Guía de procedementos e servizos

IN649A

Autorización/modificación de empresa de venda e/ou asistencia técnica de equipos e instalacións de Raios X de diagnóstico médico.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Economía e Industria

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Calquera actuación relacionada coa venda e asistencia técnica dos equipos e instalacións de raios X con fins de diagnóstico médico, incluída a súa importación, deberá ser realizada por empresas ou entidades autorizadas ao efecto.

Estas, deberán formular a correspondente solicitude ante o órgano competente da Comunidade Autónoma na que estean situadas, facendo constar, detalladamente, as actividades para as que se solicita a autorización e presentando a documentación que acredite a súa capacidade técnica para desenvolvelas.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial

Servizo de Administración Industrial - Segapi

R/ Avelino Pousa Antelo, 5 (San Lázaro)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957187/ 981545572

Fax: 981957192

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

A Dirección Xeral de Enerxía e Minas solicitará un informe ao Consello de Seguridade Nuclear nos casos de concesión de autorización, modificación das actividades desenvoltas e cambio de titularidade. Dito informe é preceptivo e vinculante.

  • Inscrición en rexistros oficiais. Primeira inscrición. Modificacións da primeira inscrición. ( 30.02.00)
  • Autorización e rexistro de empresas de venda e asistencia técnica de equipos e instalacións de raios X con fins de diagnóstico médico. ( 32.07.10)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Documentación para a presentación.

  • A. AUTORIZACIÓN:

    • Solicitude segundo o Anexo I.

    • Memoria das actividades a desenvolver, especificando se é venda, asistencia técnica ou ambas e, no seu caso, a importación.

    • Experiencia do persoal da empresa en actividades da mesma índole.

    • Organización do persoal e normas de funcionamento da empresa.

    • Relación do persoal técnico, con expresión da súa titulación, cualificación e experiencia profesional.

    • Relación das instalacións, equipos e medios materiais de que dispón a empresa ou entidade para desenvolver as súas actividades.

    • No seu caso, procedemento para garantir a protección radiolóxica dos traballadores expostos.

    • Xustifícante de pagamento das taxas administrativas (Código: 32.07.10).

B. MODIFICACIÓN:

B.1 Modificación da actividade desenvolvida:

B.2 Cambio de titular:

  • Documentación xustificativa do cambio de titularidade.

  • Xustifícante de pagamento das taxas administrativas (Código: 32.07.10).

B.3 Cambio de domicilio:

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Xustifícante de pagamento das taxas administrativas (Código: 30.02.00).

  • C.BAIXA:

    • Solicitude segundo o Anexo I.

    • Xustifícante de pagamento das taxas administrativas (Código: 30.02.00).

Despois de presentar

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 1085/2009, do 3 de xullo, polo que se aproba o Regulamento sobre instalación e utilización de aparatos de raios X con fins de diagnóstico médico (BOE nº 173 do 18 de xullo de 2009).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IG500A

Novacións modificativas nos préstamos concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) nos diversos programas instrumentados ao abeiro do decreto 133/2002

IN201B

Obtención/renovación do obradoiro artesán

Tramitar en liña

Aberto todo o ano