Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR502G
Axudas para a redacción de proxectos e a realización de obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais - Liña 2.2
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Economía e Industria
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Axudas á utilización de produtos de madeira en obra nova, rehabilitación ou reforma de vivenda unifamiliar que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.
1.Para a liña 2.2 : as persoas físicas, sexa de xeito individual ou unha pluralidade delas, que residan en Galicia.
No caso de solicitudes presentadas por unha agrupación de persoas físicas, todas as persoas solicitantes quedan obrigadas solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención e ao cumprimento do establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias:
• Aquelas solicitantes nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
• Aquelas solicitantes que entren dentro da categoría de empresa en crise, de acordo coa definición do artigo 2, punto 18 do Regulamento (UE) nº 651/2014. As empresas solicitantes deberán declarar na súa solicitude que non se atopan en situación de crise conforme a normativa comunitaria.
• As solicitantes que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando estas sexan suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004. Para verificar o cumprimento deste requisito, as solicitantes deberán achegar, xunto coa súa solicitude, a acreditación do nivel de cumprimento mediante os medios de proba establecidos no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
3. Os requisitos para ser beneficiarias deberán cumprirse na data de publicación da convocatoria.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Axencia Galega da Industria Forestal
Avda. Fernando de Casas Novoa, nº 38
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995473
Email: madeira-xera.cmr@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
30/07/2026 09:00 - 31/08/2026 20:00
O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes, salvo que se produza antes o esgotamento dos fondos dispoñibles para esta axuda. No caso de esgotamento dos fondos, o peche do prazo producirá efectos desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme o artigo 14.1.
2. O prazo comezará ás 9.00 horas do día que corresponda, unha vez transcorridos cinco (5) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de inicio do prazo é inhábil, o prazo comezará o seguinte día hábil, ás 9.00 horas.
3. O prazo rematará ás 20.00 horas do día en que se cumpra un mes desde o seu inicio. Se o día de finalización do prazo é inhábil, o prazo rematará o seguinte día hábil, ás 20.00 horas.
Liña 2.2 :
i. A edificación deberá estar destinada a uso residencial unifamiliar segundo as definicións recollidas no anexo XVI.
ii. A obra terá por obxecto unha nova edificación ou a intervención nunha preexistente mediante a súa rehabilitación ou reforma segundo as definicións recollidas no anexo XVI.
iii. A estrutura da edificación será realizada total ou parcialmente empregando produtos de madeira ou derivados da madeira.
iv. O sumatorio dos custos correspondentes á totalidade dos produtos ECEA (incluída a súa colocación) colocados en obra, subvencionados ou non, deberá ser maior ou igual ao 20 % do importe total da liquidación final da obra executada.
v. O importe subvencionable dos investimentos para os que se solicita a axuda será maior ou igual a 25.000 euros.
O cumprimento dos requisitos i, ii e iii verificarase en fase de xustificación final, mediante a comprobación do proxecto de execución e do certificado da persoa proxectista que a beneficiaria deberá presentar xunto coa solicitude de pagamento final da axuda e conforme o artigo 21.3.c) letras i e ii.
O cumprimento do requisito iv verificarase unha vez finalizada a totalidade da obra, mediante a comprobación da certificación da liquidación final e da certificación da liquidación parcial que a beneficiaria deberá presentar xunto coa comunicación de fin de obra e conforme o establecido no artigo 22.1.b) letras ii e iii.
O cumprimento do requisito v verificarase en fase de solicitude da axuda.
Solicitudes
A solicitude presentaranse, preferiblemente, por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A presentación dunha solicitude a esta convocatoria implica o coñecemento e a aceptación das bases reguladoras.
O prazo de presentación de solicitudes será establecido na convocatoria.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar, segundo a liña solicitada, a solicitude de axuda (anexo IV) coa seguinte documentación:
Liña 2.2:
i. Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos previstos, de conformidade co disposto no artigo 5 destas bases. Incluirán detalle da descrición da unidade de obra, medición, unidade de medida, prezo unitario e importe resultante, así como o importe total da oferta. Ademais, no caso de que os contratos, orzamentos ou facturas pro forma inclúan unidades de obra non subvencionables ou para os que non se solicita axuda, deberá achegarse un orzamento parcial das unidades de obra computables emitido pola persoa provedora.
ii. Proxecto básico ou proxecto de execución, no caso de dispor deste último.
iii. Solicitude de licenza de obra ou licenza, no caso de dispor desta última.
iv. Anexo V de pluralidade de solicitantes.
v. Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
4. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón deste.
6. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no punto anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
7. Sen prexuízo do disposto no punto 2, a Axencia Galega da Industria Forestal poderá requirir ao solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.
8. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados por outras administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
i. DNI/NIE da persoa solicitante.
ii. NIF da entidade solicitante.
iii. DNI/NIE da persoa representante.
iv. Consulta de datos de residencia con data da última variación do padrón.
v. Comprobación de subvencións e axudas públicas concedidas.
vi. Consulta de inhabilitacións de subvencións e axudas.
vii. Consulta de axudas do Estado.
viii. Consulta de concesións de axudas e subvencións de minimis ampliado.
ix. Certificado de estar ao día nas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
x. Certificado de estar ao día nas obrigas coa Facenda da Xunta de Galicia.
xi. Certificado de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
xii. Imposto de actividades económicas (IAE).
xiii. Rexistro provincial de CMVMC.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. No caso de que a persoa solicitante deba presentar estes certificados na fase de emenda, logo de que a consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta polo órgano xestor, o que se comunicará no requirimento de emenda da documentación.
Trámites administrativos posteriores
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 17 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2026, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a redacción de proxectos e realización de obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais (DOG nº 138 do 24 de xullo de 2026).
-
Extracto da Resolución do 17 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2026, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a redacción de proxectos e realización de obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais (DOG nº 138 do 24 de xullo de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición nas probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Prazo aberto: 15/06/2026 00:00 - 07/09/2026 23:59
Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).
Aberto todo o ano
Novacións de débedas co Igape
Prazo aberto: 26/01/2026 09:00 - 30/12/2026 14:00
Revisión actividades artesás do Rexistro xeral de artesanía de Galicia.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano