Guía de procedementos e servizos

IN610A

Certificación de empresas no que se refire aos sistemas que conteñan determinados gases fluorados de efecto invernadoiro.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Economía e Industria

Que é e para que serve

Os Regulamentos (CE) n.º 303/2008 e 304/2008 da Comisión, do 2 de abril de 2008, estableceron os requisitos mínimos e as condicións de recoñecemento mutuo da certificación de empresas e persoal no que se refire aos equipamentos fixos de refrixeración, aire acondicionado e bombas de calor que conteñan determinados gases fluorados de efecto invernadoiro.

Os ditos regulamentos foron traspostos á normativa nacional polo Real decreto 795/2010, do 16 de xuño, polo que se regula a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipamentos baseados neles, así como a certificación dos profesionais que os utilizan (BOE número 154, do 25 de xuño).

Na disposición adicional primeira do Real Decreto 115/2017, de 17 de febreiro, polo que se regula a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipos baseados nos mesmos, así como a certificación dos profesionais que os utilizan e polo que se establecen os requisitos técnicos para as instalacións que desenvolvan actividades que emitan gases fluorados. establécese que:

1- Os certificados das empresas previstos nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) n.º 304/2008 da Comisión, de 2 de abril de 2008, polo que se establecen, de conformidade co Regulamento (CE) n.º 842/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, os requisitos mínimos e as condicións de recoñecemento mutuo da certificación das empresas e o persoal no relativo aos sistemas fixos de protección contra incendios e os extintores que conteñan determinados gases fluorados de efecto invernadoiro, outorgaranse polos servizos competentes en materia de industria da comunidade autónoma.

2- Os certificados das empresas previstos nos artigos 5 e 6 do Regulamento de Execución (UE) 2015/2067 da Comisión de 17 de novembro de 2015 polo que se establecen, de conformidade co Regulamento (UE) n.º 517/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, os requisitos mínimos e as condicións de recoñecemento mutuo da certificación das persoas físicas no relativo aos aparatos fixos de refrixeración, aparatos fixos de aire acondicionado e bombas de calor fixas, e unidades de refrixeración de camións e remolques frigoríficos, que conteñan gases fluorados de efecto invernadoiro, e da certificación das empresas no relativo aos aparatos fixos de refrixeración, aparatos fixos de aire acondicionado e bombas de calor fixas que conteñan gases fluorados de efecto invernadoiro, outorgaranse polos servizos competentes en materia de industria da comunidade autónoma.

Para a obtención dos ditos certificados usarase o procedemento IN610A. Os tipos de certificados solicitados poderán ser:

A) Certificado de empresa no que se refire aos equipamentos fixos de refrixeración, aire acondicionado e bombas de calor de calquera carga de refrixerantes fluorados.

B) Certificado de empresa no que se refire aos equipamentos fixos de refrixeración, aire acondicionado e bombas de calor de calquera carga de refrixerantes inferior a 3 KG de gases fluorados.

C) Certificado de empresa no relativo aos sistemas fixos de protección contra incendios e os extintores que conteñan determinados gases fluorados de efecto invernadoiro.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Como se tramita

Esta solicitude débese presentar por internet a través da sede electrónica. 

Tramitar en liña

A solicitude débela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña: 

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón. 

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Copia do DNI ou NIE da persoa representante, só no caso de non autorizar a súa consulta.

  • Último TC2 da Seguridade Social ou xustificante de cotización ao rexime especial de autónomos.

  • Xustificante de liquidación de taxas. Código 32.07.24.

  • ACHEGAR UN DOS SEGUINTES CERTIFICADOS SEGUNDO O TIPO DE CERTIFICACIÓN SOLICITADA:

    • A. Certificado/s persoal/ais acreditativo/s da competencia para a manipulación de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.

    • B. Certificado/s persoal/ais acreditativo/s da competencia para a manipulación de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de

    • C. Certificado/s persoal/ais acreditativo/s da competencia para a manipulación de equipamentos de protección contra incendios que

  • Copia do NIF da entidade solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.

Taxas asociadas

  • Inscrición en rexistros oficiais. Primeira inscrición. Modificacións da primeira inscrición. ( 30.02.00)
  • Expedición de certificados de empresa para a comercialización e manipulación de gases fluorados. ( 32.07.24)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Que vai pasar despois de que o presente

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense

Servizo de Industria de Ourense

Curros Enríquez, 1º-4º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386748/ 988386744

Fax: 988386727

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

Servizo de Industria da Coruña

Vicente Ferrer, 2 - 1ª planta

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184978/ 981184906

Fax: 981184790

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Servizo de Industria de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43-5º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805240

Fax: 986817580

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo

Servizo de Industria de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294669/ 982294659

Fax: 982294681

Órgano responsable

Servizo de Administración Industrial - Segapi
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015). Ligazón á normativa

    • Resolución do 1 de xullo de 2011 pola que se publican os modelos de solicitude de certificación de empresas no que se refire aos sistemas que conteñan determinados gases fluorados de efecto invernadoiro (DOG nº 137 do 18 de xullo de 2011). Ligazón á normativa

    • Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020). Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal
    • Real decreto 115/2017, do 17 de febreiro, polo que se regula a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipamentos baseados nestes, así como a certificación dos profesionais que os utilizan e polo que se establecen os requisitos técnicos para as instalacións que desenvolvan actividades que emitan gases fluorados (BOE nº 42 do 18 de febreiro de 2017). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IG500A

Novacións modificativas nos préstamos concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) nos diversos programas instrumentados ao abeiro do decreto 133/2002

IN201B

Obtención/renovación do obradoiro artesán

Tramitar en liña

Aberto todo o ano