Guía de procedementos e servizos

IN621A

Rexistro de instalacións frigoríficas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Economía e Industria

Sobre o procedemento

Con motivo da inscrición, modificación (ampliación ou substitución por equipos diferentes) ou traslado dunha instalación frigorífica, e para cumplir co disposto no artigo 21 do Real decreto 138/2011, do 4 de febreiro, a persoa titular da instalación deberá presentar perante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria a pertinente solicitude de rexistro con carácter previo á posta en servizo da instalación.

Se a persoa titular dunha instalación frigorífica vai executar unha modificación (ampliación ou substitución por equipos equivalentes) ou ben vai desmantelar ou dar de baixa a instalación deberá comunicalo á Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria.

Para mais información e consultas públicas acudir a:

http://oficinavirtualindustria.xunta.es/

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

Servizo de Industria da Coruña

Vicente Ferrer, 2 - 1ª planta

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184906/ 981182294

Fax: 981184790

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo

Servizo de Industria de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294975/ 982294814

Fax: 982294681

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense

Servizo de Industria de Ourense

Curros Enríquez, 1º-4º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386748/ 988386744

Fax: 988386727

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Servizo de Industria de Pontevedra

Rúa Fernández Ladreda, 43-5º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805255

Fax: 986817580

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Inscrición en rexistros oficiais. Primeira inscrición. Modificacións da primeira inscrición. ( 30.02.00)
  • Inscrición no rexistro de instalacións frigoríficas ( 32.19.05)
  • Modificación no rexistro de instalacións frigoríficas ( 32.19.35)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

  • Para a inscrición dunha instalación de nivel 1:

    • Memoria técnica da instalación executada

    • Certificado da instalación subscrito pola empresa frigorista e, no seu caso, polo director da instalación

    • Declaracións de conformidade dos equipos a presión e, no seu caso, dos accesorios de seguridade ou presión (RD 769/1999, de 7 de maio, e RD 1495/1991, do 11 de outubro)

    • Certificado da instalación eléctrica

  • Para a modificación(ampliación ou substitución por equipos diferentes) ou traslado dunha instalación de nivel 1:

    • Memoria técnica da instalación executada

    • Certificado da instalación subscrito pola empresa frigorista e, no seu caso, polo director da instalación

    • Declaracións de conformidade dos equipos a presión e, no seu caso, dos accesorios de seguridade ou presión (RD 769/1999, de 7 de maio, e RD 1495/1991, do 11 de outubro)

    • Certificado da instalación eléctrica

    • Libro de rexistro da instalación frigorífica

  • Para a inscrición dunha instalación de nivel 2:

    • Proxecto técnico da instalación executada

    • Certificado da instalación subscrito pola empresa frigorista e, no seu caso, polo director da instalación

    • Declaracións de conformidade dos equipos a presión e, no seu caso, dos accesorios de seguridade ou presión (RD 769/1999, de 7 de maio, e RD 1495/1991, do 11 de outubro)

    • Certificado da instalación eléctrica

    • Copia da póliza do seguro de responsabilidade civil ou garantía equivalente. (Instalacións de nivel 2 que utilicen refrixerantes de media ou baixa seguridade (L2 e L3)

    • Contrato de mantemento da instalación frigorífica

    • Certificado técnico de dirección de obra

  • Para a modificación(ampliación ou substitución por equipos diferentes) ou traslado dunha instalación de nivel 2:

    • Proxecto técnico da instalación executada

    • Certificado da instalación subscrito pola empresa frigorista e, no seu caso, polo director da instalación

    • Declaracións de conformidade dos equipos a presión e, no seu caso, dos accesorios de seguridade ou presión (RD 769/1999, de 7 de maio, e RD 1495/1991, do 11 de outubro)

    • Certificado da instalación eléctrica

    • Copia da póliza do seguro de responsabilidade civil ou garantía equivalente. (Instalacións de nivel 2 que utilicen refrixerantes de media ou baixa seguridade (L2 e L3)

    • Contrato de mantemento da instalación frigorífica

    • Libro de rexistro da instalación frigorífica

    • Certificado técnico de dirección de obra

  • Para dar de baixa unha instalación:

    • Solicitude

    • Certificado técnico do correcto desmantelamento da instalación frigorífica subscrito pola empresa frigorista

  • Para comunicar unha modificación(ampliación ou substitución por equipos equivalentes):

    • Solicitude

  • NOTA: As instalacións frigoríficas clasifícanse en función do risco potencial nas categorías seguintes:

    Nivel 1. Instalacións formadas por un ou varios sistemas frigoríficos independentes entre si, cunha potencia eléctrica instalada nos compresores por cada sistema inferior ou igual a 30 kW, sempre que a suma total das potencias eléctricas instaladas nos compresores frigoríficos non exceda 100 kW, ou por equipamentos compactos de calquera potencia, sempre que en ambos os casos utilicen refrixerantes de alta seguranza (L1) e que non refrixeren cámaras ou conxuntos de cámaras de atmosfera artificial de calquera volume.

    Nivel 2. Instalacións formadas por un ou varios sistemas frigoríficos independentes entre si, cunha potencia eléctrica instalada nos compresores superior a 30 kW nalgún dos sistemas, ou que a suma total das potencias eléctricas instaladas nos compresores frigoríficos exceda 100 kW, ou que arrefríen cámaras de atmosfera artificial, ou que utilicen refrixerantes de media e baixa seguranza (L2 e L3).

  • A presentación das solicitudes dos procedementos que se indican no anexo I da Resolución do 22 de xullo de 2014, realizarase unicamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, e na oficina virtual de Industria, http://oficinavirtualindustria.xunta.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade (DNI) electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

    A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A oficina virtual de Industria, http://oficinavirtualindustria.xunta.es permite a consulta en liña da información relacionada cos procedementos vinculados ao órgano competente en materia de industria, ademais do acceso a unha serie de servizos electrónicos para realizar xestións e consultas.

    De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación de solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, planta 4ª, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a lopd.industria@xunta.es

    Co obxectivo de manter adaptados á normativa vixente os formularios vinculados a normas reguladoras de procedementos administrativos de prazo aberto, estes poderán ser actualizados na sede electrónica da Xunta de Galicia, sen necesidade de publicalos novamente no Diario Oficial de Galicia (DOG), sempre que a modificación ou actualización non supoña unha modificación substancial deste. Por conseguinte, para a presentación das solicitudes será necesario utilizar os formularios normalizados, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente actualizados e accesibles para as persoas interesadas.

    Amplíase en tres meses máis, ata o 26 de febreiro de 2015 (inclusive), o prazo para poder presentar en soporte papel as solicitudes dos procedementos que se indican no anexo I da Resolución do 22 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se informa sobre a tramitación electrónica de diversos procedementos (DOG núm. 160, do 25 de agosto).

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 22 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se informa sobre a tramitación electrónica de diversos procedementos (DOG nº 160 do 25 de agosto de 2014).

    • Resolución do 6 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se amplía o prazo para a presentación en soporte papel de diversas solicitudes (DOG nº 224 do 21 de novembro de 2014).

    • Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

  • Ámbito Estatal
    • Real decreto 138/2011, do 4 de febreiro, pola que se aproban o Regulamento de seguridade para instalacións frigoríficas e as súas instrucións técnicas complementarias (BOE nº 57 do 8 de marzo de 2011).

    • Corrección de erros do Real decreto 138/2011, do 4 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento de seguridade para instalacións frigoríficas e as súas instrucións técnicas complementarias (BOE nº 180 do 28 de xullo de 2011).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Aberto todo o ano

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504E

Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano