Guía de procedementos e servizos

IN613N

Expedición/Renovación do carné profesional de operador/a de guindastre torre.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Economía e Industria

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Regular o procedemento de expedición, renovación, obtención dun duplicado ou validación do carné de operador de guindastre torre, regulado no Real decreto 836/2003, do 27 de xuño, polo que se aproba unha nova instrución técnica complementaria MIE/AEM-2 do Regulamento de aparellos de elevación e manutención, referente a guindastres torre para obras ou outras aplicacións.

Persoas físicas que queiran obter ou renovar o carné de operador de guindastre torre.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

Servizo de Industria da Coruña

Vicente Ferrer, 2 - 1ª planta

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184902

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo

Servizo de Industria de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294651

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense

Servizo de Industria de Ourense

Curros Enríquez, 1º- 4º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386711

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Servizo de Industria de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43 - 5º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805235

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Capacitación profesional para o exercicio de actividades en materia de seguridade industrial: realización de probas para a obtención do certificado e a expedición de certificados de capacitación profesional ( 32.07.01)
  • Renovación dos anteriores certificados. ( 32.07.02)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Forma de presentación de solicitudes

O procedemento IN613N tramitarase electronicamente ou de forma presencial mediante a descarga do formulario normalizado e a súa presentación ante un Rexistro de acordo co disposto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Taxa:

No caso de que o obxecto da solicitude sexa a expedición dun carné profesional, o procedemento terá vinculada a taxa con código 32.07.01. No resto de casos, o procedemento terá vinculada a taxa con código 32.07.02.

Comprobación de datos.

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

  • DNI ou NIE da persoa solicitante.

  • DNI ou NIE da persoa representante.

  • NIF da persoa representante.

  • Títulos oficiais non universitarios da persoa solicitante que obran en poder do Ministerio de Educación

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Documentación a presentar:

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.

  • Psicotécnico ou certificado medico.

  • Certificado de profesionalidade que cumpra co disposto no anexo VI do Real Decreto 836/2003, do 27 de xuño, de ser o caso.

  • Certificación outorgada por unha entidade acreditada para a certificación de persoas que cumpra co disposto no anexo VI do Real Decreto 836/2003, do 27 de xuño, de ser o caso.

  • Título de Formación Profesional que cumpra co disposto no anexo VI do Real Decreto 836/2003, do 27 de xuño, de ser o caso, só no suposto de non autorizar a súa consulta.

  • Copia do carne profesional a renovar, de ser o caso.

  • Copia do carné profesional doutro estado para validar, de ser o caso.

  • Tradución xurada do carné profesional doutro estado para validar, de ser o caso.

  • Tradución xurada da documentación que acredite que o carné está expedido pola autoridade competente dese Estado, de ser o caso.

  • Xustificante do pago das taxas administrativas (Código: 32.07.01 – 32.07.02).

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

    Despois de presentar

    Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

    Normativa
    • Ámbito Autonómico
      • Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).

    • Ámbito Estatal
      • Real decreto 836/2003, do 27 de xuño, polo que se se aproba unha nova Instrución técnica complementaria «MIE-AEM-2» do Regulamento de aparatos de elevación e manutención, referente a guindastres torre para obras ou outras aplicacións (BOE nº 170 do 17 de xullo de 2003).

      • Corrección de erros do Real Decreto 836/2003, do 27 de xuño, polo que se aproba unha nova Instrución técnica complementaria "MIE-AEM 2" do Regulamento de aparatos de elevación e manutención, referente a grúas torre para obras ou outras aplicacións (BOE nº 20 do 23 de xaneiro de 2004).

    Descargar o contido desta ficha en formato PDF

    Outros procedementos relacionados

    FA009A

    Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

    Aberto todo o ano

    FA701A

    Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Tramitar en liña

    Aberto todo o ano

    FA701B

    Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Tramitar en liña

    Aberto todo o ano

    IF504E

    Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

    Tramitar en liña

    Aberto todo o ano