Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR437A
Inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Este procedemento regula a xestión das inscricións, revisións de máquinas agrícolas no rexistro de maquinaria agrícola da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.
Agricultor (individual ou pertencente a unha asociación), representante dunha empresa de servizos agrarios ou dun organismo oficial ou titular dunha máquina destinada á agricultura pertencente a algún dos seguintes grupos:
- Tractores agrícolas de rodas de calquera tipo, potencia e peso, e os remolques agrícolas con peso máximo autorizado, que exceda de 750 Kg.
- Tractores con cadeas, motocultores, portadores, tractocarros e máquinas agrícolas automotrices de calquera tipo, potencia e peso.
- Máquinas agrícolas arrastradas cun peso máximo autorizado que exceda de 750 Kg.
- Máquinas agrícolas non incluídas nos apartados anteriores, para a adquisición das cales teña solicitado un crédito ou unha subvención oficial.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias
Servizo de Sanidade e Produción Vexetal
Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997441/ 881997443
Fax: 881997442
Email: sspv.cmrm@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Explotacións Agrarias da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, nº 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184628/ 981184549
Fax: 981184651
Email: roma.medio-rural.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Explotacións Agrarias de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982889579 / 982294457
Fax: 982294808
Email: rma.medio-rural.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense
Rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6 baixo
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988687298 / 988386461
Fax: 988386482
Email: roma.cmrm.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra
Rúa Fernández Ladrera, nº 43-2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886206585/ 886206542
Fax: 886206588
Email: roma.pontevedra@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Deben solicitar da Xunta de Galicia a inscrición desta no Rexistro de Maquinaria Agrícola nos seguintes casos:
- Compra de máquina nova.
- Compra de máquina usada de importación.
- Cambio de uso.
- Cambio de titular.
Solicitude segundo o Anexo I.
1. Para todos os motivos de inscrición:
Declaración responsable de representación de persoas xurídicas, de ser o caso.
2. Inscrición de máquinas novas/usadas de importación:
Ficha técnica para as máquinas que están obrigadas a tela
Copia do certificado de características técnicas para as máquinas que non ten ficha técnica.
Copia de declaración de conformidade CE de acordo co Real decreto 1435/1992, do 27 de decembro, agás tractores de rodas.
Copia de factura de compra da máquina nova.
Copia de contrato de leasing ou renting, de ser o caso.
Copia de factura de compra ou contrato de compravenda da maquina agrícola usada de importación.
Xustificante da taxa correspondente da alta da máquina no ROMA.
3. Inscrición de máquinas por transferencia/procedentes de obras e servizos:
Certificado de baixa da maquina no ROMA (no caso de que non se faga a baixa e a alta ao mesmo tempo).
Copia da ficha técnica para as máquinas que están obrigadas a tela.
Copia do permiso de circulación, de ser o caso.
Copia do certificado de características técnicas para as máquinas que non ten ficha técnica.
Copia de factura de compra ou contrato de compravenda.
Copia de contrato de leasing ou renting, de ser o caso.
Anexo II cando a máquina proceda de obras e servizos, cambia de titular e se vende con contrato de compravenda, para a comprobación de datos das terceiras persoas interesadas.
Declaración responsable de representación de persoas xurídicas da persoa vendedora, de ser o caso, é necesario cando a máquina proceda de obras e servizos, cambia de titular e se vende con contrato de compravenda.
Xustificante da taxa correspondente da alta da máquina no ROMA.
4. Equipos de tratamentos fitosanitarios e equipos de distribución de fertilizantes en uso non inscritas no roma con anterioridade a publicación do Real Decreto 1013/2009, do 19 de xuño:
Copia do certificado de características técnicas.
Copia de factura de compra.
Nos casos de que non dispoña de factura ou de certificado de características ou os dous casos, poderá substituírse por unha declaración asinada pola persoa titular da máquina, na que se recolla os datos identificativos da mesma e ano de adquisición.
5. Xustificación da actividade agraria por parte da persoa titular da máquina agrícola para dar de alta:
Persoas físicas ou xurídicas, que consta de alta no REAGA ou no Rexistro Vitícola, non terán que xustificar a actividade agraria.
Persoas físicas que non consta de alta no REAGA ou Rexistro Vitícola, achegarán un informe da vida laboral na actividade agraria en autónomos ou por conta propia ou certificado ou informe do Concello de realizar labores agrícolas ou Oficina Agraria Comarcal.
Cooperativas agrarias e SAT de prestación de servizos agrarios, o xustifica co NIF.
Cooperativas de traballo asociado que prestan servizos agrarios, o xustifica co obxecto social sexa agrario, achegarán unha copia dos estatutos.
Empresas de servizos agrarios, persoa física, achegarán o IAE actividade na agricultura en curso (valen epígrafes 911, 912).
Empresas de servizos agrarios, persoa xurídica, o obxecto social deberá comprender a prestación de servizos agrarios, gandeiros ou forestais, achegarán unha copia dos estatutos ou IAE actividade na agricultura en curso (valen epígrafes 911, 912).
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
NIF da entidade solicitante.
DNI/NIE da persoa solicitante.
DNI/NIE da persoa representante.
NIF da entidade representante.
Prazo de resolución: Un mes
Sentido do silencio: Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real decreto 448/2020, do 10 de marzo, sobre caracterización e rexistro da maquinaria agrícola (BOE nº 117 do 27de abril de 2020)
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Aberto todo o ano