Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR515D
Declaración censual anual de explotacións gandeiras. Avícola
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Con fin de actualizar os censos das explotacións gandeiras, o artigo 4.3 do Real Decreto 479/2004, de 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras, esixe que se comuniquen os censos das explotacións á autoridade competente ao menos unha vez ao ano, antes do 1 de marzo de cada ano, facendo referencia ao censo do ano anterior.
Explotacións avícolas.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Gandaría
Servizo de Sanidade Animal
Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15771 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544782
Fax: 981545735
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Gandaría da Coruña
R/ VICENTE FERRER, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184565
Fax: 981184653
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Gandaría de Lugo
RONDA DA MURALLA,70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294534
Fax: 982294425
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Gandaría de Ourense
R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386525
Fax: 988386524
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Gandaría de Pontevedra
R/FERNÁNDEZ LADREDA, 43,2º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886206569
Fax: 886206590
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
A declaración censual anual deberá realizarse antes do 1 de marzo de cada ano.
Segundo o Real Decreto 637/2021, do 27 de xullo, polo que se establecen as normas básicas de ordenación das granxas avícolas (BOE núm. 179, do 28 de xullo de 2021), no seu artigo 19 sobre obrigas dos titulares das explotacións avícolas, establécese que estes deben facilitarlle á autoridade competente antes do 1 de marzo de cada ano, conforme o establecido no artigo 4 do Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, a información relativa ao censo dos seus animais.
Os criterios establecidos no Real Decreto 637/2021 para esta declaración censual anual son:
i) Para as explotacións de produción (excepto produción para posta) e as de recría de aves de cría (recrías de futuros reprodutores) e recría de aves de explotación (recrías de poñedoras ou de aves de cebo): o número de animais que se correspondan coa última entrada de aves efectuada entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano anterior ao da comunicación do devandito censo.
ii) Para as explotacións avícolas de selección, multiplicación e produción para posta (poñedoras adultas de ovos de consumo): o censo presente na explotación o 31 decembro do ano anterior ao da comunicación do devandito censo.
iii) Para as incubadoras: o número de ovos incubados ao ano.
A declaración censual anual non é obrigatoria para:
- Explotacións gandeiras especiais de tratantes ou operadores comerciais e centros de concentración de animais, definidas no anexo III do Real decreto 479/2004, do 26 de marzo .
- Explotacións de autoconsumo
- Matadoiros
As declaracións censuais realizadas polos titulares das explotacións avícolas poden ser de dous tipos:
1- Declaración censual anual obrigatoria a realizar antes de 1 de marzo de cada ano, que deberase realizar cos criterios de declaración indicados anteriormente.
2- Declaración censual por calquera outro motivo distinto á declaración censual anual obrigatoria: neste caso a persoa titular declarará o número de aves (ou ovos incubables no caso das incubadoras) presentes na explotación na data concreta da declaración.
Outra información de interese en relación á declaración censual:
• No caso de que nunha mesma explotación exista máis dunha especie de aves, débese cubrir este formulario MR515D por cada unha delas.
• No caso de que nunha mesma explotación se utilicen sistemas de cría diferentes, débese cubrir a columna NÚMERO DE AVES do formulario MR515D para cada un dos devanditos sistemas.
• No caso de ratites (avestruces): cubrirase un único dato na columna NÚMERO DE AVES aínda que na explotación se realice multiplicación de reprodutores e indicarase o censo de aves a 31 de decembro.
• Outros fins: cubrirase naqueles casos de cría de aves con finalidades distintas aos sectores da produción de carne ou de ovos e indicarase o censo de aves a 31 de decembro.
• No caso de explotacións dedicadas á produción de ovos de consumo de especies distintas ás galiñas débese cubrir a fila “Produción de ovos”.
Solicitude segundo o Anexo.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG núm. 77 do 24.04.2015).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro xeral de explotacións gandeiras (BOE núm. 89 do 13.04.2004).
-
Corrección de erros do Real Decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro xeral de explotacións gandeiras (BOE nº 108 do 4 de maio de 2004).
-
Real Decreto 637/2021, do 27 de xullo, polo que se establecen as normas básicas de ordenación das granxas avícolas. (BOE nº 179 de 28 de xullo de 2021)
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Aberto todo o ano