Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR608B
Recoñecemento de agrupación forestal de xestión conxunta.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería do Medio Rural
Habilitar a tramitación electrónica do recoñecemento das agrupacións de xestión conxunta co fin de asegurar a necesaria eficiencia na tramitación administrativa e o cumprimento do artigo 122 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
Aquelas persoas xurídicas que desexen ser recoñecidas como agrupacións forestais de xestión conxunta consonte o disposto na Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia. .
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Montes de Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184656
Email: servizo.montes.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Montes de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982889222
Email: montes.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Montes de Ourense
Villaamil y Castro, s/n
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386701
Email: montes.medio-rural.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Montes de Pontevedra
Avda. Mª Victoria Moreno, 43-2º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805476
Email: servizo.montes.pontevedra@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberta indefinidamente.
Consonte o artigo 122 da Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia, as persoas interesadas que pretendan o recoñecemento da agrupación forestal de xestión conxunta, ademais dos requisitos xerais establecidos no artigo 66 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, deberán:
1º Presentar a solicitude do formulario normalizado recollido no anexo I (MR608B) cos seguintes datos:
a) Datos da persoa solicitante.
b) De ser o caso, datos da persoa representante.
c) Datos específicos da Agrupación: Identificar a tipoloxía da agrupación proposta. En particular; tipoloxía consonte o disposto no artigo 122 da Lei 7/2012, de 28 de xuño de montes de Galicia, NIF e nome da agrupación, datos de enderezo e contacto da agrupación, CNAE principal, data notarial de constitución, de ser o caso, data de inscrición no rexistro mercantil, superficie total, superficie da que se dispón de dereitos, identificación da/s persoa/s administradoras, número de RESFOR da persoa que lle presta servizos profesionais de xestión forestal e número de persoas socias.
d) No caso de asociacións sen ánimo de lucro poderá solicitar no mesmo trámite a declaración de utilidade pública e interese social para a actuación de xestión conxunta na superficie da asociación. Igualmente, as asociacións sen ánimo de lucro que teñan solicitada a declaración de utilidade pública e interese social da asociación, poderán indicalo no formulario xunto coa data da solicitude para que, unha vez inscrita a asociación, a Consellería do Medio Rural o comunique á consellería competente para a declaración, aos efectos da aplicación do establecido no artigo 122 quater número 6 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
As asociacións sen ánimo de lucro que teñan recoñecida a utilidade pública, poderán achegar copia da orde da consellaría competente na materia coa declaración de utilidade pública da asociación para a súa inscrición no Rexistro Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta.
2º Os terreos incluídos dentro do ámbito da iniciativa non poderán formar parte doutra agrupación co mesmo obxecto.
Solicitude segundo o Anexo I.
Anexo III: comprobación de datos de terceiras persoas interesadas.
Acreditación da representación.
Listaxe para identificar a superficie da iniciativa de actuación de xestión ou comercialización conxunta, mediante o conxunto das referencias catastrais, desagregando aquelas das persoas socias daquelas que non son pero das que se dispón a delegación do seu uso co seu prazo de cesión, e para cada unha delas, coa relación da persoa ou persoas titulares (NIF e nome) xuntamente coa súa porcentaxe e dereito sobre a parcela catastral(PR:Propiedade, NP: Nuda propiedade, US: Usufructo, CA: Concesión administrativa, DS: Dereito de superficie ou DF: Disfrutador).
Listaxe onde, para cada persoa socia, de selo caso, se indique o tipo de participación (de superficie, de capital, mixta), clase de participación (forestal, xeral), número de participacións, e prazo de delegación ou cesión en anos.
Solicitude da declaración de utilidade pública e interese social para a actuación de xestión conxunta, de selo caso.
Xustificación do cumprimento dos requisitos establecidos na Lei 7/2012, de montes de Galicia e, en particular, se for o caso, a constitución da entidade correspondente que vai levar a cabo a actuación de xestión conxunta, achegando os seus estatutos.
Documentación que acredite a disposición dos dereitos de uso da superficie das terras de natureza forestal incluídas no ámbito da iniciativa de xestión ou comercialización conxunta. Deberase acreditar a disposición dos dereitos de uso dunha porcentaxe superior ao 70 % da superficie das terras incluídas no ámbito da iniciativa.
Cartografía poligonal coa superficie da actuación de xestión conxunta en formato shapefile e datum ETRS89-UTM29N, de ser o caso.
Outra documentación (especificar).
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.
DNI ou NIE da persoa solicitante.
DNI ou NIE da persoa representante.
Consentimiento para a comprobación de datos.
A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.
NIF da entidade solicitante.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación destes procedementos deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Iniciación
- Solicitude (Anexo I)
- Fase de solicitude
- Comprobación de datos de terceiras persoas interesadas (Anexo III)
Prazo de resolución:
Seis meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG nº 140 do 23 de xullo de 2012).
-
Orde do 26 de abril de 2022 pola que se desenvolve a tramitación electrónica das solicitudes para o recoñecemento como agrupación forestal de xestión conxunta (DOG nº 88 do 6 de maio de 2022).
-
Corrección de erros. Orde do 26 de abril de 2022 pola que se desenvolve a tramitación electrónica das solicitudes para o recoñecemento como agrupación forestal de xestión conxunta (código de procedemento MR608B) e como persoa silvicultora activa (código de procedemento MR608C) (DOG nº 97 do 20 de maio de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Permisos para a realización de queimas.
Aberto todo o ano
Comunicación final de aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada.
Aberto todo o ano
Declaración responsable para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Aberto todo o ano
Autorización para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que non conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Aberto todo o ano