Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IG423A
Axudas grandes empresas en Foexga.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
Conseguir a internacionalización real de empresas galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores.
Empresas.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Xerencia - Igape
Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 902300903/ 981541147
Email: informa@igape.es
Prazo de presentación: PECHADO
29/04/2024 08:00 - 31/10/2024 14:00
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ás 8.00 horas do día seguinte hábil ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará ás 14.00 horas do 31 de outubro de 2024, agás que antes desa data se produza o suposto de esgotamento do crédito. Neste caso, informarase do peche adiantado do prazo de solicitude a través da páxina web do Igape e no Diario Oficial de Galicia.
1. Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que superen os límites establecidos para a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE do 26.6.2014, L 187).
b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do remate do prazo de fin de execución da actuación, a través do procedemento do Igape IG192.
d) As persoas beneficiarias deberán contar con presenza nos medios dixitais internacionais; contarán, como mínimo, cunha páxina web con versión en inglés.
e) As persoas beneficiarias deberán estar ao día nas súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser persoa beneficiaria da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.
f) As persoas beneficiarias sométense ao réxime de minimis segundo o recollido no artigo 2.3 destas bases.
g) Que estean ao día nos pagamentos debidos ás cámaras.
h) As empresas participantes nunha mesma acción non deberán ter vinculación entre si de ningún tipo (nin coas empresas pemes participantes na acción de correspondencia do Foexga) para poderen optar á subvención; no caso de que participen nunha acción dúas empresas vinculadas, só unha delas poderá optar á subvención. Enténdese por vinculación calquera participación dunha empresa, tanto directa como indirecta, na xestión, control ou capital social doutra. A vinculación faise extensiva á relación de membros de órgano de goberno, directivos ou xestores.
2. Mediante a presentación da solicitude de participación na acción, as persoas beneficiarias aceptan a tramitación a través da entidade colaboradora, que será, así mesmo, a encargada de informar puntualmente a persoa interesada sobre o estado da súa petición, os seus dereitos e obrigas, e as notificacións recibidas de acordo co establecido no artigo 6.2. O Igape porá á disposición deste programa unha aplicación no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual para os efectos de cubrir o cuestionario de solicitude de participación electronicamente.
Solicitudes.
1. Dentro do prazo establecido na convocatoria para presentar a solicitude de axuda, as entidades colaboradoras deberán cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do proxecto para o cal solicita a subvención e o orzamento de gastos, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual. Deberase xuntar como documento a este formulario electrónico a convocatoria para a selección das empresas segundo o modelo do anexo III.
As persoas solicitantes unicamente poderán ser as entidades colaboradoras adheridas ao programa Foexga.
Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.
No dito formulario electrónico, a entidade colaboradora realizará as seguintes declaracións:
a) Que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicarlle ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.
b) Que cumprirá a normativa estatal e autonómica de aplicación, en particular a normativa en materia de subvencións.
c) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se solicita a axuda.
d) Que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados.
e) Que conservará os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables, durante un período de catro (4) anos desde a súa presentación.
2. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas e concederáselles aos solicitantes un prazo de dez (10) días hábiles para a súa emenda, transcorrido o cal se considerará que desisten da súa petición, logo de resolución de arquivamento.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades colaboradoras presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferido este ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.
No momento da presentación, o Rexistro expedirá, empregando as características da aplicación electrónica, un recibo no cal quedará constancia do feito da presentación.
Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo ao enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativio
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 19 de abril de 2024 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas Grandes Empresas en Foexga 2024, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 83 do 26 de abril de 2024).
-
Extracto da Resolución do 19 de abril de 2024 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas Grandes Empresas en Foexga 2024, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 83 do 26 de abril de 2024).
-
Resolución do 4 de xuño de 2025 pola que se dá publicidade das persoas beneficiarias das axudas concedidas durante o terceiro e cuarto trimestre de 2024 (DOG nº 113 do 16 de xuño de 2025).
-
Resolución do 12 de xuño de 2025 pola que se dá publicidade das persoas beneficiarias das axudas concedidas durante o primeiro trimestre de 2025 (DOG nº 117 do 20 de xuño de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.
Aberto todo o ano
Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa prestamista inmobiliaria, modificación de datos ou baixa.
Aberto todo o ano