Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR701D
Axudas LEADER. PDR de Galicia 2014-2020.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais, Entidades locais
1. Esta resolución ten como obxecto convocar, mediante tramitación anticipada de gasto, en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), con cargo ás anualidades 2023 e 2024, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións que corresponden coa submedida 19.2 do PDR (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local).
2. Esta convocatoria está sometida ás bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedida 19.2), cofinanciadas con Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020, que aprobou o Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, mediante o Acordo do 13 de decembro de 2019, e se publicaron mediante a Resolución do director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural do 13 de decembro de 2019 (DOG núm. 246, do 27 de decembro). Mediante Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, do 10 de marzo de 2021, modificáronse as citadas bases reguladoras (DOG núm. 53, do 18 de marzo).
3. Os proxectos que se encadren na tipoloxía de formación, coa finalidade de incrementar a empregabilidade da poboación rural e que estean promovidos directamente polos GDRs no ámbito da submedida 19.2 do PDR, non participan na concorrencia competitiva por non estar sometidos a criterios de selección e puntuación.
4. O código do procedemento que corresponde a esta convocatoria é MR701D.
Proxectos subvencionables
1. Serán subvencionables os proxectos que teñan encadramento na estratexia de desenvolvemento local de cada GDR, de forma que respondan ás prioridades e aos obxectivos especificamente recollidos na estratexia, sempre e cando cumpran as condicións de subvencionabilidade que se especifiquen nas fichas de elixibilidade recollidas no capítulo VII das bases reguladoras.
Coas particularidades que se indican nas citadas fichas de elixibilidade das bases reguladoras, os proxectos poderán clasificarse en produtivos e non produtivos. Con carácter xeral terán a consideración de proxectos produtivos os que supoñan a realización dunha actividade económica con fin lucrativo tendentes á produción de bens e/ou servizos e que supoñan unha creación e/ou mantemento do nivel de emprego. Pola contra, terán a consideración de proxectos non produtivos os que teñan un interese público ou colectivo e non supoñan o inicio ou desenvolvemento dunha actividade económica con finalidade lucrativa.
2. Con carácter xeral, os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar localizados no ámbito territorial elixible de aplicación da estratexia de desenvolvemento local do GDR.
b) Ser viables técnica, económica e financeiramente, para os proxectos de natureza produtiva, e técnica e financeiramente para os non produtivos.
c) Axustarse á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.
d) Non estar iniciados na data da presentación da solicitude de axuda. Para estes efectos, considérase como inicio do investimento o comezo dos traballos de construción, ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido dos equipos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible e que vincule xuridicamente ao solicitante, se esta data é anterior. Sen embargo, a compra de terreos e os traballos preparatorios, como a obtención de permisos e a realización de estudos de viabilidade, non terán a consideración de inicio dos traballos.
e) Ser finalistas, é dicir, que á data da xustificación final dos investimentos ou gastos subvencionados cumpran os obxectivos e funcións para os que foron aprobados os proxectos. Non poderán subvencionarse fases dun proxecto que non constitúan unha actividade finalista.
Con carácter xeral, e tendo en conta as particularidades que se establecen nas fichas de elixibilidade incluídas no capítulo VII das bases reguladoras, poderán ser beneficiarias das axudas tramitadas ao abeiro deste réxime de axudas:
a) As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.
b) As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.
c) As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
Subdirección de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural
Lugar da Barcia, 56
15897 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547362
Desde a opción "Tramitar en liña" poderá:
- Acceder ao formulario para realizar a presentación electrónica de solicitudes de axudas LEADER. Se ten dúbidas sobre a presentación de solicitudes pode consultar esta Guía rápida de presentación de solicitudes de axuda.
Prazo de presentación: ABERTO
Segundo o artigo 4 da convocatoria:
Pto. 2 - Segundo o establecido no artigo 8 das bases reguladoras, o prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante todo o período de execución da medida Leader, coa data límite que determine cada GDR en función da dispoñibilidade de fondos.
Pto. 3 - Segundo o establecido no artigo 16 das bases reguladoras, concorrerán a esta convocatoria as solicitudes de axuda presentadas ata o 31 de xaneiro de 2023.
- As persoas beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e non ter débedas pendentes de ningunha natureza coa Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Non estar incursa en ningún dos supostos previstos nos parágrafos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG) e en particular, non ter sido condenado mediante sentenza firme coa perda da posibilidade de obter subvencións públicas.
c) Cumprir os requisitos de pequena empresa, nos termos regulados no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea:
1º. Empregar a menos de 50 persoas.
2º. Ter un volume de negocio anual ou un balanzo xeral anual que non supere os 10 millóns de euros.
Para a definición de empresa, así como para o cálculo dos efectivos e importes financeiros da mesma, tomarase en consideración o disposto no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.
De ser o caso, a cualificación de pequena empresa tomará en consideración os datos das empresas asociadas e vinculadas para o cálculo de efectivos e importes financeiros, nos termos previstos no artigo 3 do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.
Este requisito exceptúase para as entidades públicas locais, así como para os beneficiarios das axudas a proxectos non produtivos que sexan elixibles ao abeiro do disposto no capítulo VII das bases reguladoras (fichas de elixibilidade).
d) Cumprir os demais requisitos que, en función da tipoloxía de proxectos, se especifican nas fichas de elixibilidade do capítulo VII das bases reguladoras.
- Cando a persoa beneficiaria sexa unha persoa xurídica, os membros asociados da mesma que se comprometan a efectuar, en nome e por conta desta, a totalidade ou parte das actividades que fundamenten a concesión da subvención, terán igualmente a consideración de beneficiarios da subvención, polo que tamén deberán cumprir e acreditar os requisitos esixidos para cada tipo de persoa beneficiaria.
- Non poderán ser beneficiarias as agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia.
Non se concederán axudas a empresas en crise, de acordo coa definición e condicións establecidas nas Directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01). Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas presentarán coa solicitude de axuda unha declaración de non atoparse en situación de crise conforme a normativa comunitaria.
Tampouco poderán ser beneficiarias de axudas as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.
Non poderán ser beneficiarias das axudas previstas nas bases reguladoras as empresas que operen no sector da pesca, da acuicultura e/ou da transformación e comercialización de produtos pesqueiros.
- A valoración dos requisitos, así como dos feitos e aspectos puntuables a través dos criterios de selección das respectivas estratexias de desenvolvemento rural dos GDR, estarán referidos ao último día de prazo de presentación das solicitudes que vaian concorrer en cada período de selección.
Presentación de solicitudes
As solicitudes de axuda dirixiranse ao GDR correspondente ao territorio en que vaia executarse o proxecto de que se trate, segundo modelo normalizado (anexo II das bases reguladoras) que, en todo caso, estará ao dispor dos interesados na sede electrónica da Xunta de Galicia e nas respectivas sedes dos GDR. A relación dos GDR de Galicia consta na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365 )
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Acreditación, no caso de persoas xurídicas, da súa personalidade, a través dun certificado expedido polo Rexistro Mercantil ou outros rexistros públicos que correspondan en función da personalidade xurídica de que se trate, en que se identifique a constitución e a representación correspondente, con indicación do seu alcance e vixencia.
De non achegarse dito certificado, deberán presentar copia das correspondentes escrituras de constitución e do poder de representación, debidamente inscritas no rexistro público que corresponda segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate. Así mesmo, deberanse presentar as modificacións posteriores dos documentos indicados, así como a fotocopia do NIF, no caso de denegar expresamente a súa consulta.
b) Declaración censual tributaria (modelo 036 ou 037), ou compromiso de comunicar o inicio de actividade á AEAT cando o proxecto supoña o inicio dunha actividade empresarial.
c) Documentación acreditativa de que se cumpre co requisito de ser pequena empresa: últimas contas depositadas no rexistro correspondente e última memoria anual de actividades aprobada pola entidade, na que figure o número de persoas empregadas do último exercicio pechado, o volume de negocio e o balance anual.
d) Informe da plantilla media de traballadores en situación de alta na empresa, correspondente aos 12 meses anteriores á data de presentación da solicitude de axuda, expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
e) Informe de vida laboral da/s conta/s de cotización da empresa e/ou dos traballadores autónomos, correspondente aos 12 meses anteriores á data de presentación da solicitude de axuda.
f) Memoria e resumo do proxecto en documento normalizado (anexos das bases reguladoras: III. Plan de empresa, para proxectos produtivos e IV. Plan de xestión, para proxectos non produtivos), no cal se reflicta a situación de partida, os obxectivos que se perseguen coa súa posta en marcha e a metodoloxía de traballo, así como as explicacións necesarias para a correcta comprensión do proxecto. O solicitante debe ter en conta que esta información vai ser tomada en consideración para valorar o cumprimento dos requisitos dos proxectos e para aplicar os criterios de selección que o GDR teña aprobados. Para proxectos de natureza produtivos, a memoria resumo do proxecto deberá incluír unha previsión do plan de empresa que abranguerá polo menos 5 anos, coa xustificación da súa viabilidade económica financeira. Para proxectos de natureza non produtivos, a memoria resumo do proxecto deberá incluír unha previsión do plan de xestión da actividade e/ou do investimento que abranguerá polo menos 5 anos.
g) Orzamento de gastos, desagregados por partidas, necesarios para a execución do proxecto (anexo V das bases reguladoras).
h) Relación de ofertas solicitadas e elixidas, nos termos indicados no artigo 10 das bases reguladoras, segundo os documentos normalizados (anexo VI A das bases reguladoras e declaración segundo modelo normalizado do anexo VI B das bases reguladoras).
i) De ser o caso, documentación acreditativa da non suxeición ou exención do IVE, de modo que se constate que é efectivamente soportado polo beneficiario e non recuperable.
j) No suposto de investimentos en explotacións agrarias, código de explotación agraria, ou no seu defecto, rexistro oficial que corresponda á explotación agraria.
k) No suposto de proxectos de diversificación de explotacións agrarias cara actividades non agrarias (ficha de elixibilidade IV) deberá achegarse a acreditación do grao de parentesco. Neste suposto deberá achegarse tamén o certificado de empadroamento, só no caso de denegar expresamente á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a súa consulta.
l) Plano do Sixpac indicando as coordenadas da localización da operación. .
m) No caso de empresas xa existentes, licenza de actividade do concello ou de ser o caso acreditación da presentación da comunicación previa establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
n) No caso de que unha operación inclúa obra civil, anteproxecto ou memoria valorada, asinado por técnico competente na materia.
ñ) Calquera outra documentación ou información adicional que o interesado considere de interese para unha mellor análise e valoración do proxecto.
Os modelos normalizados necesarios para a presentación da documentación referida, incorpóranse ás bases reguladoras como anexos II a XIV e estarán tamén ao dispor dos interesados na sede do GDR.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no artigo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa física solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI/NIE da persoa representante.
d) Certificado de residencia con data da última variación padroal da persoa solicitante.
f) Certificado de estar ao día do cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
g) Certificado de estar ao día do cumprimento das obrigas fronte á Seguridade Social.
h) Certificado acreditativo de non ter pendente de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
- Orzamento de gastos desagragadas por partidas (Anexo V)
- Memoria - Resumo do proxecto - plan de xestión (Anexo IV)
- Declaración sobre as ofertas solicitadas e elexidas (Anexo VI-B)
- Memoria - Resumo do proxecto – plan de empresa (Anexo III)
- Relacion de ofertas solicitadas e elexidas (Anexo VI-A)
Prazo de resolución:
Nove meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Solicitude de modificación (Anexo X)
- Declaración doutras axudas (Anexo XIII)
- Desistencia (Anexo VIII)
- Modelo de xustificación de emprego (Anexo XIV)
- Renuncia (Anexo IX)
- Solictude de pagamento (Anexo XI)
- Solicitude de anticipo (Anexo VII)
- Relación de equipos subvencionados (Anexo XII)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 13 de decembro de 2019 pola que se publica o Acordo do 13 de decembro de 2019 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas con Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR) (DOG nº 246 do 27 de decembro de 2019).
-
Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo) da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2020 e 2021, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. (DOG nº 247 do 30 de decembro de 2019)
-
Extracto da Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo) da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2020 e 2021, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.(DOG nº 247 do 30 de decembro de 2019)
-
Resolución do 28 de xullo de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR de Galicia 2014-2020), para as anualidades 2020 e 2021, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (DOG núm. 157 do 6 de agosto de 2020).
-
Resolución do 10 de marzo de 2021 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección, do 10 de marzo de 2021, polo que se modifica o Acordo do 13 de decembro de 2019 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (DOG nº 53 do 18 de marzo de 2021).
-
Resolución do 26 de abril de 2021 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo) da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2021 e 2022, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (DOG nº 82 do 3 de maio de 2021).
-
Extracto da Resolución do 26 de abril de 2021 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo) da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2021 e 2022, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (DOG nº 82 do 3 de maio de 2021).
-
Resolución do 20 de outubro de 2021 pola que se amplía e se redistribúe a dotación orzamentaria da Resolución do 26 de abril de 2021 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2021 e 2022, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (DOG nº 209 do 29 de outubro de 2021).
-
Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2023 e 2024, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (DOG nº 247 do 29 de decembro de 2022).
-
Extracto da Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2023 e 2024, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (DOG nº 247 do 29 de decembro de 2022).
-
Resolución do 11 de maio de 2023 pola que se modifica a distribución de importes, por tipoloxías de proxectos, en relación coa Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se convocaron, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2023 e 2024, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (DOG nº 96 do 23 de maio de 2023).
-
Resolución do 26 de setembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se convoca, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo) da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2023 e 2024, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (DOG nº 189 do 4 de outubro de 2023).
-
Resolución do 14 de xuño de 2024 de ampliación de crédito e redistribución dos importes por grupos de desenvolvemento rural (GDR) e por tipoloxías de gasto, correspondente á convocatoria de proxectos Leader (submedida 19.20 do PDR de Galicia 2014-20) para a anualidade 2024 (DOG nº 123 do 26 de xuño de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector subministrador de medios de defensa fitosanitaria.
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de tratamentos fitosanitarios
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e peradores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de asesoramento fitosanitario.
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector usuarios profesionais.
Aberto todo o ano