Guía de procedementos e servizos

IN624C

Instalacións de distribución polo miúdo de productos petrolíferos líquidos. Subministración a vehículos.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Economía e Industria

Sobre o procedemento

A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.

Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.

Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.

Regular os procedementos de comunicación de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos, que terán asignados os códigos de procedemento IN624C e IN624D.

Publicar os modelos de comunicación de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos, que se recollen nos anexos I e II desta resolución.

O titular da instalación de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos, unha vez finalizada a súa execución e previamente á súa posta en servizo, deberá presentar unha das comunicacións cuxos modelos se recollen como anexos I e II deste decreto, segundo corresponda polo tipo de instalación.

A presentación da comunicación comportará a inscrición de oficio da instalación no Rexistro de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos. A inscrición no Rexistro non supón un pronunciamento favorable da Administración sobre a idoneidade das instalacións respecto da normativa que lle sexa de aplicación.

Unha vez presentada a comunicación, poderase iniciar a actividade de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos, sen prexuízo das facultades de verificación e control das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de industria.

Instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

Servizo de Industria da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184906

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo

Servizo de Industria de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294975/ 982294814

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense

Servizo de Industria de Ourense

R/ Curros Enríquez, 1-4º

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386755

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Servizo de Industria de Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, 43-5º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805255

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas
Requisitos e documentación

A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.

Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.

Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.

Prazo de presentación: ABERTO

Prazo aberto todo o ano.

As comunicacións presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados recollidos nos anexos I e II, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa comunicación presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da comunicación aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Procedemento IN624C «Instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos. Subministración a vehículos»:

a) Alta de instalación:

Proxecto.

Dirección de obra.

Certificado de probas de resistencia e estanquidade antes de soterrar as canalizacións.

Certificado de instalación emitido por unha empresa instaladora habilitada.

Aprobación de modelo e de verificación primitiva ou declaración de conformidade CE para os aparellos surtidores.

Contrato de subministración en exclusiva ou de outorgamento do título que confira a xestión directa ou indirecta da instalación, de ser o caso.

b) Baixa de instalación:

Documentación que reflicta a posta en fóra de servizo de toda a instalación.

Certificado de realización das obras de posta en fóra de servizo.

Certificado de realización da inertización de depósitos.

Documentos de xestión dos residuos tras a retirada dos depósitos.

c) Cesamente de actividade de duración superior a un mes:

Comunicación do período de tempo que estará pechada.

Certificado de organismo de control da limpeza e desgasificación dos depósitos.

Documento de control e seguimento de residuos perigosos.

Documentación acreditativa en que se indiquen as medidas de seguridade adoptadas para o bo mantemento das instalacións durante o cesamento.

d) Cambio de titularidade:

Documento acreditativo da nova titularidade.

e) Modificación substancial:

e.1) Substitución total ou parcial de tanques xunto coas tubaxes asociadas:

Proxecto.

Dirección de obra.

Certificado de instalación emitido por unha empresa instaladora habilitada.

Certificado das probas de resistencia e estanquidade.

Certificado do cumprimento da MI-IP-06.

e.2) Incremento da capacidade de almacenamento e/ou das tubaxes de impulsión, de aspiración ou de vapor:

Proxecto.

Dirección de obra.

Certificado de instalación emitido por empresa instaladora habilitada.

Certificado das probas de resistencia e estanquidade.

Certificado do cumprimento da MI-IP-06.

e.3) Incremento das posicións de subministración e/ou das tubaxes de impulsión, de aspiración ou de vapor:

Proxecto.

Dirección de obra.

Certificado de instalación emitido por unha empresa instaladora habilitada.

Certificado das probas de resistencia e estanquidade.

e.4) Incorporación de instalacións de subministración de combustibles gasosos ou calquera outro tipo de enerxía para a subministración a vehículos:

Proxecto da instalación en que se xustifique o cumprimento do regulamento correspondente segundo a instalación que se incorpore (baixa tensión, combustibles gasosos, etc.) e o cumprimento da MI-IP-04.

Dirección de obra.

Legalización da instalación que se incorpore.

e.5) Ampliacións ou modificacións de importancia da instalación eléctrica conforme o Regulamento de baixa tensión:

Proxecto da ampliación ou modificación na instalación eléctrica de baixa tensión onde se xustifique tamén o cumprimento da MI-IP-04.

Dirección de obra.

Legalización da instalación de baixa tensión.

e.6) Cambio de réxime de instalación atendida a desatendida:

Proxecto.

Dirección de obra.

Certificado de instalador de produtos petrolíferos líquidos de que a instalación segue a cumprir coa ITC MI-IP-04.

Declaración de conformidade dos surtidores (se procede).

Avaliación técnica de idoneidade do sistema de extinción automática (se procede).

Legalización da instalación de protección contra incendios.

Legalización da instalación de baixa tensión (se procede).

Protocolo de actuación no caso de descarga da cisterna unicamente polo condutor dela.

Contrato co centro de control, se é alleo; no caso de ser propio, o proxecto deberá xustificar o cumprimento do establecido no punto 13.2 da ITC-IP-04.

Para as instalacións que operen as 24 horas do día en réxime desatendido, procedemento de inspección periódica e libro de visitas.

e.7) Reparación in situ de tanques enterrados:

Certificado de organismo de control da limpeza e desgasificación dos depósitos.

Certificado emitido pola empresa reparadora onde se fagan constar os resultados dos traballos que foron realizados conforme o informe UNE 53991 IN e o estudo-proxecto presentado ante a Comunidade Autónoma.

Documento de control e seguimento de residuos perigosos.

e.8) Transformación in situ de tanques enterrados de simple a dobre parede:

Certificado de organismo de control da limpeza e desgasificación dos depósitos.

Certificado emitido pola empresa reparadora onde se certifiquen os ensaios realizados e a conformidade coa norma UNE 62422 ou UNE 53935.

Documento de control e seguimento de residuos perigosos.

e.9) Compartimentación in situ de tanques enterrados:

Certificado de organismo de control da limpeza e desgasificación dos depósitos.

Certificado emitido pola empresa reparadora onde se certifiquen os ensaios realizados e a conformidade coa norma UNE que aplique para a compartimentación in situ.

Documento de control e seguimento de residuos perigosos.

f) Outras modificacións:

Memoria descritiva das modificacións realizadas.

Forma de presentación da documentación complementaria:

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da comunicación, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos:

Para tramitar estes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

1. DNI ou NIE da persoa comunicante.

2. DNI ou NIE da persoa representante.

3. NIF da persoa xurídica comunicante.

4. NIF da persoa xurídica representante.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites posteriores:

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da comunicación deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.

Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.

Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 14 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se regulan os procedementos de comunicación de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos (códigos de procedemento IN624C e IN624D) e a súa inscrición de oficio no Rexistro de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos de Galicia (DOG nº 2 do 5 de xaneiro de 2021).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 2085/1994, do 20 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de instalacións petrolíferas (BOE nº 23 do 27 de xaneiro de 1995).

    • Corrección de erros do Real Decreto 2085/1994, do 20 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de instalacións petrolíferas (BOE nº 94, do 20 de abril de 1995).

    • Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos (BOE nº 241 do 8 de outubro de 1998).

    • Corrección de erros da Lei 34/1998, de 7 de outubro, do sector de hidrocarburos (BOE nº 29 de 3 de febreiro de 1999).

    • Real Decreto 1523/1999, do 1 de outubro, polo que se modifica o Regulamento de instalacións petrolíferas, aprobado por Real Decreto 2085/1994, do 20 de outubro, e as instruccións técnicas complementarias MI-IP03, aprobada polo Real Decreto 1427/1997, do 15 de setembro, e MI-IP04, aprobada polo Real Decreto 2201/1995, do 28 de decembro (BOE nº 253 do 22 de outubro de 1999).

    • Corrección de erros do Real Decreto 1523/1999, do 1 de outubro, polo que se modifica o Regulamento de instalacións petrolíferas, aprobado por Real Decreto 2085/1994, do 20 de outubro, e as instrucións técnicas complementarias O MEU-IP03, aprobada polo Real Decreto 1427/1997, do 15 de setembro, e O MEU-IP04, aprobada polo Real Decreto 2201/1995, do 28 de decembro (BOE nº 54 do 3 de marzo de 2000).

    • Real Decreto 1416/2006, de 1 de decembro, polo que se aproba a Instrución Técnica Complementaria MI-IP 06 «Procedemento para deixar fóra de servizo os tanques de almacenamiento de produtos petrolíferos líquidos» (BOE nº 307 de 25 de decembro de 2006).

    • Lei 12/2007, de 2 de xullo, pola que se modifica a Lei 34/1998, de 7 de outubro, do Sector de Hidrocarburos, co fin de adaptala ao disposto na Directiva 2003/55/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 26 de xuño de 2003, sobre normas comúns para o mercado interior do gas natural (BOE nº 158, de 3 de xullo de 2007).

    • Real Decreto 706/2017, de 7 de xullo, polo que se aproba a instrución técnica complementaria MI-IP 04 "Instalacións para suministro a vehículos" e regúlanse determinados aspectos da reglamentación de instalacións petrolíferas (BOE nº 183 de 2 de agosto de 2017).

    • Real Decreto 542/2020, de 26 de maio, polo que se modifican e derogan diferentes disposicións en materia de calidade e seguridade industrial (BOE nº 172 de 20 de xuño de 2020).

    • Corrección de erros do Real Decreto 542/2020, de 26 de maio, polo que se modifican e derogan diferentes disposicións en materia de calidade e seguridade industrial (BOE nº 247 de 16 de setembro de 2020).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Aberto todo o ano

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504E

Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano