Guía de procedementos e servizos

IG534C

Préstamos previstos no Instrumento Financeiro Préstamos Pemes Galicia - Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 29/03/2022 00:00 - 31/10/2022 23:59

Consellería de Economía e Industria

Publicar as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e convocar para o ano 2022 a modalidade de préstamos de IFI Innova do anexo I en réxime de concorrencia non competitiva (procedemento IG534C).

A presente convocatoria finánciase no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que ten unha taxa de cofinanciamento Feder do 80 %, en particular:

Préstamos IFI Innova:

Obxectivo temático 01: potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.

Prioridade de investimento 01.b: fomento do investimento empresarial en I+i, desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector da ensinanza superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes.

Obxectivo específico 01.02.01: impulso e promoción de actividades de I+i lideradas polas empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora.

Actuación 1.2.1.3: instrumentos financeiros para a mobilización de capital privado.

Campo de intervención: CE064 procesos de investigación e innovación nas pemes (incluíndo sistemas de vales, procesos, deseño, servizos e innovación social).

Conceptos de gasto financiables.

1. Consideraranse conceptos financiables os seguintes, sempre que reúnan os requisitos establecidos no título III da Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para 2014-2020 (BOE núm. 315, do 30 de decembro), modificada pola Orde HAC/114/2021, do 5 de febreiro:

a) Activos fixos materiais: adquisición dos activos fixos materiais necesarios para acometer o proxecto, tales como terreos, obra civil, adquisición de inmobles, bens de equipamento, elementos de transporte especial e mobiliario. O importe financiable en concepto de terreos non poderá superar o 10 % do importe do préstamo.

b) Activos intanxibles: aplicacións informáticas e adquisición de propiedade intelectual e industrial, incluíndo licenzas de fabricación e patentes, gastos de I+D+i e outros activos intanxibles ligados a proxectos de innovación tecnolóxica, que deberán cumprir, ademais, todas estas condicións:

1) Empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda.

2) Consideraranse activos amortizables.

3) Adquiriranse a terceiros en condicións de mercado.

4) E deberán figurar no activo da empresa.

c) Gastos de desenvolvemento e innovación, que terán, para estes efectos, a consideración de activo inmaterial, aínda que contablemente teñan a consideración de gasto corrente, por non cumprirse as condicións para a súa activación previstas nas normas particulares sobre o inmobilizado intanxible recollidas no vixente Plan xeral de contabilidade, por canto unha vez finalizado o prazo para xustificar o proxecto poidan non presentarse motivos fundados de éxito técnico e rendibilidade económico-comercial.

d) Capital de explotación: cos requisitos e condicións establecidos para cada modalidade de préstamo no anexo I.

e) Exclúense impostos, taxas e arbitrios, a excepción do IVE do investimento.

f) Non serán subvencionables as contribucións en especie.

2. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade a terceiros polo beneficiario. En caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena do beneficiario antes da finalización do prazo de execución do proxecto, debendo constar neste momento o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas.

3. Non obstante o previsto no anterior número 2, poderán ser financiados os gastos de acondicionamento e mellora en locais en alugamento e/ou en réxime de concesión administrativa, así como a obra civil (construción) levada a cabo en terreos sobre os que a titular teña un dereito de superficie, unha concesión administrativa ou un contrato de alugamento. A vixencia do alugamento, do dereito de superficie ou da concesión administrativa deberá ter unha duración igual ou superior ao prazo de execución do proxecto.

4. Os gastos financiables deberán ser contratados e pagados directamente entre a beneficiaria da axuda e o provedor final.

5. Os provedores teñen que ser independentes, non poderán estar asociados nin vinculados entre si nin coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose esta vinculación nos termos especificados no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, salvo que a contratación se realice en condicións normais de mercado e se autorice expresamente no acordo de concesión, logo de petición do solicitante.

6. En caso de bens usados, poderán ser financiados cando se cumpran os seguintes requisitos:

a) que conste unha declaración do vendedor sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria, e

b) o prezo non poderá ser superior ao valor de mercado e deberá ser inferior ao custo dos bens novos similares, acreditándose estes aspectos mediante certificación de taxador independente.

Pequenas, medianas ou microempresas

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 900815151

Fax: 981558844

Email: informa@igape.es

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Outros procedementos relacionados

FA300A

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300B

Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300C

Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300D

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa prestamista inmobiliaria, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano