Guía de procedementos e servizos

IN620A

Rexistro de instalacións de seguridade contra incendios nos establecementos industriais.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Economía e Industria

Sobre o procedemento

A comunicación da posta en marcha dos establecementos industriais en relación coas condicións que deben cumprir para a súa seguridade en caso de incendio.

Os titulares de establecementos industriais de nova construción, os que cambien ou modifiquen a súa actividade e os que a amplíen ou reformen.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

Servizo de Industria da Coruña

Vicente Ferrer, 2 - 1ª planta

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184906/ 981182294

Fax: 981184790

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo

Servizo de Industria de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294659/ 982294814

Fax: 982294681

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense

Servizo de Industria de Ourense

Curros Enríquez, 1º-4º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386748/ 988386744

Fax: 988386727

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Servizo de Industria de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43-5º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805240

Fax: 986817580

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Inscrición en rexistros oficiais. Primeira inscrición. Modificacións da primeira inscrición. ( 30.02.00)
  • Inscrición no rexistro de instalacións de protección contra incendios ( 32.19.11)
  • Modificación no rexistro de instalacións de protección contra incendios ( 32.19.34)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Tanto para os establecementos industriais de nova construción como para os que cambien ou modifiquen a súa actividade e os que se amplíen ou reformen, a documentación a presentar será:

Instalacións que requiren a presentación de proxecto:

a. Solicitude normalizada.

b. Proxecto de seguridade contra incendios (específico ou extracto do proxecto do establecemento).

c. Certificado de dirección de obra asinado por técnico titulado competente .

d. Certificado das instalacións de protección contra incendios da empresa instaladora emitido por un técnico titulado competente designado por esta.

Instalacións que requiren a presentación dunha memoria técnica, por cumprir cos supostos previstos no apartado 3 do artigo 4º do regulamento:

a. Solicitude normalizada.

b. Memoria técnica de seguridade contra incendios asinada por técnico titulado competente.

c. Certificado das instalacións de protección contra incendios emitido por un técnico titulado competente designado pola empresa instaladora que as realizou

Nos dous casos as solicitudes de inscrición presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

COMPROBACIÓN DE DATOS

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás Administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.

DNI o NIE da persoa solicitante

DNI o NIE da persoa representante

CONSENTIMENTO PARA A COMPROBACIÓN DE DATOS

A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.

NIF da entidade solicitante

NIF da entidade representante

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 22 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se informa sobre a tramitación electrónica de diversos procedementos (DOG nº 160 do 25 de agosto de 2014).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 2267/2004, do 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de Seguridade contra Incendios nos Establecementos Industriais (BOE nº 303 do 17 de decembro de 2004).

    • Real Decreto 513/2017, de 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de instalacións de protección contra incendios (BOE nº 139 de 12 de xuño de 2017).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504E

Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IG534D

Novacións de débedas

Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 30/12/2025 14:00