • Contratos, precontratos ou acordos de uso entre a empresa produtora e as empresa/s receptora/s do subproduto en que figure a cantidade anual que estima aceptar o receptor

  • Analítica relacionada co uso final do material no proceso receptor

  • Fotografías do subproduto

  • Outra documentación esixida na Orde ministerial:

  • Acreditación da representación legal da entidade, no caso de persoas xurídicas e sempre que esa información non fora presentada con anterioridade.

  • Xustificante do pago da taxa administrativa.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación dos procedementos previstos na presente orde, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa física solicitante ou comunicante.

b) NIF da persoa xurídica solicitante ou comunicante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

d) NIF da entidade representante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 7 de xullo de 2020 pola que se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto do órgano competente en materia de Calidade Ambiental e Cambio Climático desta consellería e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia (DOG nº 198 do 30 de setembro de 2020).

    • Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia (DOG nº 38 do 25 de febreiro de 2021).

    • Corrección de erros. Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia (DOG nº 52 do 17 de marzo de 2021).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular (BOE nº 85 de 9 de abril de 2022).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano