Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR419A
Axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
A concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal (procedemento MR419A), no marco do PDR de Galicia 2014-2020 dentro da medida 4, Investimentos en activos físicos; submedida 4.1, Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, que contribúe directamente ás areas focais 2A (mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola), e 5D (reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura), e convocalas para o exercicio orzamentario 2023.
Estas axudas teñen como finalidade:
a) Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización.
b) Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.
Poderán acollerse a estas axudas os titulares de explotacións agrícolas, entendendo como tales aqueles que exercen a actividade agraria organizando os bens e dereitos integrantes da explotación con criterios empresariais e asumindo os riscos e responsabilidades civil, social e fiscal que poidan derivar da xestión da explotación, inscritos no Reaga con orientación técnica económica principal en:
1. Horticultura ao aire libre.
a) Hortalizas ao aire libre.
b) Flores e plantas ornamentais ao aire libre.
c) Cultivos mixtos ao aire libre.
2. Horticultura en invernadoiro.
a) Hortalizas en invernadoiro.
b) Flores e plantas ornamentais en invernadoiro.
c) Cultivos mixtos en invernadoiro.
3. Horticultura e cultivos diversos.
a) Cogumelos, champiñóns e outros fungos cultivados.
b) Viveiros vitícolas.
c) Viveiros de árbores e arbustos froiteiros.
d) Viveiros de planta ornamental.
4. Cultivos leñosos.
a) Froiteiras.
b) Oliveiral.
5. Sementes e plántula de hortalizas.
6. Pataca.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Explotacións Agrarias da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182579
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Explotacións Agrarias de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 982294459
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense
R/ Florentino L. Cuevillas, 4-6 baixo
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386687
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra
Avda. Mª Victoria Moreno, 43-2º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805446
Prazo de presentación: PECHADO
04/08/2023 00:00 - 04/09/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
1. Ser titular, na data da solicitude da axuda, dunha explotación agraria inscrita, polo menos cun ano de antigüidade, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), de acordo co Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia. Non será necesario o cumprimento deste requisito no suposto de ser un solicitante da axuda para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, convocatoria 2023 (submedida 6.1 do PDR), ou de producirse unha fusión entre diferentes explotacións.
2. Os solicitantes persoas físicas deberán ter dezaoito anos feitos e non ter alcanzado a idade xubilación.
3. Posuír a capacitación profesional suficiente no momento da solicitude, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012, agás no caso dun solicitante da axuda para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, convocatoria 2023.
4. Cumprir a condición de agricultor activo no momento da solicitude. No caso de persoas agricultoras mozas, esta condición deberase cumprir dentro dos 18 meses seguintes á data de instalación.
5. Dispoñer dunha contabilidade específica Feader ou dun código contable específico, no cal deben estar incluídos os gastos declarados para esta axuda.
6. A renda unitaria de traballo, no momento de realizar a solicitude, debe ser igual ou superior ao 35 % da renda de referencia, excepto no caso dun solicitante da axuda para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, convocatoria 2023.
7. O volume de traballo necesario para o mantemento da explotación debe ser, como mínimo, dunha UTA.
8. Comprometerse a exercer a actividade agraria na explotación obxecto da axuda durante, polo menos, cinco años contados desde a data de pagamento da axuda.
9. Levar a cabo un plan que mellore o rendemento global da explotación.
10. Establécese un investimento mínimo subvencionable de 5.000 € e un volume total de investimento máximo subvencionable de 120.000 €/UTA, cun máximo de 500.000 €/persoa beneficiaria nun período de catro anos (importes cobrados nos últimos catro anos da submedida 4.1, desde a data de solicitude de pagamento do expediente ata a data de solicitude da axuda).
11. Cumprir cos requisitos establecidos nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
O anexo IV, norma complementaria, ten a función de axudar a interpretar e cumprir os criterios e requisitos recollidos nesta orde.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
A solicitude de axuda será cuberta a través da aplicación informática MELLES, á cal pode acceder mediante a seguinte ligazón: https://melles.xunta.gal/melles/sede
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación co artigo 14 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda. Se a emenda se realiza unha vez transcorrido o prazo indicado na convocatoria da subvención para a presentación de solicitudes, o órgano competente ditará resolución en que se desestimará a solicitude por presentarse fóra de prazo, de acordo co artigo 23 en relación co artigo 20.2, letra g), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Acreditación da persoa representante legal (se é o caso).
b) Anexo II. Comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, para cubrir polas persoas socias, e/ou persoas traballadoras da explotación e/ou persoa/s redactora o proxecto (se é o caso).
c) Xustificación da capacitación profesional. No caso de títulos oficiais do Ministerio de Educación e Formación Profesional, só se ten que presentar esta documentación no caso de que a persoa solicitante se opoña expresamente á súa consulta.
d) Documentos acreditativos da constitución da entidade:
1. Acta de constitución da entidade, inscrita no rexistro correspondente (se é o caso).
2. Estatutos e as súas modificacións, inscritos no rexistro correspondente (se é o caso).
e) Certificado do número de persoas socias e das que cumpren os requisitos de agricultor profesional (se é o caso).
f) Memoria onde se xustifiquen os investimentos que se van realizar e o rendemento global da explotación.
g) Tres orzamentos ou ofertas de diferentes provedores por cada un dos investimentos. As ofertas presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:
1. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, excepto a compra de terreos e edificacións.
2. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.
3. Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe; no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca e modelo, así como características técnicas e, no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.
Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.
