Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR241D
Comunicación de cesión de dereitos da Axuda básica á renda (ABRS).
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Os dereitos da Axuda básica á renda poden ser obxecto de cesión polos agricultores a outros agricultores, ben en venda, arrendamento ou calquera outra forma admitida en dereito.
As formas de cesións dos dereitos poden ser:
a) Definitivas por:
Herdanzas, cambios de personalidade xurídica, fusións e escisións, compravendas, xubilacións, ceses anticipados, finalización anticipada de arrendamentos, incapacidade laboral permanente, renuncias voluntarias a favor da Reserva Nacional e sentencias xudiciais.
b) Temporais por:
Arrendamentos, modificacións de arrendamentos debidos a cambios de titularidade.
Agricultores/as titulares de dereitos de pago básico con explotacions situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Subdirección Xeral de Xestión da Pac
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546270
Fax: 981546182
Email: sxpac.fogga@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo Territorial do FOGGA da Coruña
Praza Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184525
Fax: 981184559
Email: fogga.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo Territorial do FOGGA de Lugo
Rolda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294462
Fax: 982294411
Email: fogga.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo Territorial do Fogga de Ourense
Rúa do Paseo, nº 22-1º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386948
Fax: 988386940
Email: fogga.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra
Paseo de Cervantes, nº 7-1º
36002 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805455
Fax: 986805569
Email: fogga.pontevedra@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
06/03/2025 00:00 - 02/06/2025 23:59
O prazo para realizar esta comunicación iniciarase na data na que se inicie o prazo a presentación da solicitude única do ano 2025, e finalizará na data na que finalice o prazo de modificación da solicitude única do ano 2025.
En todos os casos:
Solicitude única normalizada segundo os formularios electrónicos accesibles para cada liña
Nota: Por petición do Fogga deberá presentarse calquera outra documentación xustificativa.
Prazo de resolución:
Nove meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 25 de febreiro de 2025 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR239Q, MR240D, MR241C e MR241D) (DOG nº 44 do 5 de marzo de 2025).
-
Extracto da Orde do 25 de febreiro de 2025 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR239Q, MR240D, MR241C e MR241D) (DOG nº 44 do 5 de marzo de 2025).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regulan o sistema de xestión da Política Agrícola Común e outras materias conexas (BOE nº 308 do 24 de decembro de 2022)
-
Real Decreto 1045/2022, do 27 de decembro, sobre dereitos de axuda básica á renda para a sustentabilidade da Política Agrícola Común. (BOE nº 312 do 29 de decembro de 2022)
-
Real Decreto 1046/2022, do 27 de decembro, polo que se regula a gobernanza do Plan Estratéxico 2023-2027 da Política Agrícola Común en España e dos fondos europeos agrícolas FEAGA e FEADER. (BOE nº 312 do 29 de decembro de 2022)
-
Real Decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan Estratéxico 2023-2027 e outras axudas da Política Agrícola Común (BOE nº 312 do 29 de decembro de 2022)
-
Real Decreto 1048/2022, do 27 de decembro, sobre a aplicación, a partir de 2023, das intervencións en forma de pagos directos e o establecemento de requisitos comúns no marco do Plan Estratéxico 2023-2027 da Política Agrícola Común, e a regulación da solicitude única do sistema integrado de xestión e control. (BOE nº 312 do 29 de decembro de 2022)
-
Real Decreto 1049/2022, do 27 de decembro, polo que se establecen as normas para a aplicación da condicionalidad reforzada e da condicionalidad social que deben cumprir as persoas beneficiarias das axudas no marco da Política Agrícola Común que reciban pagos directos, determinados pagos anuais de desenvolvemento rural e do Programa de Opcións Específicas pola Distancia e a Insularidade (POSEI). (BOE nº 312 do 29 de decembro de 2022)
-
Real Decreto 1054/2022, do 27 de decembro, polo que se establece e regula o Sistema de información de explotacións agrícolas e gandeiras e da produción agraria, así como o Rexistro autonómico de explotacións agrícolas e o Caderno dixital de explotación agrícola. (BOE nº 312 do 29 de decembro de 2022)
-
Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións contempladas no Plan Estratéxico da Política Agrícola Común, e se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da Política Agrícola Común para o período 2023-2027 (BOE nº 51 do 1 de marzo de 2023)
-
-
Ámbito Europeo
-
Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, de 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os Regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013 (DOUE nº 435, de 6 de decembro de 2021)
-
Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, de 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013 (DOUE nº 435, de 6 de decembro de 2021)
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Aberto todo o ano