Guía de procedementos e servizos

MR270A

Rexistro de explotacións leiteiras de calidade diferenciada

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

A creación do rexistro informativo de explotacións leiteiras de calidade diferenciada no cal se inscribiran de oficio as explotacións leiteiras que, no marco do plan de controis oficiais da calidade do leite cru de vaca efectuados polos servizos veterinarios da Xunta de Galicia, superen os parámetros de calidade exixidos por este decreto.

Gandeiros/as con explotacións leiteiras de calidade diferenciada baixo supervisión e control dos servizos veterinarios da Xunta de Galicia

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Gandaría

EDIF, ADMINISTRATIVO SAN CAETANO

15771  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545732

Fax: 981545735

Subdirección Xeral de Gandaría
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Aberto, sempre e cando transcorresen seis meses desde a súa exclusión do rexistro e desexen a reincorporación ao mesmo.

a) Estar en posesión da carta verde e, polo tanto, non poderá ser obxecto de retirada de cualificación por tuberculose (TR) ou brucelose (BR).

b) Dispor dun historial de cumprimento acreditado dos seguintes parámetros de calidade no leite:

- Colonias de xermes a 30ºC (por ml) < 50.000 (media xeométrica móbil observada durante un período de dous meses).

- Contido de células somáticas (por ml) < 350.000 (media xeométrica móbil observada durante un período de tres meses).

- Non se ter detectados nos últimos seis meses, nin en mostras oficiais nin en mostras de autocontrol, residuos de antibióticos ou doutros inhibidores do crecemento bacteriano.»

c) Non ter sido obxecto de sanción por incumprimentos en materia de condicionalidade, sanidade e benestar animal e seguridade alimentaria durante os últimos seis meses, contados desde o día seguinte a aquel en que adquira firmeza.

  • Inscrición en rexistros oficiais. Primeira inscrición. Modificacións da primeira inscrición. ( 30.02.00)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Xustificante do pagamento das taxa.

É posible o pagamento das taxas presencialmente ou na web:

  • Código da taxa: 30.02.00: Modificación da primeira inscripción

  • Para o pago de taxas débense seleccionar os seguintes códigos:

    • Consellería: 09 - MEDIO RURAL

    • Delgación: a que corresponda:

      • 10 – A CORUÑA

      • 20 – LUGO

      • 30 – OURENSE

      • 40 - PONTEVEDRA

    • Servizo: 09 – SERVIZO DE GANDARÍA

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos:

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • NIF da entidade solicitante.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 57/2010, do 8 de abril, polo que se crea o Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada (DOG nº 71 do 16 de abril de 2010).

    • Decreto 228/2011, do 24 de novembro, polo que se modifica o Decreto 57/2010, do 8 de abril, polo que se crea o Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada (DOG nº 240 de 19 de decembro de 2011).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano