Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR256A
Alegacións á asignación de dereitos de pagamento básico.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Subdirección Xeral de Xestión da Pac
Servizo de Axudas Gandeiras da Pac
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546270
Fax: 981546182
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo Territorial do FOGGA da Coruña
Praza Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184525
Fax: 981184559
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo Territorial do FOGGA de Lugo
Rolda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294462
Fax: 982294411
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo Territorial do Fogga de Ourense
Rúa do Paseo, 22 - 1º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386948
Fax: 988386940
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra
Paseo de Cervantes, 7-1º
36002 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805455
Fax: 986805569
Prazo de presentación: PECHADO
01/03/2015 00:00 - 15/06/2015 23:59
Desde o 1 de marzo ao 15 de xuño de 2015, ambos inclusive.
En todos os casos:
Solicitude única normalizada segundo os formularios electrónicos accesibles para cada liña de axuda no enderezo http://sgapac.xunta.es.
Xeral:
Fotocopia do DNI do solicitante no caso de persoas físicas que non outorguen a autorización para consultar os datos de identidade na Dirección Xeral da Policía.
Fotocopia do NIF cando o solicitante non sexa persoa física.
Fotocopia do DNI do representante legal cando o solicitante non sexa persoa física.
Documentación de autorización de sinatura se o solicitante non e persoa física ou, sendo persoa física, non e quen presenta a solicitude. No caso de persoas físicas, esta documentación consistirá nun documento de autorización asinado polo autorizante e polo autorizado ao que se xuntarán as fotocopias dos DNI en vigor, de ambos os dous.
Específica:
Depende da circunstancia específica alegada.
No caso de falecemento do beneficiario ou desaparición do mesmo, certificado de defunción ou denuncia da desaparición, declaración de ausencia ou declaración de falecemento.
No caso de Incapacidade laboral de larga duración del beneficiario, certificado do centro xestor da Seguridade Social sobre incapacidade de longa duración ou ben o solicitante poderá autorizar ao Fogga para recadar directamente do centro xestor da Seguridade Social a certificación ou información que xustifique a incapacidade de longa duración.
No caso de catástrofe natural grave ou fenómeno climatolóxico adverso asimilable a catástrofe natural que haxa afectado seriamente as terras agrarias da explotación, copia da solicitude de axudas PAC para o ano/anos da catástrofe e da PAC do ano anterior, e breve descrición dos feitos.
No caso de destrución accidental dos locais gandeiros da explotación, certificado da compañía de seguros ou calquera outro documento oficial que xustifique a destrución accidental.
No caso de epizootia, recoñecida pola autoridade competente, que haxa afectado a unha parte ou á totalidade do ganado da explotación, Certificado dos servizos veterinarios competentes que acredite que a morte ou sacrificio do animal foi debido á epizootia alegada.
No caso de praga vexetal ou enfermidade vexetal causada por microorganismos patóxenos ou factores ambientais, recoñecida pola autoridade competente, que haxan afectado a unha parte ou á totalidade dos cultivos da explotación, certificado dos servizos fitosanitarios competentes que acredite que a explotación viuse afectada pola praga ou enfermidade vexetal alegada.
No caso de expropiación da totalidade ou dunha parte importante da explotación se dita expropiación non era previsible o día en que se presentou a solicitude, documento público que acredite a expropiación e data oficial da primeira comunicación relativa á expropiación dos terreos. Non poderán acollerse os expedientes de expropiación derivados de concentracións parcelarias.
No caso de problemas na tramitación da solicitude de axuda da campaña 2014 que non sexa responsabilidade do agricultor e que haxan dado lugar á non presentación da dita solicitude, liquidación do seguro de responsabilidade civil por parte da entidade colaboradora e declaración xurada sobre a omisión cometida por parte da mesma.
Nota: Por petición do Fogga deberá presentarse calquera outra documentación xustificativa.
Prazo de resolución: Seis meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 10 de marzo de 2015 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (DOG nº 48 do 11 de marzo de 2015).
-
Resolución do 13 de maio de 2015 pola que se comunica a modificación pola normativa básica estatal de diversos prazos establecidos na Orde do 10 de marzo de 2015 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (DOG nº 90 do 15 de maio de 2015).
-
Orde do 16 de outubro de 2015 pola que se incrementa a dotación orzamentaria da Orde do 10 de marzo de 2015 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (DOG nº 203 do 23 de outubro de 2015).
-
Corrección de erros. Orde do 16 de outubro de 2015 pola que se incrementa a dotación orzamentaria da Orde do 10 de marzo de 2015 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (DOG nº 206 do 28 de outubro de 2015).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 1076/2014, do 19 de decembro, sobre asignación de dereitos de réxime de pagamento básico da Política Agrícola Común (BOE nº 307, do 20 de decembro de 2014).
-
-
Ámbito Europeo
-
Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Aberto todo o ano