Guía de procedementos e servizos

MR616A

Axudas para a reposición de explotacións agrícolas ou gandeiras afectadas polos incendios forestais

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 01/09/2025 00:00 - 30/10/2025 23:59

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Amplíase ata o 30 de outubro de 2025 o prazo de presentación de solicitudes.

Sobre o procedemento

Concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á reposición de infraestruturas e equipamentos privados danados e por danos a explotacións agrícolas e gandeiras afectadas polos incendios producidos en Galicia.

Poderanse acoller a estas axudas as persoas titulares de explotacións agrícolas e gandeiras, con exclusión das administracións ou entidades do sector público.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Rúa Vicente Ferrer, nº 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184554

Email: mediorural.co@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294465

Email: xefeterritorial.cmr.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6 Baixo

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386455

Email: mediorural.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Rúa Fernández Ladreda, nº 43-2º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805409

Email: xefaturaterritorial.mrpo@xunta.gal

Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

01/09/2025 00:00 - 30/10/2025 23:59

Segundo o Decreto 79/2025, do 29 de setembro, polo que se modifica o Decreto 76/2025, do 29 de agosto de 2025, ampliase o prazo de presentación de solicitudes ata o 30/10/2025.

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado desde o primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Requisitos para todas as persoas beneficiarias.

De conformidade co establecido no artigo 3.3 do Decreto 76/2025, do 29 de agosto, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025, e tendo en conta a natureza destas axudas, que se conceden por razón da existencia dunha emerxencia excepcional e por razóns de interese público, social e humanitario, exceptúanse as persoas beneficiarias das axudas do cumprimento dos requisitos establecidos nos artigos 10 e 28.9 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Solicitudes

As solicitudes presentaranse preferiblemente a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,  https://sede.xunta.gal

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria, as persoas traballadoras autónomas e as persoas representantes dunha das anteriores.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I-G) a seguinte documentación:

a) Acreditación da persoa representante legal da súa representación (se for o caso).

b) Orzamento do custo de reparación ou de adquisición (se for o caso). Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 40.000 euros para obras ou de 15.000 euros para subministración, presentaranse tres orzamentos de diferentes provedores.

c) Póliza de seguros (se for o caso).

d) Memoria xustificativa dos danos polos cales se solicita na cal deberá constar, en todo caso, a previsión de gastos e/ou investimentos para os cales se solicita a axuda de forma desagregada para os anos 2025 e 2026.

Ademais, constará na memoria xustificativa a seguinte documentación para as liñas que se especifican continuación:

i. Cando se trate de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade, deberán facerse constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios.

ii. Para as solicitudes da liña III-G, gando e colmeas destruídas ou afectadas: detalle dos animais ou das colmeas afectadas, coa súa identificación, idades e/ou categoría dos animais, así como código de identificación da explotación rexistrada. De ser o caso, documento de recollida do cadáver por parte da empresa autorizada, ou calquera outra documentación que acredite a morte dos animais. No caso da existencia de cadáveres de animais calcinados ou desaparecidos que non puidesen ser localizados e retirados, ou de perdas do enxame das colmeas, o persoal técnico da Consellería do Medio Rural realizará o estudo das declaracións de mortes ou afeccións efectuadas, co apoio da documentación presentada e as bases de datos oficiais, para coa súa valoración aprobar a súa veracidade.

iii. Para as solicitudes da liña IV-G.

Alimentación complementaria de gando ou colmeas: descrición detallada do número de animais ou colmeas afectados, coas súas categorías e/ou idades, así como da súa localización; xustificación da necesidade de proporcionar alimentación complementaria; cálculo desagregado do volume de alimento necesario, en función do número de animais ou colmeas, para un período de seis meses.

e) No caso de persoas solicitantes ás cales lles sexa de aplicación o artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro (subvencións de importe superior a 30.000 euros):

– As persoas físicas e xurídicas que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar unha conta de perdas e ganancias abreviada, certificación asinada pola persoa física ou, no caso das persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder suficiente de representación, en que aleguen que acadan o grao de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro. Poderase substituír pola documentación prevista na liña seguinte.

– Persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada:

i. Certificación expedida por un auditor de contas inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha desagregación da información de pagamento descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando consta que se acada o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinada nesta epígrafe, a partir da información exixida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.

ii. No caso de que non for posible expedir o certificado a que se refire a epígrafe anterior, «informe de procedementos acordados», elaborado por un auditor inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, quen, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento aos provedores da empresa nunha data de referencia, conclúa sen que se detecten excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou no caso de que se detecten, non impidan acadar o nivel de cumprimento exixido.

O requisito establecido nesta epígrafe entenderase cumprido cando o grao de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, sexa igual ou superior á porcentaxe prevista na disposición derradeira sexta, liña d), punto segundo, da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.

f) Documentación xustificativa da propiedade ou disposición por calquera réxime de tenza da parcela ou das edificacións danadas (se for o caso). No caso de que a persoa beneficiaria sexa a mesma que posúe a titularidade catastral, non será necesario xustificar a propiedade.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitárselle novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria presentarase por vía electrónica. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos,  considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos podeconsultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) NIF da entidade representante.

d) DNI/NIE da persoa representante (se fose o caso).

e) Datos catastrais.

f) Concesión de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e

achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Dous meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 76/2025, do 29 de agosto de 2025, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025 (DOG nº 166 do 30 de agosto de 2025).

    • Orde do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos nas explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras para a reparación dos danos causados polos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025, e se convocan para o ano 2025 (DOG nº 166 do 30 de agosto de 2025).

    • Extracto da Orde do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos nas explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras para a reparación dos danos causados polos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025, e se convocan para o ano 2025 (DOG nº 166 do 30 de agosto de 2025).

    • Decreto 79/2025, do 29 de setembro, polo que se modifica o Decreto 76/2025, do 29 de agosto de 2025, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025 (DOG nº 188 do 30 de setembro de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR200A

Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector subministrador de medios de defensa fitosanitaria.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR200B

Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de tratamentos fitosanitarios

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR200C

Rexistro Oficial de Produtores e peradores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de asesoramento fitosanitario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano