Guía de procedementos e servizos

MR437B

Baixa no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Que é e para que serve

Este procedemento regula a baixa de máquinas agrícolas no rexistro de maquinaria agrícola da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Quen pode solicitalo

Agricultor (individual ou pertencente a unha asociación), representante dunha empresa de servizos agrarios ou dun organismo oficial ou titular dunha máquina destinada á agricultura pertencente a algún dos seguintes grupos:

- Tractores agrícolas de rodas de calquera tipo, potencia e peso, e os remolques agrícolas con peso máximo autorizado, que exceda de 750 Kg.

- Tractores con cadeas, motocultores, portadores, tractocarros e máquinas agrícolas automotrices de calquera tipo, potencia e peso.

- Máquinas agrícolas arrastradas cun peso máximo autorizado que exceda de 750 Kg.

- Máquinas agrícolas non incluídas nos apartados anteriores, para a adquisición das cales teña solicitado un crédito ou unha subvención oficial.

Requisitos

A baixa dunha máquina no ROMA deberá realizarse de forma obrigatoria, a instancias do seu titular, cando se dea algunha das seguintes situacións:

a) Pase a outros sectores (obras ou servizos) procedente do agrario.

b) Despezamento, achatarramiento ou inutilidade da máquina.

c) Cambio de titularidade (transferencia, herdanza, etc.) sen modificación do seu uso ou destino.

d) Pase a vehículo histórico.

e) Baixa temporal, incluída a entrega a empresa comercializadora de maquinaria.

f) Outros motivos.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Como se tramita

Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:

  • Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.

Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:

  • Persoas xurídicas.
  • Entidades sen personalidade xurídica.
  • Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
  • Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
  • Traballadores e traballadoras autónomos.
  • Estudantes universitarios.
  • Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.

Tramitar en liña

A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña:

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.

Tramitar presencialmente

Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.

Podes presentar a solicitude en:

  • As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
  • As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
  • As oficinas de Correos.
  • As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
  • Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.

As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

  • Solicitude segundo o Anexo I.

1. Para todos os motivos de baixa:

  • Declaración responsable de representación de persoas xurídicas, de ser o caso.

  • Cartilla agrícola orixinal.

  • Copia da ficha técnica para as máquinas que están obrigadas a tela.

  • Copia do permiso de circulación, de ser o caso.

  • Copia do certificado de características técnicas para as máquinas que non ten ficha técnica.

  • Se a baixa é para desguace, achegar o certificado de desguace.

  • Anexo II para a comprobación de datos da persoa adquirente. Non é necesario no caso de baixa por envío a outro pais.

2. No caso de falecemento da persoa titular da máquina: 

  • 2.1 Se a persoa falecida deixa persoa herdeira da/s máquina/s agrícola/s no testamento ou consta no cupo de repartición da herdanza:

    • Copia das últimas vontades e testamento ou cupo de repartición.

  • 2.2 Se a persoa falecida non identifica a/as persoa/s herdeira/as da/s máquina/s agrícola/s no testamento e tampouco consta no cupo de repartición da herdanza:

    • Copia das últimas vontades e testamento ou declaración de herdeiros.

    • Declaración responsable da persoa solicitante na que identifique as persoas herdeiras actuais da máquina (con constancia do seu número do NIF) e se faga constar que todas elas deron o seu consentimento ao trámite solicitado.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • NIF da entidade solicitante.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • NIF da entidade representante.

Que vai pasar despois de que o presente

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias

Servizo de Sanidade e Produción Vexetal

Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881997441/ 881997443

Fax: 881997442

Email: sspv.cmrm@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Explotacións Agrarias da Coruña

Rúa Vicente Ferrer, nº 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184628/ 981184549

Fax: 981184651

Email: roma.medio-rural.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Explotacións Agrarias de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982889579 / 982294457

Fax: 982294808

Email: rma.medio-rural.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense

Rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6 baixo

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386575/ 988687298/ 988386461

Fax: 988386482

Email: roma.cmrm.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra

Rúa Fernández Ladreda nº 43-2º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886206585/ 886206542

Fax: 886206588

Email: roma.pontevedra@xunta.gal

Órgano responsable

Servizo de Sanidade e Produción Vexetal
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG núm. 77 do 24.04.2015). Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal
    • Real decreto 448/2020, do 10 de marzo, sobre caracterización e rexistro da maquinaria agrícola (BOE nº 117 do 27de abril de 2020) Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano