Guía de procedementos e servizos

IN630A

Acreditación como laboratorio para vehículos históricos.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Prazo pechado: 05/07/1996 00:00 - 02/05/2025 23:59

Consellería de Economía e Industria

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento
Si vostede quere acreditar un laboratorio da súa propiedade, como laboratorio de vehículos históricos deberá presentar unha solicitude con documentación que se sinala, ante a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.
A actuación dos laboratorios acreditativos para vehículos históricos terá por obxeto inspecciona-los vehículos que se pretendan catalogar como históricos e emitir dictame acerca da autenticidade do vehículo, características técnicas, exencións e condicións técnicas que o vehículo debe cumprir nas inspeccións periódicas, frecuencia das mesmas e posibles limitacións á circulación.
A acreditación como laboratorio para vehículos históricos terá unha validez de dous anos, podéndose prorrogar por iguais prazos sempre que se acredite o cumprimento dos requisitos establecidos.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial

Complexo administrativo de San Lázaro, s/n

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545572

Email: cei.sxai@xunta.gal

Servizo de Administración Industrial - Segapi
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

05/07/1996 00:00 - 02/05/2025 23:59

Péchase o prazo de presentación de solicitudes en virtude da publicación no Diario Oficial de Galicia do 2 de maio de 2025, do procedemento IN630C para a habilitación como Servizo Técnico de Vehículos Históricos. Esta nova figura pasa a desempeñar, esencialmente, a labor que lle correspondía aos laboratorios oficiais de vehículos históricos, desde a entrada en vigor do Real decreto 892/2024, do 10 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de vehículos históricos.

  • Laboratorio Oficial de Vehículos Históricos ( 32.73.00)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Solicitude

  • Estar vinculados a Centros Oficiais de Ensinanza da Comunidade Autónoma de Galicia, nos que se impartan materias relacionadas coa tecnica do automóbil

  • Non ter ningún tipo de participación, nin estar participado por entidades que están relacionados coa industria do automóbil

  • A entidade ou organismo, os seus directivos e o persoal, encargado das operacións de verificación e control non poderán intervir directamente, nin como representante, intermediario ou axente, no proxecto, construcción, comercialización, suministro, instalación ou mantemento dos automóbiles que está autorizado a verificar como Laboratorio Oficial Acreditado

  • Ter cuberta a responsabilidade civil que poidera derivarse da súa actuación mediante a oportuna póliza de seguros, por unha contía mínima de 10.000.000 de ptas., con cláusula de actualización anual segundo o índice de prezos ó consumo do Instituto Nacional de Estatística

  • Como responsable tecnico do Laboratorio deberá existir un tecnico titulado de grao superior ou medio e persoal auxiliar suficiente para o normal desenvolvemento da actividade

    • do 90% de vehículos censados polos clubes de vehículos históricos de Galicia

    • dos vehículos fabricados no ámbito da CE dende 1970

  • No prazo de dous anos obterá información tecnica acerca dos vehículos fabricados en España dende o inicio do automóvil, e no prazo de 4 anos da producción mundial dende o inicio do automóvil

    • Dispor dun productor de actuación que defina con precisión a metodoloxía a seguir para a inspección dos vehículos e a tabla de tarifas a aplicar, aprobado pola Dirección Xeral de Industria

    • Contar coas instalacións, equipos e elementos suficientes para efectuar as inspeccións dos vehículos

    • Dispor dos medios informáticos que permitan unha xestión eficaz da base de datos propia e conexión vía modem e fax a outras bases de datos

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Estatal
    • Real decreto 892/2024, de 10 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de Vehículos Históricos (BOE nº 226, de 18 de setimbro de 2024).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504E

Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IG534D

Novacións de débedas

Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 30/12/2025 14:00