Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN414D
Axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
1. Esta orde da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación establece as bases reguladoras, que se xuntan no anexo I, para a concesión de axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social, en réxime de concorrencia non competitiva, na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento IN414D).
2. Así mesmo, por medio desta orde, convócanse as devanditas axudas para o ano 2022.
1. Poderán solicitar esta axuda as persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan a consideración de consumidor vulnerable severo en risco de exclusión social.
2. Terán esta consideración aquelas persoas que reúnan os requisitos para ser consumidor vulnerable severo establecidos no artigo 3 do Real decreto 897/2017, do 6 de outubro, polo que se regula a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica, cos límites de renda establecidos no punto 4 do citado artigo, e ademais estean en risco de exclusión social, debendo estar esta situación acreditada mediante certificado ou informe social expedido polos servizos sociais correspondentes.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas
Edificios Administrativos San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957024/ 981545574
Email: cei.dxiem.axudasenerxia@xunta.gal
Teléfono dende o resto do Estado: 90212001
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña
Servizo de Industria da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184995/ 981184948/ 981184934
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294938/ 982294670
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense
Curros Enríquez, 1º - 4º
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386710
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra
Fernández Ladreda, 43-5º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805213/ 986805222
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra
Servizo de Coordinación Industrial de Vigo
Praza da Estrela, s/n
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817561/ 986817822/ 986817764
Prazo de presentación: PECHADO
13/01/2022 00:00 - 31/10/2022 23:59
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de outubro de 2022.
Non entanto, no suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgotase o crédito establecido na convocatoria, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web da consellería.
A presentación fóra de prazo da solicitude implicará a súa inadmisión.
Os requisitos que deben cumprir os beneficiarios da axuda son:
a) Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ser o/a titular do contrato de subministración eléctrica.
c) Ter contratado o prezo voluntario ao pequeno consumidor (PVPC) con aplicación do bono social de consumidor vulnerable severo (desconto do 40 %), para o que deberán cumprir os límites de renda establecidos.
d) Estar en risco de exclusión social, o que será acreditado mediante certificado ou informe social expedido polos servizos sociais.
e) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións.
Solicitudes.
1. Para poder ser persoa beneficiaria das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo de formulario normalizado que se inclúe como anexo II desta orde, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 5 das bases reguladoras.
2. As solicitudes de axuda cubriranse a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde a ligazón https://axudascortes-subministracion.xunta.gal
3. Unha vez validada a solicitude e sempre e cando existan fondos dispoñibles, a aplicación informática reflectirá o estado de «Reservada». O estado de «Reservada» significa que na aplicación se reservou a contía da axuda correspondente para esa solicitude, a expensas da comprobación do cumprimento dos requisitos exixidos na convocatoria.
4. As solicitudes en estado de «Reservada» disporán dun prazo máximo de cinco días hábiles para a súa presentación. De non presentarse no referido prazo, procederase á súa cancelación na aplicación informática e anularase a reserva de fondos.
5. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica. Para a presentación das solicitudes por esta vía, poderá empregarse o documento nacional de identidade electrónico ou os certificados dixitais emitidos polas autoridades de certificación Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) e certificados Camerales (Camerfirma).
6. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
7. O/a interesado/a, ou o seu representante, poderá autorizar expresamente aos empregados públicos ou traballador social de referencia para a presentación electrónica da solicitude e da demais documentación que a debe acompañar, así como para a presentación da demais documentación necesaria derivada deste procedemento en canto a emendar ou xuntar os documentos preceptivos e demais documentación complementaria que se considere para o efecto.
Neste suposto deberá acreditarse a representación expresa para a presentación da solicitude por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna, ou mediante declaración en comparecencia persoal do/da interesado/a perante un/unha funcionario/a da Administración en cuxo rexistro se presente a solicitude, segundo o modelo do anexo III a esta orde.
8. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
9. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) De ser o caso, autorización aos empregados públicos ou traballador social de referencia para a presentación electrónica da solicitude e da documentación relativa a esta orde de axudas (anexo III). Neste caso deberá presentarse tamén o anexo II asinado polo solicitante.
b) Certificado ou informe social emitido polos servizos sociais de que o solicitante está en risco de exclusión social (anexo IV) ou certificado que acredite ser beneficiario do ingreso mínimo vital, salvo que sexa beneficiario da Risga e non se opoña á consulta.
c) Documento acreditativo de ser beneficiario do bono social para consumidor vulnerable severo. Poderá acreditarse mediante copia dunha factura na que figure aplicado o desconto do 40 % do bono social para consumidores vulnerables severos.
d) De ser o caso, título de familia numerosa (só no caso de que o dito título non fose expedido pola Xunta de Galicia).
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) Certificado de residencia con data da última variación padroal da persoa solicitante.
Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Título de familia numerosa (no caso de que fose expedido pola Xunta de Galicia).
b) Beneficiario da Risga.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. De acordo co disposto no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ao tratase de subvencións que non superan os 3.000 €, a acreditación do cumprimento das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma poderá facerse mediante unha declaración responsable do solicitante, que se presentará coa solicitude. Esta declaración será válida para os efectos da concesión e pagamento da subvención.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
A aplicación informática de xestión destas axudas permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo ao seu expediente desde https://axudascortes-subministracion.xunta.gal. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución:
Un mes
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 16 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 7 do 12 de xaneiro de 2022).
-
Extracto da Orde do 16 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 7 do 12 de xaneiro de 2022).
-
Orde do 29 de setembro de 2022 pola que se publica a ampliación de crédito da Orde do 16 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 196 do 14 de outubro de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Presentación directa de reclamacións en materia de centros, servizos e programas de servizos sociais
Aberto todo o ano
Remisión polas entidades prestadoras de servizos sociais de reclamacións presentadas no seu libro de reclamacións
Aberto todo o ano
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano
Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano