Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IG414A
Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
O obxecto destas bases é a convocatoria de 50 prazas para a capacitación de profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación práctica, coa finalidade de mellorar a empregabilidade e poñer á disposición das empresas galegas profesionais que lles axuden a mellorar a súa competitividade.
Profesionais en materia de internacionalización empresarial.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 900815151
Fax: 981558844
Email: informa@igape.es
Prazo de presentación: PECHADO
22/06/2024 08:00 - 22/07/2024 14:00
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e será dun mes contado desde as 8.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día en que se cumpra o devandito prazo dun mes. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicio do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.
1. Ter menos de 35 anos na data de presentación da solicitude.
2. Ser nacidas en Galicia e estar nacionalizadas nun Estado membro da Unión Europea, ou estar empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia cun ano de antigüidade á data de publicación destas bases.
3. Estar en posesión dalgunha titulación universitaria superior de grao e que permita o acceso aos estudos oficiais de máster universitario de acordo co establecido no Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización do ensino universitario e o procedemento de aseguramento da súa calidade:
i. Título universitario oficial de graduada ou graduado español;
ii. Títulos procedentes de sistemas educativos que non formen parte do EEES, que equivallan ao título de grao.
Así mesmo, é imprescindible acreditar un mínimo de 240 ECTS en todos os casos. A titulación pódese obter e acreditar ata cinco (5) días despois da publicación da resolución de concesión, a non presentación suporá a imposibilidade de ser persoa beneficiaria da bolsa.
Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros privados españois deberán estar homologados polo Ministerio de Educación español antes de que finalice o prazo de presentación de solicitudes. Polo que se refire aos títulos de máster, non se require que estean homologados.
4. Coñecementos de inglés (falado e escrito).
Deberá acreditarse o nivel mínimo de idioma inglés B1. Esta capacidade acreditarase mediante unha das dúas opcións seguintes:
a) A realización dun exame en que os aspirantes deberán demostrar como mínimo un nivel B1 do Marco común europeo de referencia para as linguas.
b) Achegar algún dos certificados de idioma inglés relacionados no anexo III destas bases, sempre que este teña menos de tres anos de antigüidade na data de fin do prazo de presentación de solicitudes.
5. Cumprir os requisitos do artigo 10 da Lei 9/2007 para ser considerada persoa beneficiaria de subvencións.
6. Non ter gozado con anterioridade dunha bolsa do Igape relacionada coa internacionalización empresarial. Quedarán tamén excluídos da convocatoria aqueles solicitantes que fosen adxudicatarios deste tipo de bolsas en edicións anteriores e que renunciaran a elas con posterioridade ou lles fora determinado un incumprimento total.
7. Estar ao día das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma. O cumprimento deste requisito acreditarase cubrindo no formulario electrónico a declaración responsable da persoa solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma, de acordo co establecido no artigo 11.h) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
8. Achegar declaración responsable de data posterior á publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia onde conste que a persoa solicitante non padece enfermidade nin limitación física ou psíquica incompatible coa realización das actividades que constitúen o obxecto da bolsa.
9. Non ter antecedentes penais, nin estar incurso en causa penal con medidas cautelares que puidesen impedir o desenvolvemento normal da bolsa, mentres se emite sentenza firme, do cal se deberá informar ao Igape. De non ser absolutoria, producirá a perda da bolsa e a devolución dos importes percibidos, de ser o caso. A declaración deberase cubrir no formulario electrónico de solicitude.
Solicitudes.
1. Para presentar a solicitude, as persoas interesadas deberán cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual. Deberá cubrir necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.
2. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas, e concederáselles aos solicitantes un prazo de 10 días hábiles para a súa emenda, transcorrido o cal teráselles por desistidos da súa petición, logo de resolución de arquivamento.
Considérase que todos os solicitantes dispoñen de ferramentas informáticas cun coñecemento básico do seu funcionamento polo que queda acreditado que teñen acceso e dispoñibilidade aos medios electrónicos necesarios.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que se realizou a emenda.
3. Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:
A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación: http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC
Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferido este ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.
No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación electrónica, un recibo no que quedará constancia do feito da presentación.
Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico no que desexan recibir o xustificante.
Documentación complementaria.
As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación (no caso de que estea redactada nunha lingua non oficial en Galicia, deberase presentar acompañada de tradución realizada por intérprete xurado):
1. Acreditación dos requisitos mínimos segundo o expresado no artigo 4 destas bases.
a) Curriculum vitae.
b) Copia do pasaporte no caso de que o solicitante sexa estranxeiro e non teña o número de identificación de estranxeiría (NIE).
c) Xustificante de ter pagadas as taxas para a obtención do título de estudos universitarios acadado segundo o expresado no artigo 4.3, en defecto do título. A titulación pódese obter e acreditar ata 5 días despois da publicación da resolución de concesión, a non presentación suporá a imposibilidade de ser persoa beneficiaria da bolsa.
No caso de títulos expedidos por centros estranxeiros ou privados será preciso que os acrediten cunha copia da homologación concedida polo Ministerio de Educación español (isto non se require para os títulos de máster).
d) Se for o caso, certificado sobre o nivel do idioma inglés.
e) Declaración responsable de data posterior á publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia onde conste que a persoa solicitante non padece enfermidade nin limitación física ou psíquica incompatible coa realización das actividades que constitúen o obxecto da bolsa.
2. Acreditación doutros requisitos baremables segundo o expresado no artigo 12.2 destas bases:
a) Acreditación, se é o caso, da formación específica de posgrao en comercio exterior segundo o expresado no artigo 12.2.f): copia do certificado de realización dun curso completo no que conste o número de horas ou créditos do curso. O curso deberá estar finalizado antes da data de presentación da solicitude, agás os másters citados no artigo 12.2.f) que poderán estar finalizados ata o 30 de xullo de 2024 e deberán estar incluídos na solicitude no prazo de 7 días contado desde esa data.
b) Acreditación, en su caso, doutra formación de posgrao segundo o expresado no artigo 12.2.g): copia do certificado de realización dun curso completo no que conste o número de horas ou créditos do curso. O curso deberá estar finalizado antes da data de presentación da solicitude.
c) Se for o caso, certificados relativos ao nivel de idiomas segundo o estipulado no artigo 5.2.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos u outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, excepto que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, se considerará como data de presentación aquela na que se realizou a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas excepto que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Consulta de datos de residencia con data de última variación.
d) Consulta de títulos universitarios oficiais, segundo o expresado no artigo 4.3.
e) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
f) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán realizarse electronicamente accedendo a través do enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 11 de xuño de 2024 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 120 do 21 de xuño de 2024).
-
Extracto da Resolución do 11 de xuño de 2024 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 120 do 21 de xuño de 2024).
-
Corrección de erros. Extracto da Resolución do 11 de xuño de 2024 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 121 do 24 de xuño de 2024).
-
Resolución do 29 de outubro de 2024 pola que se dá publicidade á resolución de concesión do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial (DOG nº 214 do 6 de novembro de 2024).
-
Resolución do 4 de xuño de 2025 pola que se dá publicidade das persoas beneficiarias das axudas concedidas durante o terceiro e cuarto trimestre de 2024 (DOG nº 113 do 16 de xuño de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Alegacións no Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (TACGAL).
Aberto todo o ano
Avais do Igape.
Aberto todo o ano
Obtención/renovación do obradoiro artesán
Aberto todo o ano
Revisión actividades artesás do Rexistro xeral de artesanía de Galicia.
Aberto todo o ano