Guía de procedementos e servizos

MR443A

Axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios. Convocatoria 2026.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2026 - Aberto todo o ano

Consellería do Medio Rural

Sobre o procedemento

Establecer as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios incluídos no Plan de seguros agrarios combinados para o exercicio 2026 e convocalas para o mesmo ano, ao abeiro do previsto no Decreto 332/1995, do 27 de decembro, polo que se establecen na Comunidade Autónoma galega axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios.

Entidades aseguradoras autorizadas.

1. A subscrición do seguro realizarase exclusivamente a través das entidades aseguradoras autorizadas polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e incluídas na Agrupación Española de Entidades Aseguradoras dos Seguros Agrarios Combinados, S.A. (Agroseguro), ou a través dos axentes de seguros autorizados, de conformidade co previsto na Lei 87/1978, do 28 de decembro, de seguros agrarios combinados, e demais normativa de desenvolvemento.

2. A contratación con estas entidades poderase realizar de forma individual ou ben de forma colectiva por medio de tomadores de seguros. Non obstante, soamente aqueles tomadores que se inscriban no Rexistro de Tomadores da Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa) poderán percibir as subvencións públicas adicionais que por contratación colectiva se establezan.

Liñas de seguros subvencionables e contía das axudas.

1. Para o ano 2026 a subvención da Consellería do Medio Rural para todas as liñas de contratación establecidas nos anexos I, II e III que se xuntan a esta orde, incluídas as modalidades de renovables, será unha porcentaxe sobre a prima comercial base neta, segundo se indica nos ditos anexos.

Para as pólizas contratadas por entidades asociativas de agricultores e gandeiros, coas características admitidas pola Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións, establécese unha subvención adicional do 4% nas liñas agrícolas e gandeiras (Anexo I).

2. A concorrencia das axudas das administracións públicas non superará as porcentaxes máximas establecidas nas directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario para atender posibles perdas causadas por desastres naturais, acontecementos de carácter excepcional, fenómenos meteorolóxicos adversos asimilables a desastres naturais, enfermidades animais, pragas vexetais e retirada e destrución de gando morto. Para asegurar o cumprimento desta normativa, as subvencións terán os seguintes límites:

a) A subvención conxunta entre Enesa e a Consellería do Medio Rural non poderá exceder os límites xenéricos seguintes:

1º Para as liñas de seguros agrícolas e gandeiras (Anexo I) establécese un límite do 75 % do coste da prima comercial base neta.

2º Para as liñas de seguros de explotacións acuícolas (Anexo II) establécese un límite do 65 % do coste da prima do seguro.

3º Cando ó aplicar as subvencións correspondentes, de ENESA e da Consellería do Medio Rural, a cantidade total resultante nunha póliza alcanzase unha porcentaxe superior ó referido límite do 75% sobre a prima comercial base neta, será reducido, no primeiro lugar, o importe de subvencións concedidas pola Consellería do Medio Rural e a continuación, de ser necesario, o da Administración Xeral do Estado.

b) No caso dos seguros de retirada e destrución de animais mortos nas explotacións, a subvención conxunta entre Enesa e a Consellería do Medio Rural non poderá exceder do límite xenérico do 100 % do coste da prima do seguro, no que respecta á retirada de gando morto, e do 75% do coste da prima do seguro, no tocante á destrución do devandito gando.

3. Para o cálculo do importe definitivo de subvención, ás cantidades que resulten de aplicar as porcentaxes do número 1 e os límites impostos no número 2 deste artigo restaráselles a cantidade de 15 euros. Non se concederá ningunha subvención a aquelas solicitudes en que este cálculo resulte igual ou inferior a esta cantidade.

1. Ao abeiro do establecido na disposición adicional segunda da Lei 87/1978, do 28 de decembro, de seguros agrarios combinados, a Consellería do Medio Rural concederá estas axudas en forma directa ás persoas agricultoras, tal como establece o artigo 22.2.b) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como o artigo 19.4.b) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e poderán ser beneficiarias delas os asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do Plan 2026 e liñas gandeiras dos plans 2025 e 2026, formalizadas no 2026, incluíndo as regularizacións destas liñas de plans anteriores, sempre que cumpran o establecido no Decreto 332/1995 e nesta orde, segundo se desprende do artigo 20.1 do Real decreto 425/2016, así como do punto décimo do Plan de seguros agrarios combinados, por proposta do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), e da disposición adicional primeira desta orde. Tamén poderán ser persoas beneficiarias das axudas outorgadas nesta orde as persoas titulares de explotacións de acuicultura continental.

2. As subvencións a que fai referencia esta orde non serán de aplicación nas pólizas de seguros contratadas por grandes empresas e empresas dedicadas á transformación e comercialización de produtos agrícolas, de conformidade co establecido nas vixentes directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal.

Para os efectos de identificar as grandes empresas, terase en conta a definición de pequena e mediana empresa contida no anexo I do Regulamento (UE) nº 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

3. As subvencións establecidas nesta orde non serán de aplicación nas pólizas de seguros contratadas por asegurados que, de acordo co artigo 2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, teñan a consideración de administracións públicas.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense

R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6 BAIXO

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386687

Fax: 988386482

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias

Servizo de Sanidade e Produción Vexetal

Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881977443

Fax: 881997442

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Explotacións Agrarias de Lugo

RONDA DA MURALLA,70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982889249

Fax: 982294808

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra

R/FERNÁNDEZ LADREDA 43-2º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886206543

Fax: 886206588

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Explotacións Agrarias da Coruña

R/ VICENTE FERRER, 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184684

Fax: 981184474

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Nos anexos da orde establécense as datas de inicio de subscrición de pólizas de seguro correspondentes ás diferentes liñas de seguro que compoñen o Plan de seguros agrarios.

1. A subscrición do seguro realizarase exclusivamente a través das entidades aseguradoras autorizadas polo Ministerio de Economía, Comercio e Empresa e incluídas na Agrupación Española de Entidades Aseguradoras dos Seguros Agrarios Combinados, S.A. (Agroseguro), ou a través dos axentes de seguros autorizados, de conformidade co previsto na Lei 87/1978, do 28 de decembro, de seguros agrarios combinados, e demais normativa de desenvolvemento.

2. A contratación con estas entidades poderase realizar de forma individual ou ben de forma colectiva por medio de tomadores de seguros. Non obstante, soamente aqueles tomadores que se inscriban no Rexistro de Tomadores da Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa) poderán percibir as subvencións públicas adicionais que por contratación colectiva se establezan.

Formas de presentación

1. A formalización da correspondente póliza ou contrato de seguro pola persoa asegurada considerarase solicitude de axuda, sempre que se realice dentro dos períodos de subscrición establecidos pola normativa do plan anual vixente establecido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a persoa asegurada achegue previamente toda a información esencial para que a dita formalización sexa efectiva, así como a documentación xustificativa requirida no momento da contratación e, ademais, que se cumpran os distintos puntos referentes á subvención que se conteñan na declaración do seguro. En todo caso, na declaración do seguro especificarase, na parte de subvencións para comunidades autónomas, a expresión literal de «subvención da Comunidade Autónoma de Galicia».

O asegurado poderá renunciar á subvención prevista para o contrato de seguro. Para iso, deberá consignalo na póliza no momento da contratación.

2. A contratación da póliza de seguro constitúe unha declaración do asegurado de que reúne os requisitos exixidos nas normas reguladoras sobre subvencións e axudas públicas, de acordo cos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de que non foi obxecto de resolución administrativa ou xudicial firme de reintegro ou que, de ser o caso, se realizou o correspondente ingreso, e que dispón dos documentos que xustifican o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde para a concesión das subvencións.

En aplicación da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a contratación da póliza de seguro polo solicitante implica a autorización deste para que o órgano concedente obteña a acreditación do cumprimento dos ditos requisitos a través de certificados telemáticos, salvo denegación expresa daquel. Para iso, segundo se recolle nos artigos 16 e 17.4 e no anexo III do Real decreto 425/2016, do 11 de novembro, e no artigo 7.3 desta orde, a Consellería do Medio Rural subscribe un convenio de colaboración con Enesa, para o intercambio da información da Base de datos de control integral de acceso a subvencións (CIAS). Este convenio, tal como queda recollido na súa cláusula quinta, ten unha duración de catro anos, e poderá ser prorrogado, logo de acordo unánime de ambas as partes, por un período de catro anos máis.

3. No caso daquelas pólizas de seguro correspondentes á modalidade «renovable», terá a consideración de solicitude de subvención a póliza de seguro inicialmente subscrita mediante a formalización da declaración do seguro, conxuntamente co recibo de pagamento da correspondente anualidade. Neste senso, presumirase que o pagamento do recibo da póliza constitúe a manifestación da aceptación das condicións do seguro e de reunir os requisitos para a percepción das subvencións correspondentes.

Comprobación datos

Os asegurados, polo feito de contrataren a póliza do seguro agrario, autorizan a Consellería do Medio Rural, para que, en caso necesario, e co obxecto de verificar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde, poida solicitar a cesión de información a outras administracións, por medios informáticos ou telemáticos, sobre a circunstancia de estaren ou non ao día nas súas obrigas tributarias, así como calquera outra información que permita certificar o cumprimento dos requisitos exixidos para a obtención das subvencións reguladas nesta orde.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia.

    • Decreto 332/1995, de 27 de diciembre, por el que se establecen en la Comunidad Autónoma gallega ayudas para el fomento de la contratación de seguros agrarios (DOG nº 2 del 3 de enero de 1996).

    • Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2026 (DOG nº 09 do 15 de xaneiro de 2026).

    • Extracto da Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2026 (DOG nº 09 do 15 de xaneiro de 2026).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 2329/1979, de 14 de septiembre, por el que se aprueba el Reglamento para aplicación de la Ley 87/1978, de 28 de diciembre, sobre Seguros Agrarios Combinados.

    • Ley 87/1978, de 28 de diciembre, de Seguros Agrarios Combinados.

    • Real Decreto 425/2016, de 11 de noviembre, por el que se establecen las bases reguladoras para la concesión de subvenciones de la Administración General del Estado al Seguro Agrario.

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano