Guía de procedementos e servizos

IN609Y

Rexistro de Talleres de Reparación de vehículos automóbiles. Declaración responsable para talleres en réxime de establecemento.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Economía e Industria

Sobre o procedemento

A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.

Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.

Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.

Antes da apertura dun taller de reparación de vehículos automóbiles, a persoa física ou xurídica que desexe exercer esta actividade deberá presentar telematicamente, ante a consellería competente en materia de industria, unha declaración responsable de acordo co modelo do anexo I, na cal a persoa titular ou representante legal da empresa declare que cumpre os requisitos que se esixen na normativa reguladora, que dispón da documentación que así o acredita, que se compromete a mantelos durante a vixencia da actividade e que se responsabiliza de que a execución dos traballos se efectúa de acordo coas normas e requisitos que se establecen na normativa de aplicación.

No caso de dispor de varios talleres, habería que presentar unha declaración para cada un deles.

A tramitación no procedemento IN609Y inclúe a inscrición na división A do Rexistro Industrial de Galicia, polo que non é necesario realizar a dita inscrición de forma independente mediante o procedemento IN617B.

A declaración responsable sinalada nos puntos anteriores presentarase exclusivamente por medios telemáticos, de acordo co disposto no artigo 27º.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

Para mais información e consultas públicas acudir a:

http://oficinavirtualindustria.xunta.es/

A persoa física ou xurídica que desexe exercer esta actividade.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial

Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4ª planta

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545572/ 981957185

Fax: 981957192

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

Servizo de Industria da Coruña

Vicente Ferrer, 2 - 1ª planta

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184978/ 981184906

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo

Servizo de Industria de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294814/ 982294669

Fax: 982294681

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense

Servizo de Industria de Ourense

Curros Enríquez, 1º-4º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386748/ 988386744

Fax: 988386727

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Servizo de Industria de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43-5º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805240

Fax: 986817580

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Servizo de Coordinación Industrial de Vigo

Praza da Estrela, 9-6º

36203  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986805255

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas
Requisitos e documentación

A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.

Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.

Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.

Prazo de presentación: ABERTO

  • Presentación de declaracións responsables de inicio de actividade ( 32.07.22)
  • Presentación de declaracións responsables de modificación ou cese de actividade ( 32.07.23)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

  • Para a inscrición no Rexistro de Talleres de Reparación de Vehículos Automóbiles en réxime de establecemento, a persoa declarante deberá presentar ante o correspondente departamento territorial da consellería competente en materia de industria a seguinte documentación:

    • Declaración responsable de inicio de actividade.

    • Estudo técnico que incluirá, polo menos, unha relación detallada dos utensilios, equipamentos e ferramentas de que dispoñen, de acordo coas ramas de actividade que vaian desenvolver, así como unha relación detallada dos diversos traballos e servizos que poderá prestar o taller.

    • Autorización escrita do fabricante nacional, ou do representante legal do fabricante estranxeiro, no caso de tratarse dun taller autorizado.

De xeito previo a esta declaración, a persoa titular do taller ou representante legal deste solicitará ao departamento territorial da consellería competente en materia de Industria a inscrición das instalacións deste sometidas a lexislación específica de seguridade industrial nos rexistros pertinentes, seguindo a tal efecto a lexislación que sexa de aplicación en cada caso.

  • Para a modificación dunha declaración responsable precedente, a persoa declarante deberá presentar ante o correspondente departamento territorial da consellería competente en materia de industria a seguinte documentación:

    • Declaración responsable de modificación ou cesamento da actividade.

    • Estudo técnico que incluirá, polo menos, unha relación detallada dos utensilios, equipamentos e ferramentas de que dispoñen, de acordo coas ramas de actividade que vaian desenvolver, así como unha relación detallada dos diversos traballos e servizos que poderá prestar o taller.

    • Autorización escrita do fabricante nacional, ou do representante legal do fabricante estranxeiro, no caso de tratarse dun taller autorizado.

De xeito previo a esta declaración, a persoa titular do taller ou representante legal deste solicitará ao departamento territorial da consellería competente en materia de Industria a modificación pertinente das instalacións deste sometidas a lexislación específica de seguridade industrial nos rexistros pertinentes, seguindo a tal efecto a lexislación que sexa de aplicación en cada caso.

Despois de presentar

A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.

Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.

Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 70/2011, do 7 de abril, polo que se regulan a actividade industrial e a prestación de servizos nos talleres de reparación de vehículos automóbiles e dos seus equipamentos e compoñentes (DOG nº 80 do 26 de abril de 2011).

    • Decreto 108/2017, do 2 de novembro, polo que se modifica o Decreto 70/2011, do 7 de abril, polo que se regulan a actividade industrial e a prestación de servizos nos talleres de reparación de vehículos automóbiles e dos seus equipamentos e compoñentes (DOG nº 219 do 17 de novembro de 2017).

    • Corrección de erros. Decreto 108/2017, do 2 de novembro, polo que se modifica o Decreto 70/2011, do 7 de abril, polo que se regulan a actividade industrial e a prestación de servizos nos talleres de reparación de vehículos automóbiles e dos seus equipamentos e compoñentes (DOG nº 73 do 16 de abril de 2018).

    • Resolución do 15 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se informa sobre a tramitación telemática de diversos procedementos (DOG nº 225 do 26 de novembro de 2012).

    • Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial (DOG nº 128 do 9 de xullo de 2015).

    • Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

  • Ámbito Estatal
    • Corrección de erros do Real Decreto 1457/1986, do 10 de xaneiro, polo que se regula a actividade industrial e a prestación de servizos nos talleres de reparación de vehículos automóbiles, dos seus equipos e compoñentes (BOE nº 109, do 7 de maio de 1987).

    • Real decreto 1457/1986, do 10 de xaneiro, polo que se regula a actividade industrial e a presatación de servizos nos talleres de reparación de vehículos automóbiles, dos seus equipamentos e compoñentes (BOE nº 169 do 16 de xullo de 1986).

    • Real decreto 455/2010, polo que se modifica o Real decreto 1457/1986, do 10 de xaneiro, polo que se regula a actividade industrial e a presatación de servizos nos talleres de reparación de vehículos automóbiles, dos seus equipamentos e compoñentes (BOE nº 103 do 29 de abril de 2010).

  • Ámbito Europeo
    • Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior (DOUE nº 376 de 27 de decembro de 2006)

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IG500A

Novacións modificativas nos préstamos concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) nos diversos programas instrumentados ao abeiro do decreto 133/2002

IN201B

Obtención/renovación do obradoiro artesán

Tramitar en liña

Aberto todo o ano