Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR360C
Declaración para a realización de determinadas prácticas enolóxicas R(CE) 606/2009.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Establecer, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as normas de aplicación do Regulamento (CE) 436/2009 da Comisión, do 26 de maio de 2009, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) 479/2008 do Consello no que respecta:
- As prácticas e tratamentos enolóxicos autorizados, así como as normas administrativas para a súa aplicación.
Prácticas sometidas a comunicación
1. A realización das prácticas enolóxicas da edulcoración, acidificación-desacidificación e aumento artificial do grao alcohólico natural estarán condicionadas á presentación dunha declaración efectuada polos operadores, conforme o modelo indicado no anexo V.
2. A comunicación da práctica da edulcoración recollido no parágrafo anterior, deberá estar en poder da autoridade competente, como moi tarde, 48 horas antes do día no que se realice. Para a acidificación e desacidificación, poderá ser comunicada ata o segundo día seguinte a aquel no que se efectuou a primeira operación no transcurso dunha campaña, sendo está válida para o conxunto das operacións da campaña.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral da Pac e do Control da Cadea Alimentaria
Subdirección Xeral de Coordinación da Pac, da Cadea e Calidade Alimentaria
Servizo de Control da Calidade Alimentaria
Avenida do Camiño Francés, 10
15731 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981540065
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Solicitude segundo o Anexo I
Informe sobre a necesidade de dicha práctica.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo achegar unha copia dos documentos.
NIF da entidade declarante.
DNI/NIE da persoa declarante.
DNI/NIE da persoa representante.
NIF da entidade representante.
- Fase de solicitude
- Declaración (Anexo I)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 158/2011, do 21 de xullo, polo que se ditan normas de aplicación sobre os documentos que acompañan o transporte de produtos vitivinícolas, os rexistros e as declaracións de determinadas prácticas no sector vitivinícola na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 148 do 3 de agosto de 2011).
-
Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).
-
Outros procedementos relacionados
Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector subministrador de medios de defensa fitosanitaria.
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de tratamentos fitosanitarios
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e peradores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de asesoramento fitosanitario.
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector usuarios profesionais.
Aberto todo o ano