Guía de procedementos e servizos

IN633A

Habilitación-modificación de organismos de control autorizados.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Economía e Industria

Sobre o procedemento

Antes de comezar as súas actividades como organismos de control autorizados, as persoas físicas ou xurídicas deberán presentar, ante a consellería competente en materia de industria, unha declaración responsable na cal a persoa titular ou representante legal da empresa declare que cumpre os requisitos que se esixen na normativa reguladora, que dispón da documentación que así o acredita e que se compromete a mantelos durante a vixencia da actividade.

O presente decreto será de aplicación aos organismos de control que inicien a súa actividade ou sitúen instalacións no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia como inicio da súa actividade en España.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial

Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4ª planta

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957187/ 981545572

Fax: 981957192

http://economiaeindustria.xunta.es

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Os organismos de control, para seren habilitados, deberán cumprir os requisitos que se establecen no artigo 43º do regulamento de infraestrutura para a calidade e a seguridade industrial aprobado polo Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, modificado polo Real decreto 338/2010, do 19 de marzo.

  • Declaración de responsable, comunicación previa ou notificación de organismos de control, entidades de certificación de conformidade municipal e verificadores medioambientais ( 32.07.15)
  • Cambio de titularidade ou ampliación/redución nos campos de actuación dun organismo de control ou dunha entidade de certificación de conformidade municipal: o 50% da subalínea 15 ( 32.07.19)
  • Presentación de declaracións responsables de modificación ou cese de actividade ( 32.07.23)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

  • Declaración responsable segundo modelo publicado no apartado “Solicitude”.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 54/2011, do 24 de marzo, polo que se regula a autorización e a actuación dos organismos de control en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 66 do 4 de abril de 2011).

    • Corrección de erros.-Decreto 54/2011, do 24 de marzo, polo que se regula a autorización e a actuación dos organismos de control en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 70 do 8 de abril de 2011).

    • Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 21/1992, do 16 de xullo, de Industria (BOE nº 176 do 23 de xullo de 1992).

    • Real Decreto 825/1993, do 28 de maio, polo que se determina as medidas laborais e de Seguridade Social específicas a que se refire o artigo 6 da Lei 21/1992, do 16 de xullo, de Industria (BOE nº 146 do 19 de xuño de 1993).

    • Real Decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da Infraestrutura para a Calidade e a Seguridade Industrial (BOE nº 32 do 6 de febreiro de 1996).

    • Corrección de erros do Real Decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da Infraestrutura para a Calidade e a Seguridade Industrial (BOE nº 57 do 6 de marzo de 1996).

    • Real Decreto 411/1997, do 21 de marzo, polo que se modifica o Real Decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da Infraestrutura para a Calidade e Seguridade Industrial (BOE nº 100 do 26 de abril de 1997).

    • Real Decreto 338/2010, do 19 de marzo, polo que se modifica o Regulamento da Infraestrutura para a calidade e seguridade industrial, aprobado polo Real Decreto 2200/1995, do 28 de decembro (BOE nº 84, do 7 de abril de 2010).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IG500A

Novacións modificativas nos préstamos concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) nos diversos programas instrumentados ao abeiro do decreto 133/2002

IN201B

Obtención/renovación do obradoiro artesán

Tramitar en liña

Aberto todo o ano