Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MR708B - Subvencións para proxectos adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas.
O obxecto destas bases reguladoras é establecer o réxime das axudas que xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) no marco da medida 6.4 do PDR de Galicia 2014-2020, destinadas a mellorar, ampliar e/ou modernizar as empresas existentes que desenvolven actividades non agrícolas en zonas rurais, mediante o apoio á adquisición de maquinaria e equipamentos novos, co fin de reforzar o tecido empresarial no territorio rural galego e mellorar a súa competitividade, inducir á xeración de novos empregos, consolidar os existentes e, en última instancia, dinamizar a economía dos territorios rurais.
As axudas consisten en subvencións directas de capital.
O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, nos termos previstos nos artigos 20 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, LSG).
1. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro destas bases reguladoras, sempre que cumpran os demais requisitos previstos nelas:
a) As microempresas e as pequenas empresas situadas en zonas rurais e constituídas con anterioridade ao 1 de setembro de 2018.
Segundo a definición que resulta do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, ten a consideración de pequena empresa aquela que ocupa a menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros.
De ser o caso, a cualificación de pequena empresa tomará en consideración os datos das empresas asociadas e vinculadas para o cálculo de efectivos e importes financeiros, nos termos previstos no artigo 3 do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.
Non poderán ser beneficiarias as agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia, así como as persoas xurídicas que non teñan ánimo de lucro, aínda que realicen actividade económica.
As empresas deberán ter a súa razón social ou ben un centro de traballo no territorio elixible, nos termos establecidos no artigo 3.2.b) destas bases reguladoras.
b) Persoas físicas que residan nunha zona rural.
As persoas solicitantes deberán estar suxeitas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos con anterioridade ao 1 de setembro de 2018.
Para estes efectos, considerarase zona rural o territorio elixible segundo o previsto no artigo 3.2.b) destas bases reguladoras.
c) Titulares dunha explotación agraria, ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.
No caso de persoas físicas, deberán estar suxeitas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos con anterioridade ao 1 de setembro de 2018. No caso de persoas xurídicas, deberán estar constituídas antes da citada data.
A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e ter a cualificación de explotación agraria prioritaria no momento da solicitude da axuda.
Para estes efectos, considerarase que forman parte da unidade familiar dunha explotación os familiares da persoa titular ata o terceiro grao de consanguinidade ou afinidade que estean empadroados no domicilio familiar vinculado á explotación.
2. Non se concederán axudas a empresas en crise, de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01). As empresas presentarán xunto coa solicitude da axuda, unha declaración de non atoparse en situación de crise conforme a normativa comunitaria.
Tampouco poderán ser beneficiarias das axudas as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.
Non poderán ser beneficiarias das axudas previstas nestas bases reguladoras as empresas que operan no sector da pesca e da acuicultura, nin as que están dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.
Non se concederán axudas a solicitantes nos cales concorran algunha das circunstancias que dean lugar á prohibición para obter a condición de persoa beneficiaria sinaladas no artigo 10.2 da LSG e, en particular, aos solicitantes condenados mediante sentenza firme ou sancionados mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións públicas.
3. Para o exercicio da súa actividade, as persoas solicitantes deberán dispor das autorizacións, permisos e/ou licenzas administrativas preceptivas, estar inscritas nos rexistros públicos que sexan pertinentes e cumprir con calquera outro requisito exixido polas disposicións aplicables.
Obrigas das persoas beneficiarias.
1. Son obrigas das persoas beneficiarias as establecidas no artigo 11 da LSG e, en particular, as establecidas nestas bases reguladoras e na resolución de concesión.
2. Obrigas en materia de emprego:
a) En canto ao compromiso de mantemento do emprego:
– A persoa beneficiaria está obrigada a manter a cifra media de emprego existente na empresa durante o período de execución do proxecto. O incumprimento do compromiso de emprego no momento da xustificación final dos investimentos comporta a perda do dereito ao cobramento da axuda.
– O compromiso de mantemento do emprego será o que resulte do informe de cadro medio de persoal en situación de alta na empresa correspondente aos doce meses anteriores á presentación da solicitude de axuda.
b) En canto ao compromiso de creación de emprego:
– Enténdese por creación de emprego a formalización de novos contratos de traballo con posterioridade á presentación da solicitude de axuda.
– Só se terá en conta a creación de emprego que se poida acreditar no momento da xustificación final do expediente, á vista da información que resulte dos informes do cadro medio de persoal en situación de alta na empresa presentados xunto coa solicitude de pagamento, así como das copias dos contratos de traballo que se xunten.
– Non se considerará como creación de emprego o cambio de modalidade contractual.
– Á finalización do prazo de execución do proxecto, a creación de emprego computarase a partir da cifra de emprego que se manteña.
c) A persoa beneficiaria está obrigada a manter o nivel de emprego certificado na data do pagamento final do expediente e reflectido na correspondente resolución de pagamento final (empregos mantidos máis os de nova creación, de ser o caso) durante o período de tres anos contado desde esa data.
