Guía de procedementos e servizos

IN616B

Rexistro de instalacións interiores de subministro de auga de Galicia.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Economía e Industria

Sobre o procedemento

Créase o Rexistro de Instalacións Interiores de Subministración de Auga de Galicia, que estará adscrito á consellería competente en materia de industria e defensa do consumidor e usuario, correspondendo a súa xestión ás xefaturas territoriais da devandita consellería. 

As empresas inscritas no Rexistro de Empresas Instaladoras de Fontanaría de Galicia deberán inscribir no Rexistro de Instalacións Interiores de Subministración de Auga de Galicia todas as instalacións interiores de subministración de auga que executen no prazo máximo de dez días desde a súa posta en servizo.

A inscrición, que non supón un pronunciamento favorable sobre a idoneidade técnica da instalación, farase baixo a responsabilidade dos axentes que interviñeron nela.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

Servizo de Enerxía e Minas da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184961

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo

Servizo de Enerxía e Minas de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294654

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense

Servizo de Enerxía e Minas de Ourense

R/ Curros Enríquez, 1-4º

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386716

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Servizo de Enerxía e Minas de Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, 43-5º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805227

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Este decreto entrará en vigor aos 20 días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Procedemento de inscrición

- O procedemento de Rexistro de Instalacións Interiores de Subministración de Auga de Galicia é un procedemento administrativo de prazo aberto e asígnaselle o código IN616B.

- As persoas físicas ou xurídicas a que se refire este decreto deberán relacionarse coa Administración a través de medios electrónicos, por presumirse acreditado que pola súa capacidade económica, técnica e de dedicación profesional teñen acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios.

- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado recollido no anexo II, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Proxecto ou memoria técnica de deseño (segundo modelo que se establece como anexo III).

b) Certificado de dirección de obra, só no caso de ser necesario a elaboración dun proxecto técnico.

c) Certificado de instalación segundo o modelo que se establece como anexo IV. Serán emitidos pola empresa instaladora que executase a obra e asinado pola persoa instaladora correspondente.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos, e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 133/2021, do 23 de setembro, polo que se crea o Rexistro de Empresas Instaladoras de Fontanaría de Galicia e o Rexistro de Instalacións Interiores de Subministración de Auga de Galicia (DOG nº 196 do 11 de outubro de 2021).

    • Corrección de erros. Decreto 133/2021, do 23 de setembro, polo que se crean o Rexistro de Empresas Instaladoras de Fontanaría de Galicia e o Rexistro de Instalacións Interiores de Subministración de Auga de Galicia (DOG nº 201 do 19 de outubro de 2021).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 314/2006, de 17 de marzo, polo que se aproba o Código Técnico da Edificación (BOE nº 74 de 28 de marzo de 2006).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano