Guía de procedementos e servizos

IN223B

Obtención e renovación do selo de Mercado Excelente

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Entidades locais

Aberto todo o ano

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Sobre o procedemento

Fixar unha estratexia que permita acadar a excelencia como símbolo de calidade e modernidade dos nosos mercados e prazas de abastos.

- Concellos de Galicia

- Entidades concesionarias da xestión das prazas de abastos e mercados

- Asociacións ou cooperativas de persoas vendedoras das prazas de abastos e mercados legalmente constituídas

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Edificio administrativo de San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 545 591/ 881 995 799

Email: dx.comercio@xunta.gal

Subdirección Xeral de Innovación e Ordenación Comercial
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Poderán obter o selo de Mercado Excelente os mercados e prazas de abastos situados na Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran os requisitos obrigatorios e acaden a puntuación mínima que para cada un dos capítulos se establecen no anexo II, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nesta orde.

  • Autorización "mercado excelente" ( 31.52.00)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal segundo o modelo que se acompaña como anexo I.

De conformidade co establecido no artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365 ).

Taxas

1. De conformidade co establecido na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, ao presentar a solicitude será necesario aboar a taxa correspondente.

2. O pagamento da taxa poderá efectuarse por vía telemática ou presencial:

a) A través da sede electrónica, como un paso máis habilitado dentro do procedemento IN223B. Neste caso, o xustificante se xera automaticamente e non será preciso achegar o xustificante do pagamento.

b) Accedendo directamente á Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.atriga.gal) e realizar o pagamento mediante tarxeta bancaria ou cargo na conta. Neste suposto, deberá achegar o xustificante correspondente.

c) Presencial, nunha entidade financeira colaboradora mediante impreso de aoutoliquidación dispoñible na Oficina Virtual Tributaria ou nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia. Neste suposto, deberá achegar o xustificante correspondente.

3. Os códigos da taxa son os seguintes:

– Consellería: 17. Emprego, Comercio e Emigración.

– Servizo: 11. Comercio.

– Delegación: 13. Servizos Centrais.

– Denominación da taxa: 31.52.00 «Autorización Mercado Excelente».

Documentación complementaria

1. Para a obtención do selo de Mercado Excelente as persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

1.1. Documentación común para todas as persoas interesadas:

a) Memoria descritiva que xustifique o cumprimento dos requisitos exixidos no artigo 2 baseada na guía de boas prácticas prevista no anexo III.

b) Anexo II da ferramenta de avaliación cuberta segundo a realidade existente.

c) Informe da Mesa Local de Comercio en que se dea conta da presentación da solicitude.

d) Xustificante do pagamento da taxa prevista no artigo 8, agás que o pagamento se realice directamente a través da sede electrónica.

1.2. As entidades concesionarias da xestión das prazas de abastos e mercados municipais e as asociacións ou cooperativas de persoas vendedoras de prazas de abastos e mercados municipais, ademais da documentación prevista no punto 1.1, deberán achegar:

a) Acta e estatutos de constitución e modificacións posteriores da entidade solicitante, se é o caso, e acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente.

b) Poder suficiente da persoa representante da entidade solicitante.

c) Autorización do concello para solicitar a obtención do selo de Mercado Excelente.

d) Título habilitante que acredite a súa condición de titular do dereito de uso da praza de abastos e mercado, só no caso das entidades concesionarias.

2.Para a renovación do selo de Mercado Excelente as persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

a) Anexo II da ferramenta de avaliación cuberta segundo a realidade existente e a Guía de boas prácticas prevista no anexo III, con indicación, de ser o caso, das variacións producidas, tendo en conta a guía.

b) Xustificante do pagamento da taxa prevista no artigo 8, agás que o pagamento se realice directamente a través da sede electrónica.

3. Sen prexuízo do establecido no punto anterior, poderá requirirse á entidade solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

5. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que as persoas interesadas se opoñan á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban de realizar logo da presentación de solicitudes deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 12 de decembro de 2025 pola que se regula o procedemento para a obtención e renovación do selo de Mercado Excelente na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 06 do 12 de xaneiro de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

CO300A

Subvención ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro para a dinamización do comercio local

Tramitar en liña

Prazo aberto: 13/02/2026 09:00 - 12/03/2026 20:00

CO400B

Axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de consumo

Tramitar en liña

Prazo aberto: 29/01/2026 09:00 - 02/03/2026 20:00

CO400H

Axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de actuacións de información, mediación, asesoramento e asistencia á cidadanía en materia de consumo

Tramitar en liña

Prazo aberto: 19/02/2026 09:00 - 20/03/2026 20:00

IN105A

Inscrición de novas organizacións no rexistro de organizacións de consumidores e usuarios de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano