Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IG200C
Adhesión como entidade colaboradora ao convenio de colaboración para a xestión de axudas relativas ao Programa Reforma-Tur.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
As presentes bases teñen por obxecto aprobar as condicións polas cales se rexerá a concesión de axudas por parte do Igape destinadas a incentivar a adquisición de materiais para a reforma de establecementos hoteleiros en Galicia, co fin de incrementar e incentivar a compra e tratar de repercutir con ela nos sectores industriais, comerciais e turísticos galegos (Procedemento IG200D), así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión (Procedemento IG200C).
Poderán ser beneficiarios destas axudas os titulares de:
a) Establecementos hoteleiros cun máximo de 40 habitacións, definidos no Capítulo II, artigo 4 (concepto de hoteis), artigo 6 (concepto de hoteis balneario) e artigo 7 (hotel talaso) do Decreto 57/2016 de 12 de maio situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Os establecementos de Turismo Rural segundo o Decreto 191/2004 de 29 de xullo situados no Camiño de Santiago.
c) Os albergues privados situados no Camiño de Santiago.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 900815151
Email: informa@igape.es
Prazo de presentación: PECHADO
29/01/2019 00:00 - 30/04/2019 23:59
Segundo a Resolución do 22 de marzo de 2019 (DOG nº 60 do 27 de marzo de 2019), o prazo de adhesión das entidades colaboradoras amplíase ata o 30 de abril de 2019.
- Os establecementos deben estar autorizados ou clasificados conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT), cunha antigüidade no exercicio da actividade no establecemento para o que se solicita a subvención non inferior a cinco anos á data de publicación da convocatoria de axuda.
- Os beneficiarios deben adquirir os bens subvencionables descritos no artigo 3.1.d) nunha entidade colaboradora adherida ao Programa Reforma-Tur19 e instalalos no seu establecemento no prazo indicado no artigo 3.
- Os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e non ser considerados empresas en crise. Para estes efectos de empresa en crise, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as pemes aparece no número 18 do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión.
- Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser beneficiario da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.
- Os provedores (entidades colaboradoras) non poderán estar vinculados (segundo os termos recollidos non artigo 3.3 do Anexo I ao Regulamento (UE) 651/2014) co beneficiario da axuda nin cos seus órganos directivos ou xestores.
Os beneficiarios obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida polo Igape no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.
Mediante a presentación da solicitude os beneficiarios aceptan a tramitación a través da entidade colaboradora, que será así mesmo a encargada de informar puntualmente ao interesado sobre o estado da súa petición, os dereitos e obrigas da mesma, e das notificacións recibidas de acordo co establecido no artigo 15.2.
Solicitude segundo o Anexo I .
Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución e de nomeamento da persoa representante
legal e estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e modificacións posteriores destes.
Certificado de situación censual emitido pola AEAT no caso de estar exento do imposto de actividades económicas (IAE).
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
DNI/NIE da persoa solicitante o
DNI/NIE da persoa representante o
NIF da entidade representante o
NIF da entidade solicitante o
Certificado da AEAT de alta no Imposto de actividades económicas (IAE) da entidade solicitante o
Certificado de estar ao corrente das obrigas tributarias coa AEAT o
Certificado de estar ao corrente de pago coa Seguridade Social o
Certificado de estar ao corrente de pago coa Consellería de Facenda
Prazo de resolución: Un mes
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 20 de decembro de 2018 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a establecementos hoteleiros para a adquisición de materiais para a reforma dos establecementos (Reforma-Tur 19), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 19 do 28 de xaneiro de 2019).
-
Extracto da Resolución do 20 de decembro de 2018 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a establecementos hoteleiros para a adquisición de materiais para a reforma dos establecementos (Reforma-Tur 19), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 19 do 28 de xaneiro de 2019).
-
Corrección de erros. Resolución do 20 de decembro de 2018 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a establecementos hoteleiros para a adquisición de materiais para a reforma dos establecementos (Reforma-Tur 19), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 40 del 26 de febreiro de 2019).
-
Corrección de erros. Extracto da Resolución do 20 de decembro de 2018 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a establecementos hoteleiros para a adquisición de materiais para a reforma dos establecementos (Reforma-Tur 19), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 40 do 26 de febreiro de 2019).
-
Resolución do 22 de marzo de 2019 pola que se modifica a Resolución do 20 de decembro de 2018 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a establecementos hoteleiros para a adquisición de materiais para a reforma dos establecementos (Reforma-Tur 19), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 60 do 27 de marzo de 2019).
-
Extracto da Resolución do 22 de marzo de 2019 pola que se modifica a Resolución do 20 de decembro de 2018 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a establecementos hoteleiros para a adquisición de materiais para a reforma dos establecementos (Reforma-Tur 19), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 60 do 27 de marzo de 2019).
-
Resolución do 21 de outubro de 2019 pola que se dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas durante o primeiro e segundo trimestre de 2019 (DOG nº 212 do 7 de novembro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Comunicación da información estatístico-contable anual dos corredores de seguros e reaseguros e dos axentes de seguros vinculados e dos operadores de banca-seguros vinculados.
Prazo aberto: 01/03/2026 00:00 - 30/04/2026 23:59
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Aberto todo o ano