Guía de procedementos e servizos

MR502D

Axudas para á redacción de proxectos e a realización obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais-Liña 1.2

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2026 - Prazo aberto: 30/07/2026 09:00 - 31/08/2026 20:00

Consellería de Economía e Industria

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Axudas á redacción de proxectos de construción nova, rehabilitación ou reforma de vivenda unifamiliar que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.

Para a liña 1.2: as persoas físicas, sexa de xeito individual ou unha pluralidade delas, que residan en Galicia.

No caso de solicitudes presentadas por unha agrupación de persoas físicas, todas as persoas solicitantes quedan obrigadas solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención e ao cumprimento do establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarias:

• Aquelas solicitantes nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

• Aquelas solicitantes que entren dentro da categoría de empresa en crise, de acordo coa definición do artigo 2, punto 18 do Regulamento (UE) nº 651/2014. As empresas solicitantes deberán declarar na súa solicitude que non se atopan en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

• As solicitantes que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando estas sexan suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004. Para verificar o cumprimento deste requisito, as solicitantes deberán achegar, xunto coa súa solicitude, a acreditación do nivel de cumprimento mediante os medios de proba establecidos no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

3. Os requisitos para ser beneficiarias deberán cumprirse na data de publicación da convocatoria.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Axencia Galega da Industria Forestal

Avda. Fernando de Casas Novoa, nº 38

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881995473

Email: madeira-xera.cmr@xunta.gal

Axencia Galega da Industria Forestal
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: ABERTO

30/07/2026 09:00 - 31/08/2026 20:00

O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes, salvo que se produza antes o esgotamento dos fondos dispoñibles para esta axuda. No caso de esgotamento dos fondos, o peche do prazo producirá efectos desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme o artigo 14.1.



2. O prazo comezará ás 9.00 horas do día que corresponda, unha vez transcorridos cinco (5) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de inicio do prazo é inhábil, o prazo comezará o seguinte día hábil, ás 9.00 horas.



3. O prazo rematará ás 20.00 horas do día en que se cumpra un mes desde o seu inicio. Se o día de finalización do prazo é inhábil, o prazo rematará o seguinte día hábil, ás 20.00 horas.


 Liña 1.2 :

  •  A edificación proxectada deberá estar destinada a uso residencial unifamiliar segundo as definicións recollidas no anexo XVI.

  •  O proxecto de execución deberá recoller unha nova edificación ou a intervención nunha preexistente mediante a súa rehabilitación ou reforma, segundo as definicións recollidas no anexo XVI.

  •  O proxecto de execución deberá recoller a realización total ou parcial da estrutura empregando produtos de madeira ou derivados da madeira.

  •  O proxecto de execución deberá estar asinado por técnico competente e visado polo correspondente colexio profesional, en función da natureza deste.

  •  No proxecto de execución, deberá constar como promotora a beneficiaria da axuda.

  • O sumatorio dos custos correspondentes aos produtos ECEA (incluída a súa colocación) deberá ser maior ou igual ao 20 % do orzamento de execución material do proxecto de execución.

O cumprimento destes requisitos verificarase en fase de xustificación final, mediante a comprobación do proxecto de execución e do certificado da persoa proxectista que a beneficiaria deberá presentar xunto coa solicitude de pagamento final da axuda e conforme o artigo 21.3.b) letras i e ii.

Solicitudes

  1. Asolicitudes das liña 1.2  presentaranse, preferiblemente, por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

  2. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  3.  Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  4.  A presentación dunha solicitude a esta convocatoria implica o coñecemento e a aceptación das bases reguladoras

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar, segundo a liña solicitada, a solicitude de axuda (anexo II) coa seguinte documentación:

Liña 1.2:

  • Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos, de conformidade co disposto no artigo 5 destas bases.

  •  Anexo V de pluralidade de solicitantes.

  •  Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados por outras administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

i. DNI/NIE da persoa solicitante.

ii. NIF da entidade solicitante.

iii. DNI/NIE da persoa representante.

iv. Consulta de datos de residencia con data da última variación do padrón.

v. Comprobación de subvencións e axudas públicas concedidas.

vi. Consulta de inhabilitacións de subvencións e axudas.

vii. Consulta de axudas do Estado.

viii. Consulta de concesións de axudas e subvencións de minimis ampliado.

ix. Certificado de estar ao día nas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

x. Certificado de estar ao día nas obrigas coa Facenda da Xunta de Galicia.

xi. Certificado de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

xii. Imposto de actividades económicas (IAE).

xiii. Rexistro provincial de CMVMC.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. No caso de que a persoa solicitante deba presentar estes certificados na fase de emenda, logo de que a consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta polo órgano xestor, o que se comunicará no requirimento de emenda da documentación.

 Trámites administrativos posteriores 

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 17 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2026, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a redacción de proxectos e realización de obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais (DOG nº 138 do 24 de xullo de 2026).

    • Extracto da Resolución do 17 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2026, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a redacción de proxectos e realización de obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais (DOG nº 138 do 24 de xullo de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED527A

Inscrición nas probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 15/06/2026 00:00 - 07/09/2026 23:59

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Aberto todo o ano

IG534D

Novacións de débedas co Igape

Prazo aberto: 26/01/2026 09:00 - 30/12/2026 14:00

IN201D

Revisión actividades artesás do Rexistro xeral de artesanía de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano