Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN421R
Subvencións para a mobilidade eléctrica (Programa MOVES III)
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
Convocatoria de axudas correspondente a anualidade 2025 do programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (MOVES III_2025) regulado polo Real Decreto‑lei 3/2025, de 1 de abril, que establece as actuacións subvencionables recollidas no artigo 13 do Real Decreto 266/2021, de 13 de abril, e esténdese retroactivamente ás solicitudes presentadas desde o 1 de xaneiro de 2025.
Convócanse axudas para as seguintes actuacións subvencionables no marco do MOVES III_2025:
Programa de incentivos 1: Adquisición de vehículos eléctricos “enchufables” e de pila de combustible (en adiante Adquisición de vehículos eléctricos).
Programa de incentivos 2: Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.
1. Para o Programa de incentivos 1 poderán ser beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 11.1 do Real decreto 266/2021, sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia ou ben adquiran o vehículo nun concesionario ou punto de venda situado en Galicia. Para o Programa de incentivos 2 serán beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 11.1 do Real decreto 266/2021 cando a actuación subvencionada se desenvolva no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Non serán beneficiarios destas axudas:
a) Para a actuación do Programa de incentivos 1, relativa á adquisición de vehículos eléctricos, os concesionarios ou puntos de venda cuxa epígrafe da sección primeira das tarifas do imposto sobre actividades económicas sexa ou 615.1 ou 654.1, conforme ó disposto polo Real decreto lexislativo 1175/1990, do 28 de setembro, polo que se aproban as tarifas e a instrución do imposto sobre actividades económicas.
b) Aqueles nos que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) As empresas que se atopen en situación de crise, conforme á definición que a estes efectos se realiza no Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño de 2014 e nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas non financeiras en crise (Comunicación da Comisión, 2014/C 249/1, do 31 de xullo de 2014).
d) As empresas que se atopen suxeitas a unha orde de recuperación pendente sobre calquera axuda ou subvención que lles tivese sido outorgada con anterioridade, ben por terse declarado axuda ilegal e incompatible co mercado interior, ben por calquera tipo de incumprimento das obrigas que lle viñesen atribuídas na concesión.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
Dirección Inega
Xerencia do Inega
Rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5 - San Lázaro
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881006707
Email: inega.info@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
08/07/2025 09:00 - 31/12/2025 23:59
O prazo de presentación de solicitudes comezará o oitavo (8º) día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG,as 9.00 horas e rematará o 31 de decembro de 2025.
Sen prexuizo do anterior, e en cumprimento do disposto no artigo 2 do Real decreto lei 3/2025, consideraranse válidas e tidas por presentadas no marco do Moves III_2025 aquelas solicitudes rexistradas na aplicación informática do Moves III a partir do 1 de xaneiro de 2025. Estas solicitudes serán incorporadas automaticamente ao novo programa sen necesidade de realizar ningún trámite adicional por parte da persoa solicitante, mesmo nos casos en que tiveran sido inadmitidas no Moves III por terse presentado fóra de prazo.
A presente convocatoria rexerase polo establecido na Resolución da Dirección do Inega do 26 de xullo de 2021 (códigos de procedemento IN421Q e IN421R) agás naqueles aspectos que se dispoñan expresamente de forma distinta na presente resolución.
Presentación das solicitudes (código de procedemento IN421R)
1. O procedemento de presentación de solicitudes de axuda rexerase polo disposto no artigo 7 da Resolución do Inega do 26 de xullo de 2021 agás as excepcións expresamente previstas neste artigo.
As solicitudes subscribiranse directamente polas entidades colaboradoras, se se tramita a axuda a través destas, ou directamente polos interesados ou persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito, nos casos nos que se permita a presentación directa de solicitudes. Neste caso, deberá presentar o correspondente formulario de solicitude de axuda (anexo III). Unha vez presentada unha solicitude non se poderá modificar o proxecto ata que recaía resolución de concesión.
2. O prazo de presentación de solicitudes comezará o oitavo (8º) día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG,as 9.00 horas e rematará o 31 de decembro de 2025.
Sen prexuizo do anterior, e en cumprimento do disposto no artigo 2 do Real decreto lei 3/2025, consideraranse válidas e tidas por presentadas no marco do Moves III_2025 aquelas solicitudes rexistradas na aplicación informática do Moves III a partir do 1 de xaneiro de 2025. Estas solicitudes serán incorporadas automaticamente ao novo programa sen necesidade de realizar ningún trámite adicional por parte da persoa solicitante, mesmo nos casos en que tiveran sido inadmitidas no Moves III por terse presentado fóra de prazo.
Prazo de resolución:
Para o non previsto na presente resolución estarase ao disposto na Resolución do 26 de xullo de 2021, publicada no DOG nº 149, do 5 de agosto, e as súas modificacións posteriores.
Sentido do silencio: Non especificado
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 26 de xullo de 2021, da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega), pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos á mobilidade eléctrica (programa Moves III), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 149 do 5 de agosto de 2021).
-
Extracto do 26 de xullo de 2021, da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega), pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos á mobilidade eléctrica (programa Moves III), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 149 do 5 de agosto de 2021).
-
Resolución do 21 de outubro de 2021 pola que se modifica a Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III (DOG nº 207 do 27 de outubro de 2021).
-
Resolución do 23 de decembro de 2021 pola que se modifica a Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (programa Moves III) (DOG nº 8 do 13 de xaneiro de 2022).
-
Resolución do 13 de outubro de 2022 pola que se amplía o crédito orzamentario recollido na Resolución do 26 de xullo de 2021, pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos á mobilidade eléctrica (programa Moves III) no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 201 do 21 de outubro de 2022).
-
Resolución do 12 de xuño de 2023 pola que se modifica a Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 116 do 20 de xuño de 2023).
-
Resolución do 15 de decembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 243 do 26 de decembro de 2023).
-
Resolución do 9 de febreiro de 2024 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 35 do 19 de febreiro de 2024).
-
Resolución do 6 de xuño de 2024 pola que se amplía o crédito orzamentario recollido na Resolución do 26 de xullo de 2021, pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos á mobilidade eléctrica (programa Moves III), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN421Q e IN421R) (DOG nº 115 do 14 de xuño de 2024).
-
Resolución do 16 de xullo de 2024 pola que se redistribúe o crédito orzamentario recollido na Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos á mobilidade eléctrica (programa Moves III) no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 142 do 23 de xullo de 2024).
-
Resolución do 18 de xullo de 2024 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes recollido na Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos á mobilidade eléctrica (programa Moves III) no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN421Q e IN421R) (DOG nº 146 do 30 de xullo de 2024).
-
Resolución do 6 de setembro de 2024 pola que se redistribúe o crédito orzamentario recollido na Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos á mobilidade eléctrica (programa Moves III), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN421Q e IN421R) (DOG nº 176 do 12 de setembro de 2024).
-
Resolución do 25 de outubro de 2024 pola que se redistribúe o crédito orzamentario recollido na Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos á mobilidade eléctrica (programa Moves III), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN421Q e IN421R) (DOG nº 212 do 4 de novembro de 2024).
-
Resolución do 26 de decembro de 2024 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes recollido na Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos á mobilidade eléctrica (programa Moves III) no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 250 do 30 decembro de 2024).
-
Resolución do 23 de xaneiro de 2025 pola que se deixa sen efecto a ampliación do prazo de presentación de solicitudes recollida na Resolución do 26 de decembro de 2024, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes recollido na Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos á mobilidade eléctrica (programa Moves III) no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN421Q e IN421R) (DOG nº 17 do 27 de xaneiro de 2025).
-
Resolución do 26 de febreiro de 2025 pola que se amplía e se redistribúe o crédito orzamentario recollido na Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos á mobilidade eléctrica (programa Moves III), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN421Q e IN421R) (DOG nº 41 do 28 de febreiro de 2025).
-
Resolución do 26 de xuño de 2025 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (Moves III_2025) (DOG nº 123 do 30 de xuño de 2025).
-
Extracto da Resolución do 26 de xuño de 2025 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (MOVES III_2025) (DOG nº 123 do 30 de xuño de 2025).
-
Resolución do 1 de outubro de 2025 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 26 de xuño de 2025 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (programa Moves III_2025) (DOG nº 192 do 06 de outubro de 2025).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 266/2021, do 13 de abril, polo que se aproba a concesión directa de axudas ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla para a execución de programas de incentivos ligados á mobilidade eléctrica (MOVES III) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Europeo (BOE nº 89 do 14 de abril de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Aberto todo o ano
Novacións de débedas
Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 30/12/2025 14:00