A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. En caso contrario, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.
h) No caso de investimentos en obra civil, proxecto visado (en soporte dixital) elaborado por técnico/a ou equipo técnico competente (polo menos, deberá formar parte asinando un/unha enxeñeiro/a agrónomo/a, enxeñeiro/a técnico/a agrícola ou grao universitario equivalente). Así mesmo, no caso de novas construcións, deberase acreditar a dispoñibilidade do terreo ou recinto onde se van realizar os investimentos.
i) No caso de adquisición de terreos ou bens inmobles, certificado de taxación.
j) As comunidades de bens e as sociedades civís farán constar no anexo I os compromisos de execución asumidos por cada un dos seus membros, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles. Así mesmo, presentarán o documento de nomeamento da persoa representante ou apoderado único, e o xustificante de que se asinou un pacto de indivisión por un período mínimo de cinco anos contados a partir da data de pagamento da axuda.
k) Certificado dun grupo operativo da Asociación Europea de Innovación ao cal pertence (se é o caso).
l) No caso de solicitantes aos cales lles sexa de aplicación ou artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro (subvencións de importe superior a 30.000 euros):
1. Declaración responsable nos termos previstos no artigo 26 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Se é o caso, certificación emitida por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que acredite a súa formalización polo solicitante, con independencia de calquera financiamento para a cobranza anticipada da empresa provedora. Para ese efecto, se do informe de auditoría das últimas contas anuais se deduce un cumprimento do 100 % dos prazos de pagamento a provedores por parte do solicitante, bastará un certificado emitido polo auditor que indique que no seu traballo de auditoría realizou procedementos para obter evidencia da corrección do contido da memoria das contas anuais como certificación de formalización do requisito do artigo 13.3.bis. No caso de que non sexa posible emitir tal certificado (por non existiren contas anuais auditadas ou porque estas reflictan unha porcentaxe de cumprimento de prazos de pagamento a provedores inferior ao 100 %), presentarase certificación, baseada nun informe de procedementos acordados, que acredite que o solicitante no momento de presentación da solicitude de axuda non ten ningunha factura pendente de pagamento en que se superaron os prazos legais de pagamento. A dita certificación non poderá ter en ningún caso unha antigüidade superior a un mes anterior á data de presentación da solicitude.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. Non serán admitidas a trámite as solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido nesta convocatoria, nin aquelas que se presenten sen a seguinte documentación mínima, e resolverase a súa inadmisión, que deberá ser notificada á persoa solicitante nos termos previstos no artigo 41 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:
a) Anexo I, de solicitude da axuda, debidamente cuberto e asinado.
b) Memoria do plan de mellora onde se xustifican os investimentos que se pretende realizar.
c) Tres orzamentos por cada investimento solicitado.
Comprobación de datos.
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade solicitante.
d) NIF da entidade representante.
e) DNI/NIE das persoas socias e/ou UTA, de ser o caso.
f) Títulos oficiais non universitarios da persoa solicitante e/ou persoas socias.
g) Títulos oficiais universitarios da persoa solicitante, e/ou persoas socias e/ou persoa redactora do proxecto.
h) Certificado da renda (IRPF) da persoa solicitante e/ou das persoas socias.
i) Certificado de residencia da persoa solicitante e/ou persoas socias.
j) Informe de vida laboral da empresa da persoa solicitante.
k) Acreditación da actividade agraria por conta propia da persoa solicitante e/ou persoas socias e UTA.
l) Informe de vida laboral dos últimos 5 anos da persoa solicitante e/ou persoas socias e UTA.
m) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT (da persoa solicitante).
n) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social (da persoa solicitante).
o) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga (da persoa solicitante).
p) Inhabilitación para obter subvencións e axudas da persoa solicitante.
q) Concesión doutras subvencións da persoa solicitante.
r) Nivel de renda agraria da persoa solicitante e das persoas socias da explotación, de ser o caso.
s) Imposto de actividades económicas ampliado (IAE) da persoa solicitante.
t) Certificado de matrimonio da persoa solicitante.
u) Datos de vehículos da persoa solicitante.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo I) ou no anexo II, de ser o caso, e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 13 de maio de 2020 relativa ás excepcións para o ano 2020 na execución dos controis administrativos e sobre o terreo establecidos nas convocatorias de subvencións desta consellería cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, de conformidade co Regulamento de execución (UE) 2020/532 da Comisión, do 16 de abril de 2020, que establece excepcións, para o ano 2020, aos regulamentos de execución (UE) 809/2014, (UE) 80/2014, (UE) 181/2014, (UE) 2017/892, (UE) 2016/1150, (UE) 2018/274, (UE) 2017/39, (UE) 2015/1368 e (UE) 2016/1240, no que se refire a determinados controis administrativos e sobre o terreo aplicables no marco da política agrícola común (DOG nº 98 do 22 de maio de 2020).
-
Orde do 22 de xuño de 2020 relativa ao réxime de anticipos, modificacións e renuncia en relación coas axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 125 do 26 de xuño de 2020).
-
Corrección de erros Orde do 22 de xuño de 2020 relativa ao réxime de anticipos, modificacións e renuncia en relación coas axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 128 do 30 de xuño de 2020).
-
Orde do 24 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 147 do 3 de agosto de 2023).
-
Extracto da Orde do 24 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 147 do 3 de agosto de 2023).
-
Resolución do 4 de xaneiro de 2024 pola que se resolven as solicitudes de subvención para a creación de empresas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal, convocadas pola Orde do 24 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 24 do 2 de febreiro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Aberto todo o ano