Guía de procedementos e servizos

IN608B

Rexistro de posta en servizo de guindastre torre para obras ou outras aplicacións.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Economía e Industria

Sobre o procedemento

Se vostede vai usar un guindastre torre para facer unha obra ou para calquera outra aplicación, deberá solicitar a autorización para a posta en servizo perante a delegación provincial da consellería de Innovación e Industria.

Para a montaxe do guindastre deberá contratar os servizos dunha empresa instaladora autorizada e para o seu manexo contará con persoal que posúa o carné de gruista correspondente.

Para mais información e consultas públicas acudir a:

http://oficinavirtualindustria.xunta.es/

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

Servizo de Industria da Coruña

Vicente Ferrer, 2 - 1ª planta

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184906/ 981182294

Fax: 981184790

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo

Servizo de Industria de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294661/ 982294961

Fax: 982294681

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense

Servizo de Industria de Ourense

Curros Enríquez, 1º-4º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386748/ 988386744

Fax: 988386727

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Servizo de Industria de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43-5º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805240

Fax: 986817580

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Inscrición en rexistros oficiais. Primeira inscrición. Modificacións da primeira inscrición. ( 30.02.00)
  • Posta en servizo de guindastres torre ( 32.15.01)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

  • Solicitude.

  • Libro historial do guindastre.

  • Proxecto de instalación suscrito por técnico titulado competente visado polo colexio oficial a que pertenza. Non é necesario no caso de monobloc de momento comprendido entre 15Knm e 170Knm.

  • Certificado de instalación asinado polo técnico competente da empresa instaladora e visado polo colexio oficial correspondente, segundo o anexo 5 da ITC MIE-AEM-2.

  • Documento que acredite as condicións da instalación segundo a norma UNE58-1001-92 parte 2 e a entrega do guindastre ao usuario despois de comprobar en presenza do gruísta o funcionamento dos dispositivos de seguridade e se entregou o manual de instrucións de utilización.

  • Informe de OCA de inspección do guindastre. Para guindastres monobloc de momento entre 15-170Knm, último informe periódico de OCA de inspección do guindastre. Período máximo de validez 2 anos.

  • Declaración CE de conformidade ou, no seu caso, certificado de adecuación ao Real Decreto 836/2003.

  • Contrato de mantemento do guindastre.

  • Certificación dos elementos mecánicos ou estruturais incorporados ao guindastre (se é o caso).

  • A presentación das solicitudes dos procedementos que se indican no anexo I da Resolución do 22 de xullo de 2014, realizarase unicamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, e na oficina virtual de Industria, http://oficinavirtualindustria.xunta.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade (DNI) electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

    A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A oficina virtual de Industria, http://oficinavirtualindustria.xunta.es permite a consulta en liña da información relacionada cos procedementos vinculados ao órgano competente en materia de industria, ademais do acceso a unha serie de servizos electrónicos para realizar xestións e consultas.

    De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación de solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, planta 4ª, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a lopd.industria@xunta.es

    Co obxectivo de manter adaptados á normativa vixente os formularios vinculados a normas reguladoras de procedementos administrativos de prazo aberto, estes poderán ser actualizados na sede electrónica da Xunta de Galicia, sen necesidade de publicalos novamente no Diario Oficial de Galicia (DOG), sempre que a modificación ou actualización non supoña unha modificación substancial deste. Por conseguinte, para a presentación das solicitudes será necesario utilizar os formularios normalizados, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente actualizados e accesibles para as persoas interesadas.

    Amplíase en tres meses máis, ata o 26 de febreiro de 2015 (inclusive), o prazo para poder presentar en soporte papel as solicitudes dos procedementos que se indican no anexo I da Resolución do 22 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se informa sobre a tramitación electrónica de diversos procedementos (DOG núm. 160, do 25 de agosto).

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 22 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se informa sobre a tramitación electrónica de diversos procedementos (DOG nº 160 do 25 de agosto de 2014).

    • Resolución do 6 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se amplía o prazo para a presentación en soporte papel de diversas solicitudes (DOG nº 224 do 21 de novembro de 2014).

    • Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 2291/1985, do 8 de novembro, que aproba o Regulamento de aparellos de elevación e manutención (BOE nº 296 do 11 de decembro de 1985).

    • Real Decreto 836/2003, do 27 de xuño, polo que se aproba unha nova Instrucción técnica complementaria MIE-AEM-2 do Regulamento de aparellos de elevación e manutención, referente a guindastres torre para obras ou outras aplicacións (BOE nº 170 do 17 de xullo de 2003).

    • Corrección de erros do Real Decreto 836/2003, do 27 de xuño, polo que se aproba unha nova Instrución técnica complementaria "MIE-AEM 2" do Regulamento de aparatos de elevación e manutención, referente a grúas torre para obras ou outras aplicacións (BOE n.º 20 do 23 de xaneiro de 2004).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IN603A

Rexistro de instalacións con equipos de presión.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN605A

Inscrición/modificación no Rexistro de ascensores.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN605B

Excepcionalidade para refuxios ou espazos libres en ascensores.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN609A

Rexistro de empresas instaladoras de baixa tensión

Tramitar en liña

Aberto todo o ano