Guía de procedementos e servizos

IN638A

Inscrición no Rexistro de instalacións de raios X con fins de diagnóstico médico.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Economía e Industria

Sobre o procedemento

Antes da posta en funcionamento das instalacións de raios X con fins de diagnóstico médico, a súa existencia deberá ser declarada polos seus titulares ante a Dirección Xeral de Enerxía e Minas. Ademais, o cesamento na utilización das instalacións, así como a ampliación ou diminución de equipos de raios X e, en xeral, calquera modificación importante, esixirá así mesmo un trámite de declaración que terá que someterse ao establecido no procedemento IN638B.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial

Servizo de Administración Industrial - Segapi

Edificio Administrativo San Caetano s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545572/ 981957187

Fax: 981957192

Servizo de Administración Industrial - Segapi
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

  • Autorización, inscrición, baixa ou modificación da inscrición no rexistro de instalacións de raios X con fins de diagnóstico médico. ( 32.07.11)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Copia do DNI ou NIE da persoa física solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.

  • Declaración do/a titular para o rexistro (anexo I.a do Rd 1085/2009, do 3 de xullo).

  • Declaración do proxecto e planos das salas ou vehículos (anexo I.b do Rd 1085/2009, do 3 de xullo).

  • Certificado de conformidade dos equipos para o seu rexistro (anexo II do Rd 1085/20009, do 3 de xullo).

  • Certificado de conformidade da instalación para o seu rexistro (anexo III do Rd 1085/2009, do 3 de xullo).

  • Xustificante do pagamento das taxas administrativas (Código: 32.07.11).

  • Copia do NIF de persoa xurídica solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.

  • Acreditación para dirixir instalacións de raios X.

  • Planos da instalación.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Un mes

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).

    • Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 1085/2009, do 3 de xullo, polo que se aproba o Regulamento sobre instalación e utilización de aparatos de raios X con fins de diagnóstico médico (BOE nº 173 do 18 de xullo de 2009).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Aberto todo o ano

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504E

Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano