Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR407C
Comunicación de entidade xestora que emprega un CUE comercial.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Comunicar que se é unha entidade xestora que emprega un caderno dixital de explotación agrícola comercial.
Entidade xestora que empregan un CUE comercial.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias
Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546959
Email: sxaexplotacions.mediorural@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación das comunicacións estará aberto todo o ano.
Comunicación segundo o Anexo II.
Acreditación da persoa representante legal, se é o caso.
Autorización da persoa titular da explotación para o acceso a información do REA da súa explotación, para cubrir os datos do REA da súa explotación, para o acceso a información do CUE da súa explotación e para cubrir os datos do CUE da súa explotación (se é o caso).
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa comunicante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade comunicante.
d) NIF da entidade representante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da comunicación.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da comunicación, deberán ser efectuados electrónicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 30 de abril de 2024 pola que se establecen os formularios normalizados para a comunicación de empresa desenvolvedora de software, entidades xestoras e titulares de explotacións agrarias en relación co emprego dun caderno dixital de explotación agrícola comercial (CUE comercial) (códigos de procedemento MR407B, MR407C e MR407D) (DOG nº 90 do 8 de maio de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Declaración responsable para a prestación de servizos como entidade identificadora.
Aberto todo o ano
Declaración para a realización de determinadas prácticas enolóxicas R(CE) 606/2009.
Aberto todo o ano
Alta/baixa no Rexistro de Primeiros Compradores do sector lácteo
Aberto todo o ano