3. A persoa beneficiaria deberá destinar os bens ao fin concreto para o que se concedeu a subvención non por período mínimo de cinco anos desde a resolución de pagamento final, salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para determinados proxectos, caso en que se aplicarán estes. No caso de bens inscritibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura esta circunstancia, así como o importe da subvención concedida, debendo ser obxecto estes aspectos de inscrición no rexistro público correspondente.
4. As persoas beneficiarias deben publicitar a concesión da axuda nos termos previstos no anexo III do Regulamento 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1305/2013, e co disposto na Estratexia de información e publicidade do PDR 2014-2020 de Galicia; en particular, do seguinte xeito:
– Deberá colocarse nun lugar visible ao público unha placa con información sobre o proxecto, en que se destacará a axuda financeira da Unión. As placas serán de material resistente, non sendo admisible a simple impresión en papel.
– No caso de maquinaria ou equipamento móbil que se poida utilizar fóra das instalacións da empresa, deberá colocarse sobre estes elementos, en un lugar visible, un adhesivo en vinilo.
– No caso de que a persoa beneficiaria teña sitio web de uso profesional, incluirá unha breve descrición da operación con referencia ao financiamento da Unión Europea.
Na páxina web de Agader estarán dispoñibles os modelos de placas e adhesivos.
Todos os elementos publicitarios deberán manterse durante un período mínimo de cinco anos contado desde a data de pagamento final do expediente.
5. A persoa beneficiaria deberá conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, polo menos, durante o período de permanencia dos investimentos e estará obrigada a facilitar a información que lle requira Agader e a someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións; en especial, aos controis sobre o terreo e controis a posteriori que poida realizar o órgano xestor de acordo cos artigos 49 e seguintes do Regulamento (UE) nº 809/2014.
Así mesmo, en aplicación do disposto no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1305/2013, as persoas beneficiarias deberán facilitarlle á Autoridade de Xestión do PDR de Galicia 2014-2020, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegase a realización das tarefas, toda a información necesaria para realizar o seguimento e a avaliación do programa.
6. As persoas beneficiarias estarán obrigadas a levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas ao proxecto subvencionado, segundo resulta do artigo 66 do Regulamento (UE) nº 1305/2013.
7. Cando unha persoa beneficiaria non poida executar o proxecto deberá renunciar á subvención. A renuncia efectuarase mediante o anexo VII.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
Subdirección de Planificación e Dinamización do Medio Rural
Lugar da Barcia, 56 - Laraño
15897 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547382/ 981542690
Email: http://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda
Con cita previa no teléfono 981 54 73 82
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
Resolución do 13 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 19 do 28 de xaneiro de 2019).
Extracto da Resolución do 13 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras de subvencións a proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 19 do 28 de xaneiro de 2019).
Resolución do 6 de xuño de 2019 pola que se publica o resultado do proceso de selección da convocatoria de subvencións a proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, correspondentes ao ano 2019 (DOG nº 117 do 21 de xuño de 2019).
Prazo de presentación: PECHADO
29/01/2019 00:00 - 28/02/2019 23:59
O prazo para presentar as solicitudes de axuda será dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015), entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación; se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Os anexos III, IV e V debidamente cumprimentados e xerados a través da aplicación informática.
b) Documentos acreditativos da personalidade e, de ser o caso, da representación do solicitante:
No caso de persoas xurídicas, certificado expedido polo Rexistro Mercantil ou outros rexistros públicos que correspondan en función da personalidade xurídica de que se trate, en que se identifique a constitución e a representación correspondente, con indicación do seu alcance e vixencia. De non achegarse o dito certificado, deberán presentar copia das correspondentes escrituras de constitución e do poder de representación, debidamente inscritas no rexistro público que corresponda segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate. Así mesmo, deberanse presentar as modificacións posteriores dos documentos indicados.
No caso de que as persoas físicas actúen a través de representante, deberán xuntar, debidamente cuberto, o anexo VI (autorización de representación), asinado pola persoa solicitante e pola designada como representante.
c) Documentación acreditativa dos compromisos de emprego:
1º. Certificación ou informe expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, acreditativo de todos os códigos conta de cotización da empresa, correspondentes aos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude da axuda.
2º. Informe de vida laboral da/s conta/s de cotización da empresa e/ou dos traballadores autónomos, correspondente aos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude da axuda.
