Guía de procedementos e servizos

MR501B

Inscrición no rexistro galego de explotacións porcinas extensivas.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

a) A creación do Rexistro Galego de Explotacións Porcinas Extensivas.

b) O desenvolvemento do Real decreto 1221/2009, do 17 de xullo, nos aspectos abertos á súa regulación por parte das comunidades autónomas.

Explotacións de gando porcino en sistema de produción extensivo radicadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

EDIF, ADMINISTRATIVO SAN CAETANO

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545732

Fax: 981545735

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Para poderen exercer a súa actividade as explotacións de nova creación deberán inscribirse no Rexistro Galego de Explotacións Porcinas Extensivas, adscrito á dirección xeral que corresponda da consellería competente en materia de sanidade e produción animal.

En relación coa densidade gandeira, a carga gandeira das explotacións porcinas extensivas non superará os límites establecidos no rexistro de explotacións e non excederá a densidade de 15 porcos de ceba/hectárea (2,4 UGM/ha), ou o seu equivalente de acordo coa seguinte táboa:

a) Porca con leitóns de ata 23 kg: 0,30 UGM.

b) Porca de reposición: 0,14 UGM.

c) Porco de 20 a 50 kg: 0,10 UGM.

d) Porco de máis de 50 kg: 0,16 UGM.

e) Verrón: 0,30 UGM.

f) Porca en ciclo pechado: 1 UGM.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Memoria da actividade e infraestructuras da explotación.

  • Plano de situación e das construcións da explotación.

  • Certificado de cumprimento de distancias asinado por un técnico/a componente.

  • Descrición e referencia catastral das parcelas que compoñen a explotación.

  • Programa sanitario, de manexo e benestar dos animais da explotación, certificado por un veterinario/a.

  • Programa de selección ou multiplicación (para granxas de selección ou multiplicación respectivamente).

  • Documentación acreditativa do pago das taxas que correspondan.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos:

  • NIF da entidade solicitante.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • NIF da entidade representante.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 348/2000, do 10 de marzo, polo que se incorpora ao ordenamento xurídico a Directiva 98/58/CE, relativa á protección dos animais nas explotacións gandeiras (BOE nº 61 do 11 de marzo de 2000).

    • Real Decreto 1135/2002, do 31 de outubro, relativo ás normas mínimas para a protección de porcos (BOE nº 278, do 20 de novembro de 2002).

    • Lei 8/2003, de 24 de abril, de sanidade animal (BOE nº 99 do 25 de abril de 2003).

    • Real Decreto 479/2004, de 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (BOE nº 89 do 13 de abril de 2004).

    • Corrección de erros do Real Decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro xeral de explotacións gandeiras (BOE nº 108 do 4 de maio de 2004).

    • Lei 32/2007, do 7 de novembro, para o coidado dos animais, na súa explotación, transporte, experimentación e sacrificio (BOE nº 268 do 8 de novembro de 2007).

    • Real Decreto 1221/2009, do 17 de xullo, polo que se establecen normas básicas de ordenación das explotacións de gando porcino extensivo e polo que se modifica o Real Decreto 1547/2004, do 25 de xuño, polo que se establecen as normas de ordenación das explotacións cunícolas (BOE nº 187 do 4 de agosto de 2009).

    • Lei 39/2015, da 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 223/2011, do 17 de novembro, polo que se desenvolven as normas básicas de ordenación das explotacións porcinas extensivas e se crea o Rexistro Galego de Explotacións Porcinas Extensivas na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 234 do 9 de decembro de 2011).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano