Guía de procedementos e servizos

MR361A

Axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, financiadas polo FEAGA.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 13/12/2024 00:00 - 31/01/2025 23:59

Consellería do Medio Rural

Establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de investimentos no sector vitivinícola en Galicia establecidas na Intervención Sectorial Vitivinícola (ISV) no marco do Plan Estratéxico Nacional da Política Agrícola Común (PAC) do Reino de España 2023-2027, aprobado pola Comisión Europea mediante Decisión de Execución do 31 de agosto de 2022 e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2025. 

1. Poderán ser beneficiarias da intervención de investimentos:

a) As empresas vitivinícolas que no momento da solicitude produzan ou comercialicen os produtos recollidos no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, ou que, como consecuencia da execución da operación obxecto da solicitude de axuda, comecen esa produción ou comercialización. As empresas deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.

b) As organizacións de produtores vitivinícolas recoñecidas conforme o artigo 152 do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e as súas asociacións.

c) As asociacións de dous ou máis produtores, con personalidade xurídica, dos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. As asociacións deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.

d) As organizacións interprofesionais.

e) As organizacións profesionais.

2. Non obstante, cando se trate de empresas cuxa actividade sexa unicamente a comercialización, polo menos un 80 por cento da súa facturación do último exercicio pechado deberá proceder da comercialización dos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

Este requisito non se aplicará a cooperativas que comercializan viño elaborado por elas ou polos seus membros.

3. Os solicitantes das axudas deberán ter instalacións situadas en Galicia ou prever telas coa execución dos investimentos para os cales se solicita a axuda, dedicadas á produción dos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, salvo nos casos de operacións de comercialización desvinculadas fisicamente dunha adega, así como en todos os casos de comercialización noutros Estados membros, en que o requisito exixible é que os solicitantes teñan o seu domicilio fiscal en Galicia.

4. Non poderán ser beneficiarios da axuda os que estean en calquera das situacións seguintes:

a) Situación de crise, segundo se define nas directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (Comunicación 2014/C 249/01 da Comisión, do 31 de xullo de 2014).

b) En proceso de solicitar a declaración de concurso voluntario.

c) Ter sido declarado insolvente en calquera procedemento.

d) Acharse declarado en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio.

e) Estar suxeito a intervención xudicial ou ter sido inhabilitado conforme a Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal, sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

5. Así mesmo, non poderá percibir estas axudas quen:

a) Incumpra calquera dos requisitos previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

En particular, conforme o establecido no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, as persoas físicas e xurídicas, distintas das entidades de dereito público, con ánimo de lucro suxeitas á Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, deberán acreditar cumprir, nos termos dispostos nesta epígrafe, os prazos de pagamento que se establecen na citada lei para obter a condición de beneficiario ou entidade colaboradora. Calquera financiamento que permita a cobranza anticipada da empresa provedora considerarase válida para os efectos do cumprimento desta epígrafe, coa condición de que o seu custo corra por conta do cliente e se faga sen posibilidade de recurso ao provedor no caso de falta de pagamento.

A acreditación do nivel de cumprimento establecido realizarase polos seguintes medios de proba:

1º. As persoas físicas e xurídicas que, de acordo coa normativa contable poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación subscrita pola persoa física ou, no caso de persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, en que afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro. Poderán tamén acreditar a dita circunstancia por algún dos medios de proba previstos no ordinal 2º seguinte e con suxeición á súa regulación.

2º. As persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable non poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante:

1. Certificación emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado nesta epígrafe, con base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.

Esta certificación será válida ata que resulten auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.

2. No caso de que non sexa posible emitir o certificado a que se refire o número anterior, informe de procedementos acordados, elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores da sociedade nunha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou no caso de que se detectasen, estas non impiden alcanzar o nivel de cumprimento requirido no último parágrafo desta epígrafe.

Para os efectos desta lei, entenderase cumprido o requisito exixido nesta epígrafe cando o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, sexa igual ou superior á porcentaxe prevista na disposición derradeira sexta, letra d), punto segundo, da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.

O informe de procedementos acordados deberá realizarse sobre a documentación proporcionada pola sociedade auditada; en concreto, sobre o detalle de facturas pendentes de pagamento a provedores, excluíndo as correspondentes a provedores que formen parte do mesmo grupo de sociedades no sentido do artigo 42 do Código de comercio, nunha data de corte, que se considerará data de referencia e que, como máximo, deberá ser anterior nun mes á emisión do informe.

b) Concorra algunha das circunstancias que dean lugar á prohibición para obter a condición de beneficiario sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, en particular, os solicitantes condenados mediante sentenza firme ou sancionados mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións públicas.

c) Non se atopen ao día nas súas obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social, ou que teñan débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma (Consellería de Facenda e Administración Pública).

d) Se demostre que crearon artificialmente as condicións exixidas para cumprir os criterios de admisibilidade ou de prioridade establecidos nesta orde, tal como se establece no artigo 62 do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común, e polo que se derroga o Regulamento (UE) 1306/2013.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Industrias Agroalimentarias

Praza de Europa, nº 5A - 2º - Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540025

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria da Coruña

Rúa Vicente Ferrer, nº 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184530

Fax: 981184651

Email: ica.mediorural.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294517

Fax: 982294452

Email: ica.mediorural.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria de Ourense

Rúa Florentino López Cuevillas, nº 4 - 6

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386547

Fax: 988386566

Email: calidadeou.agri@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria de Pontevedra

Avenida Fernández Ladreda, nº 43 - 2º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805460

Fax: 986805485

Email: ica.mediorural.pontevedra@xunta.gal

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Outros procedementos relacionados

FA300A

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300B

Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300C

Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300D

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa prestamista inmobiliaria, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano