Guía de procedementos e servizos

IN822D

Premio ao Talento Innovador na Administración Pública Galega

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2026 - Prazo aberto: 14/10/2026 00:00 - 13/11/2026 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Que é e para que serve

A concesión do premio ao talento innovador na Administración pública galega que ten por finalidade recoñecer o compromiso e a actitude innovadora do persoal ao servizo da Xunta de Galicia, xa que fai posible unha Administración pública máis eficiente, moderna e innovadora, capaz de satisfacer as necesidades da cidadanía.

Quen pode solicitalo

Poderá participar nesta convocatoria todo o persoal funcionario e laboral, incluído no artigo 4.a) e 4.c) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Requisitos

1. A participación poderá ser individual ou en equipo. O número máximo de integrantes dunha candidatura é de tres persoas e, neste caso, deberá indicarse expresamente a persoa física designada como portavoz do equipo, que será a encargada das comunicacións.

2. Aínda que cumpran os requisitos da convocatoria, non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas nas que concorran algunhas das causas de exclusión recollidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; nas súas normas de desenvolvemento; ou en calquera dos apartados desta convocatoria.

3. Non poderá ser beneficiario o persoal incluído no artigo 37 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

4. O persoal que preste servizos no Sistema público de saúde de Galicia poderá presentar as súas candidaturas e participar plenamente, sempre que o proxecto presentado sexa de aplicación fóra do sistema sanitario galego, ámbito ao que se circunscribe a Resolución do 23 de marzo de 2026 pola que se aproban as bases da VI edición dos Premios de innovación en saúde 2026.

5. Non poderán presentarse a este premio os proxectos que xa resultasen gañadores nalgunha das edicións anteriores.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: ABERTO

14/10/2026 00:00 - 13/11/2026 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes desde o día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.


Como se tramita

Esta solicitude débese presentar por internet a través da sede electrónica. 

Tramitar en liña

A solicitude débela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña: 

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón. 

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que se realizase a emenda.

2. As persoas interesadas serán responsables da veracidade dos datos achegados e do contido dos documentos que presenten, de acordo coa normativa en materia de protección de datos de carácter persoal e coas disposicións relativas á propiedade intelectual e industrial. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo de documentos, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán cubrir o formulario de solicitude (anexo I).

2. Xunto coa solicitude (anexo I), deberase achegar a seguinte documentación:

– Ficha da postulación (anexo II).

– Pluralidade de persoas solicitantes (anexo III), de ser o caso.

– Adicionalmente, poderá presentarse unha memoria complementaria, en formato escrito ou audiovisual, que achegue información ampliada sobre a candidatura. Esta memoria terá carácter opcional e non substitúe nin exime da obrigatoriedade de presentar os anexos exixidos.

3. A ficha de postulación (anexo II) recolle unha síntese da proposta e presentarase como anexo á solicitude, sen necesidade de sinatura. Non se admitirán anexos adicionais nin modificacións do formato. Debe contar cos seguintes apartados:

a) Na categoría de «Identificación de oportunidades»: resumo da postulación; campo ou problemática que se pretende resolver; explicación do impacto, beneficios e efecto dinamizador sobre o escenario actual e as posibles liñas de traballo e accións para a súa implantación.

b) Na categoría «Desenvolvemento de iniciativas innovadoras»: resumo da postulación; proposta ou formulación do proxecto; liñas principais de acción; fases planificadas e estado de desenvolvemento; alcance previsto e, de ser o caso, estado de implementación e resultados obtidos ou esperables.

c) Na categoría «Simplificación administrativa»: resumo da postulación; campo ou problemática que se pretende resolver; ámbito de aplicación; incidencia en aspectos regulatorios, organizativos ou tecnolóxicos concretos; escalabilidade e posibilidades de implementación noutros sectores.

Co obxecto de garantir o anonimato, na ficha de postulación non poderá figurar ningún dato persoal da persoa ou do equipo autor das propostas. Para estes efectos, o órgano instrutor facilitaralle ao comité de avaliación unicamente o documento que conteña o texto dos traballos presentados e os datos non identificativos incluídos no anexo II, custodiando a identidade da persoa autora até a resolución do procedemento.

4. Anexo III, declaración de pluralidade de persoas solicitantes.

No caso de que se trate dunha candidatura en equipo, os membros do mesmo, exceptuando ao representante, deben cumprimentar este anexo III referente á pluralidade de persoas que presenta a solicitude. Recolle os datos dun solicitante que actúe como representante do equipo e a relación de terceiras persoas solicitantes. Unha vez cuberta debe ser asinada por todos os membros do equipo. Naqueles casos nos que o solicitante sexa una persoa individual, non será preciso achegar o anexo III.

5. Documentación complementaria adicional.

Admítese que a solicitude e o seu anexo poidan complementarse con material adicional que permita explicar mellor a proposta, presentarase sempre por medios electrónicos. Esta documentación complementaria adicional pode consistir en documentación impresa ou material audiovisual. O tamaño, a extensión e/ou a duración deberán limitarse ao mínimo que se considere imprescindible. Esta documentación complementaria deberá respectar o anonimato das persoas solicitantes e, en ningún caso, poderá exceder os límites de extensión establecidos na convocatoria.

6. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

7. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase o tamaño máximo permitido ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no punto 6. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos, que obren en poder da Administración actuante ou que fosen elaborados por outras administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña expresamente á súa consulta no formulario de solicitude (anexo I) ou no anexo III de pluralidade de persoas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante, representante e, no caso de candidaturas colectivas, de todas as persoas integrantes do equipo.

b) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da persoa solicitante e, no caso de candidaturas colectivas, de todas as persoas integrantes do equipo.

c) Certificación de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia da persoa solicitante e, no caso de candidaturas colectivas, de todas as persoas integrantes do equipo.

d) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas da persoa solicitante e, no caso de candidaturas colectivas, de todas as persoas integrantes do equipo.

e) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT da persoa solicitante e, no caso de candidaturas colectivas, de todas as persoas integrantes do equipo.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta dos datos, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar a documentación acreditativa. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, se non fose posible obter os datos citados, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores 

Todos os trámites administrativos que deban realizar as persoas interesadas tras a presentación da solicitude efectuaranse exclusivamente por medios electrónicos, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Anexos

  • Fase de Solicitude
  • Pluralidade de persoas solicitantes (Anexo III)
  • Ficha de postulación (Anexo II)

Que vai pasar despois de que o presente

Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?

Tres meses

Que ocorre se non recibes resposta?

Se pasa o prazo establecido para resolver e non recibes unha resposta expresa, a túa solicitude considérase desestimada por silencio administrativo.

Isto significa que a solicitude non se considera aprobada.

A Administración segue estando obrigada a resolver a túa solicitude aínda que transcorra este prazo.

A resolución pode ser:

  • Estimatoria (cando aprobamos a túa solicitude).
  • Desestimatoria (cando non aprobamos a túa solicitude).

Se non aprobamos a túa solicitude, podes presentar un recurso para pedir que revisemos a decisión.

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Axencia Galega de Innovación (GAIN)

Área de Estratexias e Programas

Rúa Airas Nunes, s/n

15702  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957866

Email: programas.gain@xunta.gal

http://gain.xunta.gal

Órgano responsable

Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Resolución do 1 de outubro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras do VIII Premio ao talento innovador na Administración pública galega e se convoca para o ano 2026 (DOG nº 194 do 13 de outubro de 2026). Ligazón á normativa

    • Extracto da Resolución do 1 de outubro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras do VIII Premio ao talento innovador na Administración pública galega e se convoca para o ano 2026 (DOG nº 194 do 13 de outubro de 2026). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IN822E

Premios Galicia de Innovación e deseño.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 13/07/2023 00:00 - 02/10/2023 23:59