Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR635A
Subvencións para constituír sociedades de fomento forestal (SOFOR).
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería do Medio Rural
Esta orde ten por obxecto:
a) Establecer unhas novas bases reguladoras das subvencións dirixidas a constituír sociedades de fomento forestal (Sofor) mediante convocatoria aberta en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento MR635A).
b) Proceder á convocatoria destas subvencións para o ano 2018.
As asociacións de propietarios forestais,
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Subdirección Xeral de Recursos Forestais
Servizo de Propiedade Forestal
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546129
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Montes de Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184575
Fax: 981184672
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Montes de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294531
Fax: 982294874
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Montes de Ourense
Avda. da Habana, 79-3º
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386695
Fax: 988386697
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Montes de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43-2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805411
Fax: 986805478
Prazo de presentación: PECHADO
24/07/2018 00:00 - 23/08/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes de subvencións será de 1 mes, que comezará o día seguinte ao da entrada en vigor desta orde.
a) Estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia.
b) Ter entre os seus fins sociais lograr unha xestión forestal sustentable dos terreos que pertenzan aos seus asociados.
c) Todos os seus socios son titulares de dereitos de aproveitamento forestal sobre terreos situados dentro da superficie de actuación sobre a que se pretende constituír a Sofor.
d) Ningún dos socios é titular, pleno ou parcial, de máis dun terzo da superficie de actuación.
e) O conxunto de parcelas que pertencen en pro indiviso a un determinado grupo de coopropietarios non suma máis dun terzo da superficie de actuación.
As beneficiarias non estarán incursas en ningunha das prohibicións sinaladas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, nin en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións.
Xunto á solicitude, as interesadas deberán achegar a seguinte documentación:
a) Acreditación da persoa física que a representa.
b) Copia dos estatutos da asociación onde conste que entre os seus fins sociais figura lograr unha xestión forestal sustentable dos terreos que pertenzan aos seus asociados. A Administración comprobará, de oficio, a súa inscrición no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia.
c) Listaxe completa de socios, asinado polo presidente ou secretario da asociación, indicando para cada un deles:
1º. NIF.
2º. Nome e apelidos ou razón social.
3º. A referencia catastral dunha parcela situada dentro da superficie de actuación sobre a que se pretende constituír a Sofor, da cal sexa titular de dereitos de aproveitamento forestal.
d) Información xeográfica que comprenda:
1º. Capa dixital en formato shape coa superficie de actuación sobre a que se pretende constituír a Sofor, diferenciando tres clases: as que proceden dunha concentración parcelaria, as que se atopan coordinadas entre o Rexistro da Propiedade e o Catastro e o resto.
2º. Planos (en formato pdf) a escala 1:5.000 ou superior que represente a superficie de actuación sobre a que se pretende constituír a Sofor sobre ortofoto actual e parcelario catastral, diferenciando as tres clases indicadas.
3º. Capa dixital en formato shape coas parcelas sinaladas no artigo 10.2. c).3º.
4º. Planos (en formato pdf), a igual escala que o anterior, representando a superficie de actuación sobre a que se pretende constituír a Sofor e as parcelas sinaladas no artigo 10.2. c).3º.
5º. Capa dixital en formato shape coas superficies que teñen a consideración de monte ou terreo forestal de acordo coa definición do artigo 2 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
6º. Planos (en formato pdf), a igual escala que os anteriores, representando a superficie de actuación sobre a que se pretende constituír a Sofor e as superficies que teñen a consideración de monte ou terreo forestal.
As capas dixitais axustaranse ás especificacións técnicas establecidas no anexo B1 (capas B1.2, B1.3 e B1.4, respectivamente).
e) Cando o custo de identificación dos predios e clasificación dos terreos máis os custos de impulso á Sofor estimados polo método establecido no artigo 16 sexa igual ou superior a 15.000 euros sen IVE deberá presentarse contrato, factura pro forma ou similar de 3 provedores distintos e non vinculados. O provedor elixirase conforme a criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta máis económica.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Os documentos de identificación das asociacións solicitantes e, se é o caso, da asociación beneficiaria (NIF).
b) O documento de identificación da persoa representante (DNI ou NIE).
c) As certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo A1) e/ou no formulario de solicitude de pagamentos (anexo A2) e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a enmiende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Non será necesario presentar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para comparalo coa copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a enmiende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Solicitude
- Solicitude (Anexo A.I)
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
- Xustificación
- Solicitude de pago (Anexo 2)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 45/2011, do 10 de marzo, polo que se regula o fomento das agrupacións de propietarios forestais, os requisitos e cualificación das sociedades de fomento forestal e a creación do seu rexistro (DOG nº 58 do 23 de marzo de 2011).
-
Corrección de erros. Decreto 45/2011, do 10 de marzo, polo que se regula o fomento das agrupacións de propietarios forestais, os requisitos e cualificación das sociedades de fomento forestal e a creación do seu rexistro (DOG nº 103 do 30 de maio de 2011).
-
Orde do 11 de xullo de 2018 pola que se establecen novas bases reguladoras das subvencións destinadas a constituír sociedades de fomento forestal (Sofor) e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 140 do 23 de xullo de 2018).
-
Extracto da Orde do 11 de xullo de 2018 pola que se establecen novas bases reguladoras das subvencións destinadas a constituír sociedades de fomento forestal (Sofor) e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 140 do 23 de xullo de 2018).
-
Orde do 25 de outubro de 2018 pola que se modifica a Orde do 11 de xullo de 2018 pola que se establecen novas bases reguladoras das subvencións destinadas a constituír sociedades de fomento forestal (Sofor) e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 207 do 30 de outubro de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento de agrupación forestal de xestión conxunta.
Aberto todo o ano
Rexistro oficial de empresas autorizadas para a recepción de produtos forestais provenientes das zonas demarcadas.
Aberto todo o ano
Rexistro de sociedades de fomento forestal.
Aberto todo o ano
Solicitude de rexistro de montes de varas, abertais, de voces, vocerío ou fabeo.
Aberto todo o ano