3º. Informe do cadro de persoal medio de traballadores en situación de alta na empresa, correspondente aos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude da axuda, expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
d) Tres presupostos ou facturas pro forma, correspondentes a distintos provedores, para cada un dos gastos propostos, nos termos previstos no artigo 11 destas bases reguladoras.
e) No caso de persoas xurídicas, declaración do imposto sobre sociedades (modelo 200), correspondente ao exercicio 2017.
f) No caso dos membros dunha unidade familiar agraria, referidos no artigo 2.1.c) destas bases reguladoras, acreditación do grao de parentesco coa persoa titular.
g) Licenza de actividade do concello ou, de ser o caso, acreditación da presentación da comunicación previa establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, con toda a documentación requirida.
h) De ser o caso, documentación acreditativa do grao de discapacidade da persoa solicitante, no caso de que fose recoñecida por outra Administración distinta da propia da Comunidade Autónoma de Galicia (artigo 16.II.c) destas bases reguladoras).
i) De ser o caso, a declaración censual da alta –modelo 036 ou 037– (artigo 16.IV.b) destas bases reguladoras).
j) De ser o caso, documentación acreditativa da contratación de persoas con discapacidade (artigo 16.V.c) destas bases reguladoras).
k) De ser o caso, os informes do cadro de persoal medio de traballadores en situación de alta na empresa, correspondentes ao ano natural 2016 –do 1 de xaneiro de 2016 ao 31 de decembro de 2016– e 2018 –do 1 de xaneiro de 2018 ao 31 de decembro de 2018– (artigo 16.VI.b) destas bases reguladoras).
l) De ser o caso, documentación acreditativa da formación específica do promotor vinculada ao proxecto (artigo 16.VII destas bases reguladoras).
m) De ser o caso, as certificacións expedidas por unha entidade de certificación acreditada na ENAC, e/ou acreditación de que dispón da Marca Galega de Excelencia en Igualdade (artigo 16.IX destas bases reguladoras).
n) De ser o caso, documentación acreditativa da non suxeición ou exención do IVE, de modo que se constate que é efectivamente soportado pola persoa beneficiaria e que non é recuperable.
o) Calquera outra documentación adicional que a persoa interesada considere conveniente para a correcta avaliación e baremación do proxecto.
Sen prexuízo do disposto nos parágrafos anteriores, poderá requirírselle á persoa solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal, de conformidade co disposto no artigo 28 da Lei 39/2015.
3. As persoas solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente Agader poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
Cada arquivo individual non poderá superar os 5 MB. No caso de que un documento ocupe máis do dito tamaño, deberá xerarse con menor tamaño.
4. Non será necesario que as persoas solicitantes presenten a documentación que xa conste en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, poderán acollerse ao establecido nos artigos 28.3 da Lei 39/2015 e 20.3 da LSG, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e sempre que non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao que corresponda. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na sua falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade a que se formule a proposta de resolución.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa física solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI/NIE da persoa representante.
d) Certificado de empadroamento.
e) Certificado de renda (IRPF) correspondente ao exercicio fiscal 2017 da persoa física solicitante.
f) Certificado de estar ao día do cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
g) Certificado de estar ao día do cumprimento das obrigas fronte á Seguridade Social.
h) Certificado acreditativo de non ter pendente de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
i) Concesións de subvencións e axudas.
j) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
k) Concesións pola regra de minimis.
2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Certificado de discapacidade, no caso de que fose recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia (artigo 16.II.c) das bases reguladoras).
3. No caso de que a persoa interesada se opoña a estas consultas, deberá indicalo no cadro correspondente habilitado na solicitude de axuda e achegar os correspondentes documentos.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Presentación de solicitudes.
1. A presentación da solicitude de axuda realizarase unicamente por medios electrónicos.
Dentro do prazo establecido na convocatoria, as persoas interesadas deberán cubrir previamente o formulario descritivo das circunstancias da persoa solicitante e do proxecto para o que se solicita a subvención, a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web de Agader agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda
Para poder presentar a solicitude, é imprescindible que a persoa solicitante ou o seu representante legal dispoña de DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT).
2. Para poder presentar a solicitude, será necesario seguir os seguintes pasos:
a) Darse de alta na aplicación informática para a xestión das axudas. O nome de usuario será o NIF da persoa solicitante; o contrasinal será o determinado por esta.
b) Necesariamente deberán cubrirse todos os campos establecidos como obrigatorios; así mesmo, débese anexar a documentación referida no artigo 9 destas bases reguladoras, en función do tipo de solicitante e tipoloxía do proxecto de que se trate.
c) Unha vez cuberto o formulario, a persoa solicitante poderá presentar a súa solicitude de axuda.
No momento da presentación, a aplicación informática expedirá un recibo acreditativo do feito da presentación e xerará de forma automática os anexos II (solicitude de axuda), III (memoria-resumo do proxecto), IV (cadro do orzamento) e V (relación de ofertas). A publicación no DOG dos citados anexos ten carácter puramente informativo.
3. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
4. A aplicación informática disporá de instrucións de axuda para consulta dos solicitantes. No caso de dificultades técnicas ou no caso de requirir máis información, Agader pon á disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, a través dos números de teléfono 981547382/981542690, e o enderezo de correo electrónico infoagader@xunta.gal
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Catro meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Selección de Grupos de Desenvolvemento Rural e das estratexias de desenvolvemento local para a medida Leader de Galicia 2014-2020
Axudas LEADER. PDR de Galicia 2014-2020.
Selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradas na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, para a concesión de axudas orientadas á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo para o período de programación 2023-2027, cofinanciadas polo fondo Feader, e para a aprobación de estratexias de desenvolvemento local.
Adhesión ao convenio cos GDR PEPAC 2023-2027.