Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.

Disculpe as molestias que poida ocasionarle.

IN412A - Adhesión ao Plan Renove de Fiestras.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica
Iniciar presentación electrónica: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento desde outro sistema electrónico da Administración da Xunta de Galicia.


Datos solicitude

Prazo de presentación: 01/02/2017 - 07/02/2017.

O prazo de presentación de solicitudes de adhesión de entidades colaboradoras será de 5 días hábiles a partir do día 1 de febreiro de 2017 incluído.

Prazo de resolución: 25 días hábiles, contados desde o 1 de febreiro de 2017

Sentido do silencio administrativo: Negativo

  • Solicitude segundo o Anexo II desta orde, acompañada da seguinte documentación:
    • Copia do documento acreditativo de poder bastante do representante legal da entidade.
    • Convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade colaboradora para a xestión de axudas relativas ao Plan Renove de fiestras (ANEXO III)
  • As solicitudes, deberán presentalas as entidades colaboradoras exclusivamente por vía electrónica, a traves do formulario normalizado accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben dende as páxinas web: https://entidadescolaboradoras.xunta.gal, https://planrenovefiestras.xunta.gal, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 39/2016, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
  • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS

SUBDIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA

SERVIZO DE ENERXÍAS RENOVABLES E EFICIENCIA ENERXÉTICA
Edificio Advo. San Caetano, s/n - bloque 5 - 4ª planta
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981545573 / 981545464 Fax: 981545515
Email: cei.dxem.axudasenerxía@xunta.es
Información web: http://economiaeindustria.xunta.es

A presente orde ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión de axudas por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria destinadas á rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.

Entidades colaboradoras.

1. As entidades colaboradoras actuarán de enlace entre os solicitantes das axudas e a DXEM. Serán as encargadas da venda, da promoción, da substitución e da instalación dos equipamentos indicados no artigo 3 desta orde.

Na súa relación coa DXEM, as entidades colaboradoras realizarán as seguintes funcións:
a) Comprobación inicial dos requisitos dos solicitantes da axuda.
b) Realización ante a DXEM dos trámites para solicitar a axuda.
c) Desenvolvemento das accións vinculadas ao plan.
d) Xustificación da axuda e a súa certificación ante a DXEM.

2. Para os efectos desta orde, poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos os dous casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e acrediten as condicións de solvencia técnica e económica que se establecen no artígo 6 desta orde.

Para lograr a solvencia técnica e económica, as entidades colaboradoras deberán dispor dos medios tecnolóxicos precisos que garantan o acceso á aplicación informática habilitada para a xestión de selección de entidades colaboradoras e para a tramitación das solicitudes de axuda, así como a utilización de medios electrónicos nas comunicacións entre as entidades colaboradoras e a DXEM. As características técnicas exixibles poderanse consultar na páxina web da DXEM (www.xunta.gal).

3. Poderán adquirir a condición de entidade colaboradora aquelas entidades que reúnan os requisitos establecidos neste artigo e que o soliciten nos prazos que se indican no artigo 7.

4. Non poderán obter a condición de entidade colaboradora aquelas das sinaladas no punto 2 do artigo 6 desta orde nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na súa normativa de desenvolvemento.

5. As entidades colaboradoras seleccionaranse de acordo co procedemento que se establece no artigo 7 destas bases, con suxeición á normativa que resulte de aplicación.

De conformidade coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades colaboradoras deberán formalizar o convenio de colaboración entre elas e a CEEI, en que se regularán as condicións e obrigas asumidas por aquelas, que figuran no anexo III desta orde. O dito convenio posuirá o contido mínimo previsto no artigo 13 da Lei de subvencións.

6. Son obrigas das entidades colaboradoras, sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
a) Encontrarse ao día no pagamento das obrigas coa Facenda pública do Estado, da Administración autonómica, así como coa Seguridade Social.
b) Someterse ás actuacións de inspección e control que a CEEI poida efectuar respecto á xestión destas axudas e que permitan a xustificación financeira perante a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e o Tribunal de Contas, así como as comprobacións previstas na lexislación do Consello de Contas, de acordo co establecido na letra d) do artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Dar a adecuada publicidade do carácter público do cofinanciamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. En concreto, deberán facer constar, na súa publicidade ou na información que xeren en relación co proxecto subvencionado, o cofinanciamento pola Xunta de Galicia a través da CEEI.
d) Conservar os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda outorgada durante un período de cinco anos desde a súa concesión, e deberán restituír as cantidades percibidas nos casos en que concorra causa de reintegro.
e) Dispor dos medios técnicos adecuados para a tramitación da dita orde.

7. As entidades colaboradoras adheridas asumirán os seguintes compromisos:
a) Cubrir convenientemente os formularios de solicitude de axuda a través da aplicación informática que se habilite para o efecto. Vender no marco da iniciativa só os produtos que cumpran coas condicións establecidas nas bases.
b) Instalar as fiestras nos casos en que corresponda e dentro do prazo de 150 días hábiles desde o día seguinte ao da solicitude de reserva de fondos, e nunca máis alá do 29 de setembro de 2017.
c) Aplicar os descontos correspondentes á subvención conforme o establecido nas bases.
d) Facilitar canta información e documentación precise para verificar a correcta aplicación das subvencións.
e) Cumprir coa normativa establecida para o desenvolvemento do plan.

8. As entidades colaboradoras adheridas xestionarán estas axudas cumprindo cos principios dispostos no artigo 5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas propietarias ou titulares de calquera dereito sobre vivendas de uso residencial e comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 3 se realice en inmobles sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos:

- Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas físicas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

- As beneficiarias obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida pola DXEM no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.

AUTONÓMICA

Orde do 27 de xaneiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan Renove de fiestras, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2017(DOG nº 21 do 31 de xaneiro de 2017).

Prazo de presentación pechado (01/02/2017 - 07/02/2017)

Tramitación en liña

Iniciar presentación
Vostede está a piques de abandonar a sede electrónica da Xunta de Galicia. Poderá tramitar o procedemento na nova ventá que se abrirá ao pulsar o botón Continuar.
 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional