Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN201A
Obtención/renovación da carta de artesán/a.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Os artesáns que cumpran os requisitos que se sinalan a continuación poderán solicitar á Consellería de Economía, Emprego e Industria a inscrición no Rexisro Xeral de Artesáns.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Subdirección Xeral de Artesanía, Entidades e Promoción Comercial
Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía
Edificios Administrativos. San Caetano, 3º planta
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545596
Fax: 981545541
Prazo de presentación: PECHADO
25/09/2001 00:00 - 16/01/2024 23:59
Péchase o prazo en virtude da entrada en vigor da Lei 8/2023, do 14 de decembro, de artesanía de Galicia.
Ter superado cursos dunha duración mínima de 500 horas en centros de ensino que impartan formación artesán, ou traballou nun taller artesán baixo a dirección dun mestre artesán, cunha asistencia mínima de 500 horas, poderá solicitar perante a Dirección Xeral de Comercio e Consumo a obtención da carta de artesán.
Solicitude segundo o Anexo I.
En relación co procedemento relativo para a obtención/renovación da carta de artesán/a as persoas solicitantes deberán achegar, xunto coa solicitude:
Para a obtención da carta de artesán/a:
Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
Certificado de residencia da persoa solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
Memoria das actividades profesionais realizadas (máximo 6 folios, engadidas as fotografías).
Certificación ou documento acreditativo dalgún dos requisitos que recolle o artigo 12 do Decreto 218/2001, do 7 de setembro, para a obtención da carta de artesán.
Para a renovación/modificación da carta de artesán/a:
Certificado de residencia da persoa solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
No caso de cambios na tipoloxía da actividade (actividades artesanais) deberá incluír tamén a documentación para a obtención da carta de artesán/a.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas e as persoas representantes destas.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requeriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos, presencialmente, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Iniciación
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Seis meses
Sentido do silencio:
Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 1/1992, do 11 de marzo, de artesanía de Galicia (DOG nº 56 do 23 de marzo de 1992).
-
Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía (DOG nº 185 do 24 de setembro de 2001).
-
Orde do 2 de xuño de 2014 pola que se revisa a relación de actividades artesás recollidas no anexo IV do Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía (DOG nº 123 do 1 de xullo de 2014).
-
Orde do 1 de febreiro de 2017 pola que se actualizan os procedementos e os formularios normalizados para a obtención da carta de artesán e a cualificación de taller artesán (DOG nº 36 do 21 de febreiro de 2017).
-
Orde 12 de abril de 2017 pola que se revisa a relación de actividades artesás recollidas no anexo IV do Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía (DOG nº 79 do 25 de abril de 2017).
-
Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).
Aberto todo o ano
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Aberto todo o ano