Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MR360G - Axudas para a adquisición da maquinaria específica.
A presente orde de convocatoria ten por obxecto convocar para o ano 2021 a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o establecemento de novas plantacións de lúpulo, a reconversión e a mellora das plantacións existentes (procedemento administrativo MR360F) e a adquisición de maquinaria específica para a mecanización do dito cultivo (procedemento administrativo MR360G).
As axudas contempladas nesta orde teñen como finalidade fomentar a produción do cultivo do lúpulo con novas plantacións, a reconversión e a mellora das plantacións existentes e a súa mecanización para asegurar o futuro do sector do lúpulo, evitar a tendencia ao abandono e adecuar a produción á demanda da industria, garantir a súa permanencia, rendibilidade e viabilidade a longo prazo.
Liñas de axuda e actividades subvencionables para cada liña .
1. Terán a consideración de subvencionables as actividades seguintes:
Liña B) Axudas para a adquisición de maquinaria específica:
A adquisición da titularidade da maquinaría agrícola e equipos específicos para o coidado, tratamento, recolección, pelado, seca e prensado do lúpulo, así como grupos de presión necesarios para a posta en práctica dunha rega sustentable como a rega por goteo, rega solar, etc., e máquinas ou instrumentos de modernización e mellora dos sistemas de seca da flor de lúpulo, xa existentes e a súa instalación.
2. As actividades obxecto de subvención deberán realizarse con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2021.
3. O importe das axudas convocadas na presente orde está suxeito a tributación no imposto sobre a renda das persoas físicas e imposto de sociedades, segundo corresponda.
4. Cando o importe individualizado do ben subvencionable supere a contía de 15.000 euros, o beneficiario deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, agás que polas especiais características daquel non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministre.
5. No suposto de adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables, seguiranse as regras establecidas nos apartados 4 e 5 do artigo 31 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Gastos subvencionables .
Consideraranse gastos subvencionable os custos derivados das actividades previstas no artigo 4 da presente orde e cumpran os requisitos establecidos neste punto.
Liña B) Axudas para a adquisición de maquinaria específica:
As máquinas e equipos deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) As máquinas e equipos agrarios subvencionados deberán ser novos e de primeira inscrición.
b) Os equipos de aplicación de produtos fitosanitarios deberán posibilitar unha correcta distribución, mediante informe dunha estación de ensaios específica para este tipo de máquinas.
c) Os equipos de seca ou a mellora de equipos de seca xa existentes obxecto de subvención deberán ter un sistema de seca indirecto que evite o contacto e a mestura do aire de seca cos residuos ou escapes da combustión.
d) Non se concederá axuda, de acordo co establecido no Real decreto 284/2019, do 22 de abril, para os investimentos seguintes:
1º. Os investimentos de simple substitución, reposición e de mantemento de maquinaria e equipos. Considerarase un investimento de reposición o que supoña a substitución dunha maquinaria ou equipo existente por outro e non xustifique claramente unha mellora ou innovación tecnolóxica ou se realice nun prazo inferior aos dez (10) anos de adquisición da maquinaria e equipo que se vaian substituír.
2º. Os investimentos en compra de maquinaria e equipos usados.
3º. A adquisición de tractores.
Liña B) Axudas para a adquisición de maquinaria específica :
a) As sociedades cooperativas e as súas agrupacións ou unións.
b) Sociedades Agrarias de Transformación (SAT).
c) Asociacións de Produción Integrada en Agricultura (Aprias).
d) Outras agrupacións agrarias sen personalidade xurídica propia baseadas nun pacto contractual, recoñecido pola autoridade competente e subscrito por un mínimo de sete persoas físicas titulares de explotacións agrarias, aínda que excepcionalmente e en casos concretos, debidamente xustificados polas características do equipo para subvencionar, poderán reducirse os compoñentes destas agrupacións.
e) Agrupacións de produtores ou agricultores individuais que teñan unha superficie cultivada de lúpulo que faga viable a adquisición.
f) As persoas físicas ou xurídicas con experiencia no ámbito da actividade agraria ou que conten co nivel de capacitación profesional suficiente e requirido pola autoridade competente e que presenten un proxecto viable desde o punto de vista técnico e económico.
Poderanse presentar solicitudes conxuntas entre varios beneficiarios para a adquisición de maquinaria agrícola e equipos específicos, grupos de presión e maquinas ou instrumentos de modernización e mellora dos sistemas de secado da flor de lúpulo xa existentes e a súa instalación sempre e cando non supere o máximo por persoa beneficiaria establecido no artigo 38 do Real decreto 284/2019, do 22 de abril.
As persoas beneficiarias deberán cumprir, así mesmo, as seguintes obrigacións :
1º. Manter as máquinas e equipos subvencionados en uso e propiedade do beneficiario por un período mínimo de cinco (5) anos. Non poderán solicitarse no devandito período axudas para a adquisición de maquinaria de similares funcións á xa subvencionada.
2º. Inscribir as máquinas e equipos subvencionados, cando proceda, no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola. A inscrición realizarase cunha anotación á marxe, así como na cartilla de inscrición, precisando que debe permanecer no patrimonio do beneficiario durante cinco (5) anos a partir da data de inscrición.
3º. As persoas físicas ou xurídicas, que se dediquen á realización de traballos agrícolas a terceiros, que soliciten a subvención deberán comprometerse, polo menos, durante os cinco (5) primeiros anos, a dedicar como mínimo un 75 por cento das súas horas anuais de funcionamento, en explotacións alleas aos titulares da sociedade.
4º. Contrato de comercialización de lúpulo en vigor.
5º. Presentar unha memoria do Plan de viabilidade de adquisición de maquinaria segundo anexo VI, onde se xustifique a adquisición desta.
6º. Comunicar inmediatamente á autoridade competente a finalización da execución das medidas aprobadas.
7º. Acreditar ante a autoridade competente a titularidade ou disposición por un período non inferior a cinco anos dunha superficie cultivada de lúpulo que faga viable a adquisición da maquinaria agrícola e equipos específicos subvencionados.
8º. A explotación de lúpulo deberá estar inscrita no Reaga e, no caso de cooperativas, sociedades agrarias de transformación (SAT) ou outras agrupacións agrarias, que os seus socios ou membros sexan titulares de, polo menos, en conxunto, tres das devanditas explotacións.
1. Os beneficiarios deberán, así mesmo:
a) Ter a condición de peme conforme o anexo I do Regulamento (CE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
b) Non ter a consideración de empresa en crise conforme a definición establecida no artigo 2 do Regulamento (CE) nº 702/2014.
c) Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarios aqueles solicitantes en quen concorra algunha das circunstancias previstas na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3 Serán obrigacións do beneficiario, ademais das previstas na presente orde e a correspondente orde de bases, as establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias
Servizo de Sanidade e Produción Vexetal
Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños
Teléfono: 881997441
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Orde do 20 de abril de 2021 pola que se convocan as axudas ao sector do lúpulo na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021 (DOG nº 82 do 3 de maio de 2021).
Extracto da Orde do 20 de abril de 2021 pola que se convocan as axudas ao sector do lúpulo na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021 (DOG nº 82 do 3 de maio de 2021).
Real decreto 284/2019, do 22 de abril, polo que se establecen as disposicións de aplicación da regulamentación da Unión Europea no sector do lúpulo e se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas estatais de minimis destinadas ao dito sector (BOE nº 107 de 4 de maio de 2019).
Prazo de presentación: PECHADO
04/05/2021 00:00 - 03/06/2021 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
Forma e lugar de presentación das solicitudes .
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados (anexo I ou anexo II, segundo a liña que se solicite) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
As persoas físicas con capacidade técnica e dedicación profesional suficiente, terán a obriga de relacionarse a través de medios electrónicos, consonte o artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 10.1.a) e artigo 10.3 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.
2. Non serán admitidas a trámite as solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido nesta convocatoria e resolverase a súa inadmisión, que deberá ser notificada aos interesados nos termos previstos no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
3. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na presente convocatoria, o órgano competente requirirá ao interesado para que a emende no prazo máximo e improrrogable de dez (10) días, indicándolle que, se non o fixese, se lle terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Documentación que achegará coa solicitude .
1. Sen prexuízo da achega de calquera outro documento e información que a persoa interesada puidese presentar para resolver sobre o outorgamento da subvención ou as que puidese solicitar a Administración, o beneficiario deberá xuntar á solicitude de subvención, en cada caso, a documentación que se indica a continuación:
a) Copia dos estatutos de constitución da entidade e xustificación do carácter de agricultor/a novo/a dos seus membros, se procede.
b) En caso de solicitude colectiva, relación de socios, segundo o anexo IX.
c) Se a persoa beneficiaria non é propietaria da superficie incluída na solicitude, deberá achegar o documento de autorización expresa do propietario para realizar os investimentos previstos ou o contrato de arrendamento, apareza ou outra forma xurídica de disposición das parcelas con duración non inferior a cinco (5) anos desde a data da solicitude.
d) Declaración de superficies de lúpulo e/ou maquinaria incluída na solicitude, segundo anexo III.
e) Cando solicita a liña A, memoria valorada na que describa a viabilidade do investimento ou a actuación xunto co Plan de establecemento de novas plantacións do anexo IV, ou Plan de reconversión varietal ou mellora que se pretenda acometer, segundo anexo V correspondente, que deberá conter, como mínimo, os seguintes aspectos: situación das parcelas obxecto do plan, con referencia Sixpac; nº plantas por escallo/rizomas/chantón; estruturas e instalacións do soporte guía, sistema de rega e superficie que se vai cultivar en cada parcela e, no caso de non actuar na totalidade da parcela, bosquexo acoutado da superficie motivo da actuación.
f) Cando solicita a liña B, proxecto viable desde un punto de vista técnico e económico xunto co Plan de viabilidade de adquisición de maquinaria segundo o anexo VI.
g) Cando o importe individualizado do ben subvencionable supere a contía de 15.000 euros, o beneficiario deberá achegar, como mínimo, tres ofertas (facturas pro formas) de diferentes proveedores, agás que polas especias características daquel non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministre.
h) Acreditación da representación da persoa que subscribe a solicitude, se procede.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. Se algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados pola Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI/NIE da persoa representante.
d) Certificación de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.
e) Certificación de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
f) Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
g) Inhabilitación para obter subvencións e axudas.
h) Concesión de subvencións e axudas.
i) Concesións pola regra de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado nos formularios correspondentes (anexo I e II) e no anexo IX, e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Autorización para o visado dos documentos de acompañamento R(CE) 436/2009.
Declaración para a realización de determinadas prácticas enolóxicas R(CE) 606/2009.