Guía de procedementos e servizos

IN622B

Inscrición/modificación no Rexistro de instalacións térmicas en edificios.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Para a posta en servizo de instalacións térmicas, tanto de nova planta como de reforma das existentes, ás que se refire o artigo 15.1a) e b) do Regulamento de instalacións térmicas nos edificios, será necesario o rexistro do Certificado da instalación no Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria correspondente.

As instalacións térmicas ás que se refire o artigo 15.1.c) non precisarán acreditar ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria correspondente que cumpren o regulamento.

Nos anexos desta guía do cidadán atópanse os impresos oficiais necesarios para o cumprimento do Regulamento, entre eles as solicitudes do procedemento, pero tamén os modelos de memoria técnica e certificado de instalación e o modelo de certificado de mantemento, entre outros.

Para mais información e consultas públicas acudir a:

http://oficinavirtualindustria.xunta.es/

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

Servizo de Industria da Coruña

Vicente Ferrer, 2 - 1ª planta

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184978/ 981184906

Fax: 981184790

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo

Servizo de Industria de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294961/ 982294814

Fax: 982294681

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense

Servizo de Industria de Ourense

Curros Enríquez, 1º-4º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386748/ 988386744

Fax: 988386727

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Servizo de Coordinación Industrial de Vigo

Praza da Estrela, s/n

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817551

Fax: 986817580

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Inscrición en rexistros oficiais. Primeira inscrición. Modificacións da primeira inscrición. ( 30.02.00)
  • Inscrición no rexistro de instalacións térmicas nos edificios ( 32.19.08)
  • Modificación no rexistro de instalacións térmicas nos edificios ( 32.19.36)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

  • As instalacións de potencia térmica maior de 70 kW, deberán presentar os seguintes documentos unha vez finalizadas as obras de instalación e efectuadas as probas correspondentes:

    • Solicitude de inscrición, segundo o anexo I desta orde.

    • Proxecto da instalación.

    • Certificado da instalación asinado polo instalador autorizado, selado pola empresa instaladora autorizada, asinado polo director da instalación, visado polo colexio oficial correspondente e acompañado das follas de resultados das probas realizadas segundo o artigo 22 do regulamento, segundo o anexo II desta orde .

    • En caso de que a instalación estea composta dun conxunto de instalacións térmicas, tantos certificados de instalacións individuais como xeradores térmicos existan, segundo o anexo V desta orde.

    • Certificado de inspección inicial coa cualificación de aceptable, cando sexa preceptivo.

    • Certificado da cheminea.

    • Contrato de mantemento con empresa mantedora autorizada.

  • As instalacións de potencia térmica entre 5 e 70 kW, deberán presentar os documentos seguintes unha vez finalizadas as obras de instalación e efectuadas as probas correspondentes :

    • Solicitude de inscrición, segundo o anexo I desta orde.

    • Certificado da instalación asinado polo instalador autorizado, selado pola empresa instaladora autorizada e acompañado das follas de resultados das probas realizadas segundo o artigo 22 do regulamento, segundo o anexo II desta orde.

    • En caso de que a instalación estea composta dun conxunto de instalacións térmicas, tantos certificados de instalacións individuais como xeradores térmicos existan, segundo o anexo V desta orde.

    • Memoria técnica, segundo o anexo III desta orde.

    • Plano de situación;

    • Plano de planta con indicación da situación dos emisores e trazado das conducións.

    • Esquema de principio da instalación;

    • Anexos de cálculo.

  • Documentación para a dedución por investimento en instalacións de climatización e/ou auga quente sanitaria que empregue enerxías renovables na vivenda:

    • Orzamento analizado da instalación.

    • Factura ou facturas emitida/s polo instalador habilitado.

    • O/os xustificante/s de pagamento pola totalidade do custo da instalación

    • No caso de se efectuar o investimento por unha comunidade de propietarios: certificado, emitido polo seu representante legal, das achegas económicas correspondentes a cada comuneiro.

  • Non serán obxecto de inscrición as instalacións de xeradores de calor de fogar aberto agás no caso de que estean conectadas a redes de tubarias e/ou a conduto, debendo cumprir o punto 6 da IT.1.3.4.1.1 do regulamento.

    No caso das instalacións de ventilación sen tratamento térmico, procederá a tramitación administrativa sempre que a súa potencia eléctrica nominal sexa superior 5 kW.

  • A presentación das solicitudes dos procedementos que se indican no anexo I da Resolución do 22 de xullo de 2014, realizarase unicamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, e na oficina virtual de Industria, http://oficinavirtualindustria.xunta.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade (DNI) electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

    A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A oficina virtual de Industria, http://oficinavirtualindustria.xunta.es permite a consulta en liña da información relacionada cos procedementos vinculados ao órgano competente en materia de industria, ademais do acceso a unha serie de servizos electrónicos para realizar xestións e consultas.

    De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación de solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, planta 4ª, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a lopd.industria@xunta.es

    Co obxectivo de manter adaptados á normativa vixente os formularios vinculados a normas reguladoras de procedementos administrativos de prazo aberto, estes poderán ser actualizados na sede electrónica da Xunta de Galicia, sen necesidade de publicalos novamente no Diario Oficial de Galicia (DOG), sempre que a modificación ou actualización non supoña unha modificación substancial deste. Por conseguinte, para a presentación das solicitudes será necesario utilizar os formularios normalizados, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente actualizados e accesibles para as persoas interesadas.

    Amplíase en tres meses máis, ata o 26 de febreiro de 2015 (inclusive), o prazo para poder presentar en soporte papel as solicitudes dos procedementos que se indican no anexo I da Resolución do 22 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se informa sobre a tramitación electrónica de diversos procedementos (DOG núm. 160, do 25 de agosto).

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 22 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se informa sobre a tramitación electrónica de diversos procedementos (DOG nº 160 do 25 de agosto de 2014).

    • Resolución do 6 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se amplía o prazo para a presentación en soporte papel de diversas solicitudes (DOG nº 224 do 21 de novembro de 2014).

    • Orde do 24 de febreiro de 2010 pola que se regula a aplicación, na Comunidade Autónoma de Galicia, do Regulamento de instalacións térmicas nos edificios aprobado polo Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo (DOG nº 53 de 18 de marzo de 2010).

    • Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 1027/2007, do 20 de xullo polo que se aproba o Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios (BOE nº 207 do 29 de agosto de 2007).

    • Corrección de erros do Real Decreto 1027/2007, do 20 de xullo polo que se aproba o Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios (BOE nº 51, do 28 de febreiro de 2008).

    • Real Decreto 1826/2009, de 27 de novembro, polo que se modifica o Real Decreto 1027/2007, do 20 de xullo polo que se aproba o Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios

    • Corrección de erros do Real Decreto 1826/2009, de 27 de novembro, polo que se modifica o Real Decreto 1027/2007, do 20 de xullo polo que se aproba o Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios, do 20 de xullo

    • Corrección de erros do Real Decreto 1826/2009, de 27 de novembro, polo que se modifica o Real Decreto 1027/2007, do 20 de xullo polo que se aproba o Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios, do 20 de xullo

    • Real Decreto 238/2013, de 5 de abril, polo que se modifican determinados artigos e instrucións técnicas do Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios, aprobado por Real Decreto 1027/2007, do 20 de xullo

    • Corrección de erros do Real Decreto 238/2013, de 5 de abril, polo que se modifican determinados artigos e instrucións técnicas do Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios, aprobado por Real Decreto 1027/2007, do 20 de xullo

Outros procedementos relacionados

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Aberto todo o ano

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504E

Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano