Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN223A
Subvencións para o impulso dunha rede de Mercados Excelentes de Galicia e para a dinamización e revitalización das prazas de abastos.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Entidades locais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Actuacións en mercados e prazas de abastos de Galicia que teñan concedido o selo de Mercado Excelente ou estean no proceso previo a súa obtención, así como a dinamización e revitalización das prazas de abastos e mercados de Galicia.
1. Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras:
a) Os concellos galegos que conten cun mercado co selo de Mercado Excelente outorgado de conformidade coa Orde do 12 de decembro de 2025 pola que se regula o procedemento para a obtención e a renovación do selo de Mercado Excelente na Comunidade Autónoma de Galicia, ou aqueles que estean no proceso para a súa obtención.
Os concellos deberán cumprir co deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
b) As federacións de asociacións de prazas de abastos e mercados, asociacións de vendedores das prazas de abastos e mercados e outras asociacións, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.
No caso de asociacións de vendedores de prazas de abastos, o número de membros asociados deberá supoñer, como mínimo, o 50 % dos postos ocupados na praza de abastos. Para estes efectos, contarán como unha unidade os postos ocupados polo/a mesmo/a praceiro/a.
No caso das outras asociacións, só poderán ser beneficiarias no caso de que non exista unha asociación de vendedores da praza de abastos para a que se solicita a axuda e sempre que conten entre os seus asociados, como mínimo, co 50 % dos/das praceiros/as da dita praza.
As federacións e asociacións deberán ter unha antigüidade mínima de tres anos na data de publicación desta orde e atoparse ao día na obriga de aprobación das contas anuais pola xunta directiva nos dous últimos exercicios previos a esta orde de convocatoria.
c) As cooperativas de vendedores/as das prazas de abastos que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Subdirección Xeral de Artesanía, Entidades e Promoción Comercial
Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía
Complexo Administrativo de San Lázaro s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545548
Email: dxc.axudas.comercio@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
02/02/2026 09:00 - 02/03/2026 20:00
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes.
- O prazo iniciarase ás 9. 00 horas do día 2 de febreiro de 2026.
- O último día de presentación de solicitudes finalizará ás 20.00 horas.
- Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Non poderán acadar a condición de entidades beneficiarias aquelas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Tampouco poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas en crise, conforme a definición prevista no artigo 2, número 18, do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE do 26 de xuño de 2014, L 187/1).
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II), a seguinte documentación:
1.1. Concellos:
a) Xustificante de atoparse ao día na rendición de contas xerais diante do Consello de Contas de Galicia, de acordo co previsto no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
b) Memoria debidamente asinada explicativa dos aspectos de interese, oportunidade e necesidade do investimento e o programa de execución con especificación das datas de inicio e remate previstas, se é o caso, acompañado do orzamento desagregado de gastos para cada un deles.
c) No caso de realización de obras, o proxecto ou memoria valorada, debidamente asinada pola persoa técnica competente, con detalle no nivel de capítulo das actuacións que se pretenden executar, que incluirá unha reportaxe fotográfica.
Orzamento desagregado, indicando unidades de obra, medición, prezos unitarios e descompostos.
Os gastos de dirección de obra e de coordinación de seguridade e saúde (artigo 5.1.d) deberán ser orzamentados de xeito separado ás actuacións preparatorias recollidas no artigo 5.2 destas bases.
d) No caso de ter realizada a diagnose de situación e usos do mercado, a documentación xustificativa da súa realización.
e) Investimentos solicitados segundo o anexo II, co orzamento detallado dos gastos previstos para a realización de cada unha das actividades para as cales se solicita a subvención.
f) Facturas ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamentos das actividades ou adquisicións para as cales se solicita a subvención. Non terán a consideración de orzamentos as estimacións de gastos realizadas pola entidade solicitante e que carezan do soporte da oferta do provedor ou tarifa oficial do gasto, nin se admitirán aqueles orzamentos que non presenten a suficiente desagregación para determinar o carácter subvencionable dos conceptos relacionados nel.
g) Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, a entidade beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo a contraer o compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren ou agás que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención. A elección entre as ofertas presentadas, que deberá achegarse na xustificación, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. Considerando o anterior, deberá achegarse a documentación disposta nos parágrafos seguintes:
g. 1) Copia ordenada de todos e cada un dos orzamentos e ofertas detalladas dos investimentos sobre os que se solicita a axuda, obtidos dos provedores seleccionados pola entidade solicitante, con independencia da contía dos investimentos.
g. 2) Copia ordenada de todos e cada un dos orzamentos e ofertas que non foron seleccionadas pola entidade solicitante para a realización do proxecto.
g. 3) Memoria económica xustificativa da elección dos provedores, nos seguintes casos:
g. 3.1) Cando a elección do provedor non recaia na oferta económica máis vantaxosa das tres que, como mínimo, obtivo a entidade solicitante.
g. 3.2) Cando polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.
Non existe a obriga de presentar esta memoria xustificativa cando a elección do provedor recaia na oferta económica máis vantaxosa das tres que, como mínimo, obtivo a entidade solicitante.
1.2. Federacións, asociacións de prazas de abastos e mercados, outras asociacións e cooperativas de vendedores/as de prazas de abastos:
a) Acta e estatutos de constitución e modificacións posteriores, se é o caso, e acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente.
b) Poder suficiente da persoa representante da entidade solicitante.
c) Composición actualizada da xunta directiva da entidade solicitante.
d) Contas anuais aprobadas pola xunta directiva da entidade solicitante nos dous últimos exercicios previos a esta orde de convocatoria.
e) Certificado expedido pola persoa que exerza a secretaría ou representación da entidade solicitante que acredite o número dos postos existentes na praza de abastos e o número dos postos ocupados por praceiros/as asociados/as. Para estes efectos, contarán como unha unidade os postos ocupados polo/a mesmo/a praceiro/a.
f) Copia da acta da sesión en que se informe os/as praceiros/as asociados/as do proxecto para o cal se solicita a subvención.
g) Memoria debidamente asinada do proxecto presentado que deberá incluír, polo menos, respecto de cada unha das actuacións para as cales se solicita a subvención:
– A denominación da actividade.
– A descrición individualizada, pormenorizada e detallada da actividade con indicación dos seus obxectivos xerais e específicos.
– A localización e datas previstas para a súa realización.
– O número e características dos/das participantes e beneficiarios/as.
– O orzamento total do investimento con indicación das fontes de financiamento e, de ser o caso, a porcentaxe e contías achegadas por cada unha das partes.
h) Investimentos solicitados, segundo o anexo II, co orzamento detallado dos gastos previstos para a realización de cada unha das actividades para as cales se solicita a subvención.
i) Facturas ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamentos das actividades ou adquisicións para as cales se solicita a subvención, con identificación do número de orde e concepto. Non terán a consideración de orzamentos as estimacións de gastos realizadas pola entidade solicitante e que carezan do soporte da oferta do provedor ou tarifa oficial do gasto, nin se admitirán aqueles orzamentos que non presenten a suficiente desagregación para determinar o carácter subvencionable dos conceptos relacionados nel.
j) Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, a entidade beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo a contraer o compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren ou agás que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención. A elección entre as ofertas presentadas, que deberá achegarse na xustificación, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. Considerando o anterior, deberá achegarse a documentación disposta nos parágrafos seguintes:
j. 1) Copia ordenada de todos e cada un dos orzamentos e ofertas detalladas dos investimentos sobre os que se solicita a axuda, obtidos dos provedores seleccionados pola entidade solicitante, con independencia da contía dos investimentos.
j. 2) Copia ordenada de todos e cada un dos orzamentos e ofertas que non foron seleccionadas pola entidade solicitante para a realización do proxecto.
j. 3) Memoria económica xustificativa da elección dos provedores, nos seguintes casos:
j. 3.1) Cando a elección do provedor non recaia na oferta económica máis vantaxosa, das tres que como mínimo obtivo a entidade solicitante.
j. 3.2) Cando polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.
Non existe a obriga de presentar esta memoria xustificativa cando a elección do provedor recaia na oferta económica máis vantaxosa das tres que, como mínimo, obtivo a entidade solicitante.
k) No caso da xerencia:
– Na modalidade de contrato laboral, copia do contrato da persoa xerente e currículo.
– Na modalidade de contratación de servizos externos, orzamento que indique o período de prestación do servizo.
l) Se é o caso, anexo V de autorización para a comprobación de datos da persoa xerente contratada.
m) Informe da mesa local de comercio sobre o proxecto de dinamización comercial obxecto da solicitude da subvención, de conformidade co disposto no artigo 3.b) do Decreto 183/2011, do 15 de setembro, polo que se regulan as mesas locais de comercio, ou, de ser o caso, a solicitude do dito informe dentro do prazo de presentación de solicitudes.
n) Documentación que acredite que os impostos indirectos non son susceptibles de recuperación ou compensación.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á entidade interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
4. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa representante da entidade solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) NIF da entidade representante.
d) Certificado de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
e) Certificado de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral de Seguridade Social.
f) Certificado de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Atriga.
g) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
i) Consulta de concesións pola regra de minimis.
j) Consulta da vida laboral dos últimos 5 anos, no caso do/da xerente/a.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario que corresponda e achegar os documentos pertinentes. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores.
Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Declaración doutras axudas (Anexo IV )
- Declaración responsable da existencia dun sistema de contabilidade separada ou código contable apropiado para os gastos imputados ao proxecto finanaciado (Anexo VI )
- Documentación xustificativa da realización do investimento obxecto de subvención (Anexo III)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 5 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso dunha Rede de mercados excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 17 do 27 de xaneiro de 2026).
-
Extracto da Orde do 5 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso dunha Rede de mercados excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 17 do 27 de xaneiro de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de consumo
Prazo aberto: 29/01/2026 09:00 - 02/03/2026 20:00
Axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de actuacións de información, mediación, asesoramento e asistencia á cidadanía en materia de consumo
Prazo aberto: 19/02/2026 09:00 - 20/03/2026 20:00
Inscrición de novas organizacións no rexistro de organizacións de consumidores e usuarios de Galicia.
Aberto todo o ano
Obtención e renovación do selo de Mercado Excelente
Aberto todo o ano