Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
FA901A
Alegacións no Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (TACGAL).
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Facenda e Administración Pública
Presentación de alegacións no Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia polos interesados (principalmente por interesados distintos do recorrente). De utilización para a presentación das alegacións previstas no artigo 56.3 Lei 9/2017 de contratos do sector público.
A quen teña lexitimación para presentar alegacións no Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia e, especialmente, para os que sexan interesados (distinto do recorrente) aos que se se refire o artigo 56.3 Lei 9/2017 de contratos do sector público.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Tribunal Administrativo de Contratación Pública Da Comunidade Autónoma de Galicia - Tacgal
Rúa Raxeira, nº 52 - 2º andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995481
Email: tacgal@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta resolución entrará en vigor o día 2 de abril de 2018.
Cumprir cos requisitos establecidos no artigos 44 e seguintes da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (antes artigos 40 e seguintes do texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro) ou nos artigos 101 e seguintes da Lei 31/2007, de 30 de outubro, sobre procedementos de contratación nos sectores da auga, a enerxía, os transportes e os servizos postais, de ser o caso.
Texto das alegacións
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán achegar unha copia dos documentos.
DNI/NIE da persoa recorrente.
DNI/NIE da persoa representante.
O artigo 35 quinquies da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico (redacción dada pola Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas) establece:
3. A presentación dos escritos de interposición dos recursos e reclamacións, de alegacións ou de solicitudes da competencia do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia farase por medios electrónicos.
4. As comunicacións e o intercambio de documentación entre os órganos competentes para resolver os recursos, os órganos de contratación e os interesados no procedemento faranse por medios electrónicos, e de acordo co disposto na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, no que sexa de aplicación.
5. O sistema de notificacións electrónicas de Galicia Notifica.gal é o enderezo electrónico habilitado para os efectos do artigo 51.1.e) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Alegacións (Anexo II)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Estatal
-
Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (antes artigos 40 e seguintes do texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro) (BOE nº 272 de 9 de novembro de 2017).
-
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.(DOG nº 17 do 27 de xaneiro de 2014)
-
Resolución do 21 de marzo de 2018 pola que se establecen os formularios normalizados que se van empregar nos procedementos de impugnación perante este tribunal, por competencia atribuída na Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público (DOG nº 62 do 28 de marzo de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Bonos Activa comercio.
Prazo aberto: 20/05/2025 00:00 - 31/12/2025 23:59
Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.
Aberto todo o ano
Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.
Aberto todo o ano