Guía de procedementos e servizos

MR239K

Solicitude de modificación do Sistema de información xeográfica de parcelas (Sixpac).

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2026 - Prazo pechado: 21/02/2026 00:00 - 02/11/2026 23:59

Consellería do Medio Rural

Que é e para que serve

Establecer o procedemento para a xestión das alegacións e solicitudes de modificación sobre a base de datos do Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas SIXPAC como referencia para a solicitude de axudas da PAC baseadas na superficie agraria.

Quen pode solicitalo

Agricultores e outras persoas propietarias ou titulares de parcelas situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: PECHADO

21/02/2026 00:00 - 02/11/2026 23:59

O prazo de presentación iniciarase na data de comezo do prazo para a presentación da solicitude única e rematará o 31 de outubro de 2026. Non obstante, para que as resolucións teñan efecto sobre as superficies declaradas na solicitude única do ano 2026, o prazo rematará co fin do prazo de modificación da solicitude única.

Como se tramita

Esta solicitude débese presentar por internet a través da sede electrónica. 

Tramitar en liña

A solicitude débela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña: 

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón. 

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

Documentación para a presentación.

Solicitude normalizada segundo o formulario electrónico accesible no enderezo http://sgapac.xunta.es

Xeral:

  • Copia do DNI/NIE do solicitante no caso de persoas físicas que se opoñan expresamente á consulta dos datos de identidade na Dirección Xeral da Policía.

  • Copia do NIF cando o solicitante non sexa persoa física.

  • Copia do DNI do representante legal cando o solicitante non sexa persoa física. Documentación de autorización de sinatura se o solicitante non e persoa física ou, sendo persoa física, non e quen presenta a solicitude. No caso de persoas físicas, esta documentación consistirá nun documento de autorización asinado polo autorizante e polo autorizado ao que se xuntarán as copias dos DNI en vigor, de ambos os dous.

Acreditativa da alegación ou solicitude de modificación proposta:

  •  Delimitación gráfica da liña de declaración das superficies da solicitude única ou a saída gráfica obtida a través do Visor SIXPAC. Delimitando por medio de bosquexo acoutado ou en formato electrónico WKT ou shape o cambio proposto sobre o recinto afectado.

  •  Acreditación de que os cambios alegados figuran actualmente na Oficina Virtual de Catastro.

  •  Certificado de dereitos de rega ou rexistro de auga expedido pola Administración hidráulica competente. Saída gráfica do Catastro de Urbana coa parcela catastral obxecto da alegación.

  •  Memoria descritiva que xustifique a necesidade da modificación ou eliminación do elemento estrutural.

  •  Para as solicitudes de modificación do Sixpac en recintos que impliquen un incremento do valor do CAP (tipos 9 e 14), cambios de usos iniciais: forestal (FO), pasto con arboredo (PA) ou pasto arbustivo (PR) ou alegacións ao Sixpac tipo 12, deberán achegar, para acreditar os cambios solicitados, un mínimo de dúas fotografías datadas e xeorreferenciadas, indicando sobre a saída gráfica do visor o punto onde se tomaron e orientación. As mesmas serán voluntarias en calquera outra alegación como xustificación do cambio proposto.

  •  Cando a superficie do recinto sexa maior de 1 ha, e para alegacións dos tipos 1 e 3 en cambios de uso non agrario a un uso agrario, tipo 5 e tipo 12 en recintos inactivos (con incidencia 199), e tipo 39 (con incidencia 231-dispoñibilidade non acreditada), documentación xustificativa da posesión do recinto e do seu dereito de uso: contrato de arrendamento ou parcería, contrato de compra-venda, Nota simple do rexistro da propiedade, etc.

  •  Outra documentación xustificativa das alegacións ao Sixpac presentadas que se considere convinte.

Que vai pasar despois de que o presente

Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?

Nove meses

Que ocorre se non recibes resposta?

Se pasa o prazo establecido para resolver e non recibes unha resposta expresa, a túa solicitude considérase desestimada por silencio administrativo.

Isto significa que a solicitude non se considera aprobada.

A Administración segue estando obrigada a resolver a túa solicitude aínda que transcorra este prazo.

A resolución pode ser:

  • Estimatoria (cando aprobamos a túa solicitude).
  • Desestimatoria (cando non aprobamos a túa solicitude).

Se non aprobamos a túa solicitude, podes presentar un recurso para pedir que revisemos a decisión.

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra

Paseo de Cervantes, nº 7-1º

36001  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805455

Fax: 986805569

Email: fogga.pontevedra@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo Territorial do FOGGA da Coruña

Rúa Vicente Ferrer, nº 2-4º

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184525

Fax: 981184559

Email: fogga.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo Territorial do Fogga de Ourense

Rúa do Paseo, nº 22-1º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386948

Fax: 988386940

Email: fogga.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Subdirección Xeral de Xestión da Pac

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546262

Fax: 981546268

Email: saa.fogga@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo Territorial do FOGGA de Lugo

Rolda da Muralla, nº 70-B-1

27003  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294462

Fax: 982294411

Email: fogga.lugo@xunta.gal

Órgano responsable

Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Orde do 13 de febreiro de 2026 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (DOG nº 34 do 20 de febreiro de 2026). Ligazón á normativa

    • Extracto da Orde do 13 de febreiro de 2026 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (DOG nº 34 do 20 de febreiro de 2026). Ligazón á normativa

    • Corrección de erros. Orde do 13 de febreiro de 2026 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (DOG nº 43 do 05 de marzo de 2026). Ligazón á normativa

    • Resolución do 13 de maio de 2026 pola que se adapta en Galicia a aplicación das penalizacións en relación coa presentación da solicitude única da PAC na campaña 2026 (DOG nº 91 do 19 de Maio de 2026). Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal
    • Real decreto 1047/2022, de 27 de diciembre, por el que se regula el sistema de gestión y control de las intervenciones del Plan Estratégico y otras ayudas de la Política Agrícola Común. (BOE nº 312 del 29 de diciembre de 2022) Ligazón á normativa

    Ámbito Europeo
    • Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común, polo que se derroga o regulamento (UE) nº 1306/2013 (DOUE nº 435, de 6 de decembro de 2021) Ligazón á normativa

    • Corrección de erros do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común, polo que se derroga o regulamento (UE) nº 1306/2013. (DOUE nº 29, de 10 de febreiro de 2022) Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano