Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR324A
Rexistro de sociedades agrarias de transformación.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
- A producción, transformación e comercialización de productos agrícolas, gandeiros ou forestais.
- A realización de melloras no medio rural, promoción e desenvolvemento agrarios.
- A prestación de servizos comúns que sirvan á dita finalidade, pódea inscribir como sociedade agraria de transformación (SAT) no Rexistro de sociedades agrarias de transformación.
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta solicitude débese presentar por internet a través da sede electrónica.
Tramitar en liña
A solicitude débela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina.
Para presentar a solicitude en liña:
- Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
- Identifícate electronicamente.
- Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.
Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.
A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.
A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.
Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.
Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.
Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.
Documentación
Solicitude (Anexo I).
Copia do DNI da persoa representante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
Acta fundacional.
Estatutos da sociedade.
Relación actualizada de socios por orde alfabetica (segundo modelo do Anexo II).
Ficha de cada un dos socios da entidade.
Acreditación da condición pola que se asocian (título propiedade, Seguridade Social).
Informe da valoración das achegas non monetarias.
Memoria.
Estudo tecnico económico asinado por un tecnico.
Taxas.
Informe pericial de valoración.
Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?
Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Desde a Carpeta cidadá podes:
- Consultar o estado do teu expediente.
- Acceder á documentación.
- Realizar os trámites que estean dispoñibles.
Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites).
Podes consultar a localización destas oficinas en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en:
Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias
Edificio Administrativo da Xunta de Galicia_San Caetano s/n, segundo andar
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546398
Fax: 981540018
Órgano responsable
-
Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG núm. 77 do 24.04.2015). Ligazón á normativa
-
Orde do 29 de abril de 1988 sobre a tramitación de Sociedades Agrarias de Transformación (DOG nº 87 do 9 de maio de 1988). Ligazón á normativa
-
Real Decreto 1776/1981, do 3 de agosto, polo que se aproba o Estatuto que regula as Sociedades Agrarias de Transformación (BOE nº 194 do 14 de agosto de 1981) Ligazón á normativa
-
Orde de 14 de setembro de 1982, que desenvolve o Real Decreto 1776/1981, do 3 de agosto, polo que se aproba o Estatuto que regula as Sociedades Agrarias de Transformación (BOE nº 242 do 9 de outubro de 1992). Ligazón á normativa
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano