Guía de procedementos e servizos

MR360B

Autorización para o visado dos documentos de acompañamento R(CE) 436/2009.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Establecer, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as normas de aplicación do Regulamento (CE) 436/2009 da Comisión, do 26 de maio de 2009, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) 479/2008 do Consello no que respecta:

- Os documentos que acompañarán os produtos vitivinícolas cando o inicio do transporte teña lugar nun punto do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e o destino sexa calquera lugar do territorio da Unión Europea

Visado dos documentos de acompañamento dos produtos non sometidos a disposicións fiscais en materia de circulación.

1. Os orixinais e copias de todos os documentos de acompañamento que amparen transportes de produtos vitivinícolas realizados en recipientes de volume nominal superior a 60 litros deberán ser validados previamente ao inicio de cada transporte.

2. O visado dos documentos será realizado polo servizo provincial competente ou pola persoa responsable da oficina comarcal agraria onde se iniciou o transporte, ou por parte do expedidor autorizado.

3. Cando se reciban documentos de acompañamento con irregularidades, o receptor comunicarao ao servizo provincial competente no prazo de dous días hábiles seguintes á data de recepción.

Autorización do visado ás persoas expedidoras.

1. Para que as persoas expedidoras poidan efectuar o visado de documentos de acompañamento de acordo co artigo anterior, deberán solicitar previamente a súa autorización no servizo provincial competente correspondente ao lugar onde realice a súa actividade, segundo o modelo que figura no anexo II deste decreto.

2. O visado será realizado polo/a propio/a expedidor/a autorizado/a, mediante un selo das dimensións e características establecidas no anexo III deste decreto –letra a) para a uva de vinificación, letra b) para o resto de produtos vitivinícolas- ou unha impresión de características e dimensións idénticas.

3. En aplicación do disposto no artigo 33 do R(CE) 436/2009 da Comisión, do 26 de maio de 2009, a autoridade competente, no caso de infracción grave das disposicións comunitarias do sector vitivinícola ou das disposicións nacionais adoptadas en aplicación destas, ou cando esta autoridade teña sospeitas fundadas dunha infracción deste tipo, poderá retirar a autorización de visado concedida.

4. As autorizacións para o visado de documentos de acompañamento que amparen a uva de vinificación serán válidas unicamente para a campaña que se solicite, sendo o modelo do selo o indicado no anexo III letra a) deste decreto.

5. Todas as persoas expedidoras de documentos de acompañamento deberán remitir ao servizo provincial competente onde radique a súa actividade, con anterioridade ao día 10 de cada mes, unha copia de cada un dos documentos de acompañamento dos transportes realizados durante o mes anterior

Toda persoa física ou xurídica e toda agrupación de persoas, incluídos os/as comerciantes sen almacén, que teñan o seu enderezo ou a súa sede no territorio aduaneiro da Comunidade e que realicen ou fagan realizar o transporte dun produto vitivinícola.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral da Pac e do Control da Cadea Alimentaria

Subdirección Xeral de Coordinación da Pac, da Cadea e Calidade Alimentaria

Servizo de Control da Calidade Alimentaria

Avenida do Camiño Francés, 10

15731  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540065

Servizo de Control da Calidade Alimentaria

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Comprobación de datos.    

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • NIF da entidade solicitante.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • NIF da entidade representante.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 158/2011, do 21 de xullo, polo que se ditan normas de aplicación sobre os documentos que acompañan o transporte de produtos vitivinícolas, os rexistros e as declaracións de determinadas prácticas no sector vitivinícola na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 148 do 3 de agosto de 2011).

    • Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).

Outros procedementos relacionados

FA300A

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300B

Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300C

Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300D

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa prestamista inmobiliaria, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano